Bodyboard Bugueir@s
Bugueir@s
Boas ondas no Faro - Fotosplino
Martes, 11 Agosto 2009 01:00

Eiquí tedes unhas novas fotos de Ángel Fotosplino dunha sesión veraniega no Faro. Boa calidade, ondas pequenas e algo de xente na auga.

Ler máis...
 
Perdiches o teu corcho en Barrañan??
Luns, 03 Agosto 2009 14:26

A xente do clube de ABST Cobas publicaron na súa web unha mensaxe onde comunican que atoparon un corcho na praia de Barrañan. Se coñecedes o propietario podedes contactar con eles mediante o seu email de contacto: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Dende SurfGz queremos parabenizar a xente do clube por esta iniciativa xa que amosa o bo espiritu da xente da praia.



 
Fotos de Verán - Dopi
Luns, 03 Agosto 2009 14:09

Eiquí tedes unhas fotos de José Dopico dende Ferrolterra. Estas fotos son unha escolma dos seus últimos post e podedes mirar máis no seu blog: http://dopi-terrademeigas.blogspot.com/

Alvarito

Ler máis...
 
BB - Excursión coruñesa polo sur galego!
Martes, 28 Xullo 2009 01:00

Angel Fotosplino ven de publicar nos foros de Zona Bodyboard unhas fermosas fotos dunha expedición coruñesa nas augas de Oia. O "Pastelero", o "Rachi" e o "Mito" foron os afortunados riders que gozaron dunha onda moi popular nesta web e que se manten como un dos secrets máis potentes pra faser bodyboard.

Ler máis...
 
BB extremos - Satán by Fiz
Sábado, 25 Xullo 2009 12:20

Dende o blog de Fiz chegan estas fotazas dunha sesión da semana pasada. Tubos, tubos e máis tuberías das boas. Tedes unhas cantas fotos neste post e toda a info no seu blog. Algunhas fotos son de Fiz e outras de Rive.

Ler máis...
 
Explorando Tubos - Marcos Amor
Xoves, 23 Xullo 2009 13:26

Dende o blog de Marcos Amor chegan estas fermosas fotos de tubos. O xeito de afotar estas ondas xusto cando van romper sobre o fondo faino un pouco perigoso pero os resultados son espectaculares.

Ler máis...
 
BB extremo - Ángel Fotosplino
Sábado, 18 Xullo 2009 01:00

Eiquí tedes unha nova foto de Ángel Fotosplino. Non sabemos o nome do rider pero podemos dicir que é un home sen medo. Podedes ver a foto máis ampliada publicada no foro de Zona Bodyboard.

Quen dixo medo?

Ler máis...
 
Novas fotos de Fotosplino
Sábado, 18 Xullo 2009 01:00

A finde pasada algúns afortunados colleron boas ondas na nosa costa e Ángel Fotosplino estivo alí pra afotalo. As fotos son dunha onda clásica do sur da costa galega apta soamente para bugueiros ben experimentados. Fonte: www.zonabodyboard.com

Ler máis...
 
Máis ondas veraniegas...
Martes, 14 Xullo 2009 11:35

No blog de Fiz tamén temos novas fotos dunha boa sesión destes días. Ondas dun metros, con tubos e pouca xente na auga. As fotos son de Rodry Añon e Fiz.

 

Ler máis...
 
As ondas voltan a nosa costa..
Martes, 14 Xullo 2009 11:26

Eiquí tedes un par de fotos de Marcos Amor publicadas no foro de Zona Bodyboard estes días. Semella un baño potente e interesante con pouca xente na auga. O azul intenso do mar foi captado perfectamente por Marcos.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 28 Seguinte > Final >>

Páxina 22 de 28

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: