Martes, 24 Marzo 2015 21:27 |
Impresionante secuencia de Alberto Barral "Pumuky" no beach break máis potente da nosa costa captada pola cámara de Natalia Bordallo esta fin de semana. Como sempre este spot non para de mostrar a súa beleza e as súas cores intensas que produce canto estoupan os tubos. #galizacalidade

|
Ler máis...
|
Luns, 26 Xaneiro 2015 08:43 |
Ricardo Faustino, un dos millores riders de bodyboard de Portugal, está moi ligado a unha onda galega das Rías Baixas practicamente descoñecida e que rompe a cotío sen xente. Esta onda é un slab de esquerdas brutal que xa foi definido por Eric Rebiere como unha onda 'World Class' que non ten nada que envexar a outras grandes ondas do planeta. Neste vídeo podedes ver algunhas baixadas ao límite de Ricardo na compaña de Cristian Pérez, Eric e Rui Rocha. |
Ler máis...
|
Luns, 05 Xaneiro 2015 00:00 |
Fermoso vídeo de bodyboard feito polo rider vigués Javi Blanco, afincado en Australia e que non nos para de sorprender pola calidade dos seus vídeos. Desta vez novas ondas e novos tubos na compaña de varios amigos polo Pacífico Sur. |
Ler máis...
|
Martes, 23 Decembro 2014 09:15 |
Velaquí tedes o novo vídeo de Patos Surf Clube con imaxes dos riders Marta, Eloy, Fon, Raul, Pablo e Carlos do seu equipo de Bodyboard en diferentes spots da costa Galega dirixidos por Keko Vilán na procura das millores ondas e sesións. |
Ler máis...
|
Martes, 04 Novembro 2014 19:42 |
Espectacular novo vídeo profile do mítico rider vigués Cristian Pérez gravado e editado por Ángel Fotosplino en diferentes spots da costa galega e norte de Portugal. Puro bodyboard con ondas moi fortes durante catro intensos minutos de duración. |
Ler máis...
|
Martes, 19 Agosto 2014 15:26 |
A pasada finde tivo lugar na praia da Arda o Campionato Luso-Galaico 2014 de Bodyboard que rematou coa victoria do vigués Christian Pérez e o terceiro posto destacado de Iván Taboada. Noraboa aos dous por este excelente resultado. Foto: Iván Taboada.

|
Ler máis...
|
|
Luns, 04 Agosto 2014 00:00 |
Novo vídeo profile de Carlos Megino, rider do equipo Novalbos, na onda máis mutante das Rías Baixas. Vídeo grabado e editado por Pedro Palmou. |
Ler máis...
|
Luns, 21 Xullo 2014 00:00 |
Novo vídeo profile de Javi Blanco, rider do Prado BBK, e que reside actualmente en Australia. Imaxes de bodyboard por todos os recunchos do planeta en ondas de moita calidade e slabs mutantes. Puro Bodyboard! |
Ler máis...
|
Venres, 27 Xuño 2014 09:17 |
Novo vídeo profile con imaxes espectaculares de Kako Garcia, respetado adestrador a nivel estatal e un dos grandes riders da nosa costa, que leva moitos campionatos ás súas costas e hoxe en día segue dando a talla día a día mostrando ser un do mellores riders DK e de bodyboard de Galicia. No vídeo saen tanto pequenas e perfecta sesións en praias moi preto de casa, como algunhas sesións en slabs polas xoias do norte galego e unha viaxe ás illas Canarias. Gravado e editado por Karpenorthcoast.com
|
Ler máis...
|
Luns, 19 Maio 2014 20:29 |
Segundo podcast da serie GEURE ITSASOA feita polo equipo de Salitre Mag coa colaboración de Karpe North Coast e as imaxes de potentes slabs da costa galega. Este vídeo ten imaxes de moita xente que anda a capturar as mellores sesións do Cantábrico como son Xabin Zabala, Eneko Moro, Jorge López, Nury Arias, Borja Gainzarain, Dani Hoya e Christian Gómez. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 3 de 28 |