Bodyboard Campionatos
Campionatos BB
5ª Proba Open Bodyboard no Faro de Lariño!
Xoves, 22 Novembro 2012 17:32

FARO BODYBOARD

O vindeiro domingo 25 de Novembre está convocada a 5ª Proba do Circuíto Open de Bodyboard na praia do Faro (Carnota) as previsións parecen boas polo que podedes pasar pola praia de Lariño pra ver en acción aos mellores riders BB da nosa costa. No caso de que as condicións non se presenten favorables o día 25 de novembro a proba será en Barrañán.

Ler máis...
 
Carlos Viñas Campión BB en Razo!
Luns, 22 Outubro 2012 00:59

O mítico rider Carlos Viñas, local do Barbanza, levouse o trofeo da 4ª Proba do Circuíto Galego de Bodyboard na Praia de Razo ao finalizar primeiro por diante de  Nacho García, Rubén Deza "Pincho" e Alberto Gundín.. Seguiremos informando.

Podium - Foto sacada do Facebook de Carlos Viñas

 
Surfusiom 2012 Cancelado!!
Mércores, 23 Maio 2012 16:11

Acabamos de recibir vía o Twitter de Alexandre González o aviso da cancelación do Surfusiom 2012 por mor da falta de apoio económico a unha das mellores probas da nosa costa. Na web de IBA Tour tedes toda a info do anuncio feito por Toni Obenza. A proba portuguesa de Sintra tamén ten problemas económicos e cancelaron a proba de DK e mulleres.

Ler máis...
 
3ª Proba do Circuíto Galego Open de Bodyboard 2012 [- Oxígeno Pizzbur Contest VIDEO]
Mércores, 02 Maio 2012 12:13

Xa temos o novo vídeo da 3ª Proba do Circuíto Galego Open de Bodyboard 2012 - Oxígeno Pizzbur Contest que tivo lugar a pasada fin de semana na praia de Esteiro no Concello de Mañón e no que o primeiro posto da proba foi para o rider Alex Rico.

Ler máis...
 
Inscríbete no Oxígeno Pizzbur Contest
Xoves, 26 Abril 2012 17:12

Todavía quedan prazas libres no Oxígeno Pizzbur Contest de Bodyboard que se vai celebrar esta fin de semana na praia de Esteiro.

A proba é puntuábel para o Circuíto Galego de Bodyboard e o campión terá unha viaxe de avión e unha tarxeta de 500€.

Os outros tres finalistas tamén levarán unha tarxeta de regalo de 500€.

Ler máis...
 
Lembrando o Surfusion DK 2011 - Lodofilms
Martes, 24 Abril 2012 16:13

Velaquí tedes un fermoso vídeo da pasada edición do Surfusiom DK 2011 feito por Lodofilms coas imaxes gravadas na praia de Doniños os días do mellor evento de Bodyboard de Galicia.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 7 de 16

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: