Xoves, 07 Maio 2009 19:34 |
No blog de Occy tedes unha nova entrega de fotos destes días polas augas de Ferrolterra. Neste artigo soamente tedes algunhas destas fotos. Espero que sexan do voso agrado. Embaixo tedes a Yiyi entubando de xeonllos |
Ler máis...
|
Mércores, 06 Maio 2009 16:49 |
Rubén Deza "Pincho" finalizou na decimo terceira posición no European Tour Bodyboard celebrado en Anglet os días 1, 2 e 3 de maio segundo informa no seu blog. Deste xeito o actual campión galego de BB continua na loita para estar este ano entres os millores.
O campión da proba foi o frances Jeremy Arnoux seguido polos portugueses Joao Pinheiro e Silvano Lourenço como podedes ver nesta ligazón aos resultados do Anglet ETB.
|
Ler máis...
|
Martes, 28 Abril 2009 15:37 |
A empresa galega de roupa Rei Zentolo ven de desenvolver acordos de patrocinio da imaxe con representantes de tres xeracións destes deportistas galegos da praia. Rubén Deza “Pincho”, de 26 anos, 35º Circuito mundial Open, 9º Circuito europeo Open, 3º Circuito estatal Open, e varias veces Campeon de Galicia Open. Ciro Barcala, de vinte anos, xa subcampion estatal no ano 2006, e noveno no campeonato galego no 2008. E, por último, Victor Vidal, unha pequena promesa de quince anos de idade, e que iste ano competirá nos circuitos estatal e galego, tanto na categoría Junior como na Open. |
Ler máis...
|
Luns, 27 Abril 2009 20:19 |
Marcos Amor publicou no seu blog dúas interesantes entradas con fotos de praias e ondas. Nestas fotos a xente non é importante, o importante son as paisaxes e a auga rompendo contra a area. Eiquí tedes unhas fotos destes artigos: |
Ler máis...
|
Luns, 27 Abril 2009 12:42 |
Un dos nosos colaboradores José Dopico ven de publicar unhas novas fotos dende a auga. Pouco a pouco vai collendo confianza e as fotos empezan a ter máis calidade. Eiquí tedes unha mostra do seu traballo. |
Ler máis...
|
|
Mércores, 22 Abril 2009 12:47 |
Dende o blog de Humbero Sanlés chega este video de BB feito nas augas do Barbanza. Nel tedes ondas de Ribeira, Porto do Son, Carnota e outros lares. Os bugueiros do video son o propio Humberto, Carlos Viñas, Jorge Miniño, Adrián Vázquez, Hipólito Mariño e outros locais da zona.
|
Ler máis...
|
Martes, 21 Abril 2009 19:30 |
Un video dos bodyboarders coruñeses Rodry, Monte e Raul nunha sesión no Orzán. O video ten imaxes dende a auga e dende a praia.
|
Ler máis...
|
Luns, 20 Abril 2009 09:25 |
 Xa está na rede o novo número do xornal galego de bodyboard BG Magazine. Nesta nova entrega tedes moitas fotos boas de aereos, tubos e outras manobras. Podedes acceder na seguinte ligazón: |
Domingo, 19 Abril 2009 10:43 |
Marcos Amor publicou hai uns días o seu primeiro video de bodyboard no Vimeo. Neste video tedes imaxes de unha onda clásica da Costa da Morte e fermosas paisaxes galegas.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 28 Seguinte > Final >>
|
Páxina 25 de 28 |