Crónica da Presentación "Bodyboard, un xogo de nenos"

Segundo nos comenta o organizador do evento, Juan Luis Gómez Frieiro, na presentación do documental "Bodyboard, un juego de niños" acudiu moita máis xente da esperada, e o salón de actos do clube do mar de San Amaro quedou pequeno para tantos visitantes. O salón ten capacidade para 100 persoas, e viñeron máis de 200 para ver o documental, colocáronse cadeiras adicionais pero aínda así moita xente tivo que conformarse con ver o documental de pé.

A organización non se esperaba este éxito de público. A festa posterior no Aeroclube, a pesar do cambio no último intre de localización, tamén foi un éxito. Fixeron todo o posible para que a xente pasase pola festa e disfrutaran do música en directo de Ivan Piñeiro, Grupo Up, Dj AGM, Dj Quintián e Sergioo Amaro.

Pra non ter lios entregaron unhas pulseiras á entrada do Clube do Mar para que a xente que vise o documental tivese grandes descontos nas copas e foi todo un acerto, así que tamén encheron o Aeroclube. Alí fixeron a entrega de agasallos da tenda New Wave e películas do Perceberantes.

A organización está moi contenta co resultado do evento e agora van tentar distribuílo por televisións locais e outras cadeas.

Texto:  Juan Luis Gómez Frieiro

Fotos: Marcos Amor

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.