Bodyboard Bugueir@s
Bugueir@s
BG Magazine nº15 xa na rede!
Luns, 13 Xullo 2009 11:30

Tras un duro traballo, presentámosvos o número 15 do noso magazine online, BG MAGAZINE.

Sen dúbida cremos que é o máis completo até a data, 132 páxinas de magazine totalmente gratuíto, nas que poderedes atopar entre outras cousas, dúas entrevistas, un report por terras galegas, unha secuencia bestial de Canarias e algunha sorpresilla máis!

 

Ler máis...
 
Entrevista a Fran Aguilar - Bodyboard
Venres, 10 Xullo 2009 13:15

Tedes no blog de OrzanBay unha entrevista de Fran Aguilar. Ten 24 anos, é o número 20 do circuíto mundial de bodyboard. Este galego nado na Coruña en 1985, levántase ás cinco da mañá para adestrarse na praia de Barrañán antes de acudir ás once á entrevista. Tras facer as fotos de rigor na praia do Orzán, comenta que diferente é nadar nestas augas despois de surfear ondas como Pipeline (Hawai), de sete metros de altura e cun fondo de rocas que asustaría até aos máis valentes.

Ler máis...
 
Novas fotos do Faro - Fotosplino
Luns, 06 Xullo 2009 17:39

Dende o foro de Zona Bodyboard chegan estas imaxes de hai uns 40 días feitas por Fotosplino no Faro. Estas fotos amosan a portencia e forza dunha das ondas máis fotoxénicas da nosa costa.

Ler máis...
 
Finaliza a 1ª Proba do Galego Open de BB
Luns, 06 Xullo 2009 12:31

Fgsurf.com - Finaliza a primeira proba do Circuíto Galego de Bodyboard en Rio Sieira (Porto do Son) cun bodyboarder local como vencedor: Nicolás Nieto impuxo o seu coñecemento das ondas locais para levarse o título da primeira proba de bodyboard do 2009. O sábado amencía con condicións escasas que foron mellorando ao longo do día para ofrecernos unha final coas mellores ondas vistas en competición durante o que levamos de 2009.


Ler máis...
 
Novas fotos de Nordeslizamento
Mércores, 01 Xullo 2009 09:49

No blog de Nordeslizamento publicaron unhas novas de diferentes sesións no mes de xuño pola costa artabra. Eiquí tedes algunha desas fotos. Embaixo tedes a Rodry Añon encarando unha boa onda.

Ler máis...
 
Medio metro, chustas e miniondas
Luns, 29 Xuño 2009 15:56

Esta é a definición perfecta das ondas dos últimos días na nosa costa. Aínda así na rede de blogs surfeiros aparecen novas fotos de bodyboard como estas do blog de Fiz. O rider desta foto é Kike.


Ler máis...
 
Crónica da viaxe de Arrikituki-Galiza 2009
Sábado, 27 Xuño 2009 12:36

A xente de Arrikituki.com estivo de viaxe pola costa galega e publicaron unha interesante crónica da súa viaxe na súa web. Seica ficaron encantados pola nosa comida, ondas e costumes. Eiquí tedes algunhas fotos da súa estancia.

Ler máis...
 
Segredos Galegos IV - Bodyboard
Domingo, 21 Xuño 2009 10:55

Dende o foro de Zona Bodyboard chegan unhas novas fotos de BB galego realizadas por Ángel Fotosplino. Os riders son Rui Rocha e Ricardo Faustino.

 
Secret Spot!
Ler máis...
 
Boa sesión de BB en Ferrolterra
Venres, 19 Xuño 2009 09:23

Pablo López mandounos unhas fermosas fotos dunha sesión nas augas de Ferrolterra estes días. Os riders das fotos son David Prisma, Nacho García, Ivan Castelo e Iago Díaz.

 
Iago Díaz no tubo!
Ler máis...
 
Nude Beach Bodyboarding [VIDEO]
Luns, 15 Xuño 2009 11:18

BBislife - Video de Rodry Añon, Fiz, Kike, Rive, Marcos e Dopi pillando uns codos na Nude Beach

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 28 Seguinte > Final >>

Páxina 23 de 28

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: