Bodyboard Bugueir@s Rei Zentolo aposta polo bodyboard galego
Rei Zentolo aposta polo bodyboard galego
Martes, 28 Abril 2009 15:37

A empresa galega de roupa Rei Zentolo ven de desenvolver acordos de patrocinio da imaxe con representantes de tres xeracións destes deportistas galegos da praia.  Rubén Deza “Pincho”, de 26 anos, 35º Circuito mundial Open, 9º Circuito europeo Open, 3º Circuito estatal Open, e varias veces Campeon de Galicia Open. Ciro Barcala, de vinte anos, xa subcampion estatal no ano 2006, e noveno no campeonato galego no 2008. E, por último, Victor Vidal, unha pequena promesa de quince anos de idade, e que iste ano competirá nos circuitos estatal e galego, tanto na categoría  Junior como na Open.

Dentro da súa iniciativa de fomento dos deportes considerados minoritarios polo común da sociedade, dende a empresa Rei Zentolo estase a comezar unha política de apoio a este tipo de deportistas, mediante patrocinios de imaxe coas súas dúas marcas, REI ZENTOLO e SHIRT GIGOLO.

O primeiro deporte en beneficiarse desta acción da empresa galega, senlleira polas súas camisolas, é a disciplina do “bodyboard”, coñecida de común por “corcho”, que consiste en deslizarse polo mar coa forza das ondas. É un deporte que permite moita movilidade e con unha larga lista de trucos para executar, que comezou a practicarse con táboas de madeira, ata que en 1971, Tom Morey, fabricou a táboa de telgopor.

 
Victor Vidal

Púxose de moda nos anos oitenta, sendo común dende aquela ver xente practicando este deporte polas praias.  Moitos “bodyboarders” comezaron a practicar este deporte en olas tan grandes e potentes como Pipeline, Teahupoo, Sunset, entre outras, nas que moitos surfistas tiñan problemas polas baixadas da ola ou simplemente porque lles partía a táboa, problema que os “bodyboarders” non tiñan.

 
Secret das Rías Baixas
 
 
Mr. Pincho
 
Dende SurfGz.com queremos parabenizar a xente de Rei Zentolo por esta iniciativa a prol do BB galego!
 
Podedes acceder á tenda vitual do Rei Zentolo dende a seguinte ligazón:
 
 

 
 
0 Votes


Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: