Xoves, 24 Novembro 2011 18:00 |
Xabi Pedemillo - Este sábado 26 cúmprese un ano da triste perda do noso gran amigo e bodyboarder Peich. Para renderlle homenaxe convocamos un baño libre na praia do Fonforrón, sobre as 12 da mañá. Farase unha ofrenda floral composta por todos os que queiran asistir e será entregarada ao mar. Todo o que queira asistir que traia o seu equipo completo de surf/bodyboard e unha flor.
Xa que a el nunca lle gustaron as despedidas tristes, lembrarémolo brindando no pico cunhas cervexas. Evento no Facebook: http://www.facebook.com/event.php?eid=323533994340518
|
Luns, 21 Novembro 2011 00:05 |
Día de choiva. Swell grande que fai romper esta orilleira escondida e un pouco perigosa. Anos anteriores sofrimos algún accidente con lesión, esta tempada está imposible, en plan "mirameenonmetoques". Cerrotes pra xogar coas cámaras na beira da praia. 
|
Ler máis...
|
Mércores, 02 Novembro 2011 00:00 |
Noraboa a Berto Gundín e ao seu adestrador Kako García por este esplendido resultado nunhas condicións épicas na praia de Caravia. Os riders canarios foron os dominantes deste evento pero Berto case chegou a final xa que fixo un 7 na súa semi pero non tivo sorte e non conseguiu facer unha segunda boa puntuación na súa manga. 
|
Ler máis...
|
Martes, 25 Outubro 2011 19:05 |
José Dopico, fotógrafo e rider de Ferrolterra, fichou pola web de bodyboard SoloBody como un dos integrantes do seu equipo. A partires deste mes xa podedes ver as súas mellores fotos nesta web 100% BB e no seu blog. José é un dos nosos colaboradores dende os comezos e aporta outra visión do bodyboard e a beleza das ondas

Dopi co premio que gañou |
Ler máis...
|
Luns, 24 Outubro 2011 00:00 |
Velaquí tedes un dos últimos vídeos gravados e editados por Kako García aproveitando as imaxes das súas vacacións fora da casa o pasado mes de Setembro nunha das mellores esquerdas que temos na nosa costa. Riders: Adrián Méndez, Iván Manso, Kako García, Alex Rico, Andrés Santalla, Alberto Gundín, Eugenio Prados e Pedro Méndez.
|
Ler máis...
|
Sábado, 03 Setembro 2011 19:40 |
Velaquí o máis destacado do terceiro día de competición do Surfusiom 2011. Por fin chegaron as ondas á praia de Doniños e con elas as manobras e o espectáculo voltou un ano máis... |
|
Xoves, 01 Setembro 2011 19:57 |
Intro Previous day 1. Surfusiom 2011. Music: Loud & Lone - Most Serious Thing In Life
|
Ler máis...
|
Mércores, 17 Agosto 2011 00:00 |
Vídeo profile de Andrés Santalla grabado por Kako García con imaxes en diferentes ondas e sesións na nosa costa.
|
Ler máis...
|
Venres, 12 Agosto 2011 00:00 |
Vídeo de Fotosplino con boa imaxes da onda máis salvaxe da nosa costa e moitos riders das Rías Baixas na auga.
|
Ler máis...
|
Venres, 05 Agosto 2011 00:00 |
Vídeo grabado dende a auga por Kako García aos seus alumnos cando adestran o pasado mes. Deste xeito, os riders de Kako poden avanzar na correción das súas posturas e mellorar o estilo grazas á atención do seu profesor.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 9 de 28 |