Bodyboard Campionatos
Campionatos BB
Resumo Bodyboard Open Campionato FES 2015 [VIDEO]
Xoves, 02 Xullo 2015 08:26

Xa está na rede o resumo oficial do Campionato de Bodyboard FES 2015 celebrado na praia de Doniños e que rematou coa victoria de Nicolas Nieto, proclamándose campión de España, e a segunda posición para Andrés Manso, novo subcampión. Jesús Suárez (Andalucía) e Manuel Arrate (Cantabria), foron terceiro e cuarto respectivamente. Na categoría DK o campión absoluto foi o rider local Yiyi Obenza. Noraboa!!

Ler máis...
 
Campionato FES 2015 de Promesas de Bodyboard [VIDEO]
Martes, 30 Xuño 2015 09:13

Resumo do Campionato FES 2015 de Promesas de Bodyboard celebrado a pasada semana en Doniños e que contou con boas ondas. Os galego Fernando Couto proclamouse campión na categoría sub-16 e Carlos Megino fixo un excelente terceiro posto en sub-18. Ainda que non aparecen imaxes no vídeo queremos destacar tamén a victoria en Open do rider Nicolas Nieto, local do Barbanza, que se proclamou campión de España.

Ler máis...
 
Cristian Pérez vencedor no Faro!
Martes, 26 Novembro 2013 20:46

O pasado domingo celebrouse na praia do Faro de Lariño unha nova proba do Circuito Galego de Bodyboard que rematou coa victoria do rider vigués Cristian Pérez, que regresou a competición despois de moito tempo sen acudir a estes eventos. Na categoría xuvenil o victoría foi pra Samuel Martínez. Temos que destacar bo resultado dos riders de Prado BBK que conseguiron meter a tres riders na final.

Ler máis...
 
5ª Proba Xuvenil e Open de Bodyboard na Lanzada
Mércores, 06 Novembro 2013 18:43

Xa está convocada unha nova proba do Circuíto Galego 2013 de Bodyboard nas categorías Open e Xuvenil.

Podedes apuntarvos ata o xoves 7 e o venres publicaran un horario provisional.

+ info en:

http://www.fgsurf.org/novas/circuito/495-5o-prueba-juvenil-y-open-de-bodyboard-en-a-lanzada--circuito-galego-2013-6o-prueba-infantil-y-juvenil-de-surf-en-a-lanzada--circuito-galego-2013.html

 
APRAZADA!! Proba Open de Bodyboard no Faro!
Luns, 21 Outubro 2013 13:01

Esta fin de semana vaise celebrar a 2ª Proba Open, Sub-18 e Sub-14 de Bodyboard do Circuíto Galego os días 26 ou 27 de octubro. Lembra que o xoves remata o prazo de inscrición ás 13:00 horas. O venres publicarase un horario en función das mareas e do número de inscritos. Haberá trofeos do concello de Carnota para os 4 primeiros clasificados de cada categoría.

Ler máis...
 
4ª Proba C.G. Open Xuvenil de Bodyboard [VIDEO]
Domingo, 22 Setembro 2013 15:28

Velaquí tedes o vídeo da 4ª Proba do Circuíto Galego Open Xuvenil de Bodyboard que se celebrou hai uns días na praia de Esteiro no Concello de Mañón que rematou coa victoria de Alex Rico.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 5 de 16

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: