Cartel
Bodyboard Campionatos
Campionatos BB
2ª Proba do Circuito Galego Open de Bodyboard - Praia de Barrañán [VIDEO]
Mércores, 23 Novembro 2011 01:26

Velaquí tedes o novo vídeo da 2ª Proba do Circuito Galego Open de Bodyboard 2011 na praia de Barrañán, no Concello de Arteixo. Tedes a crónica enteira da proba nna web da Federación Galega de Surf. Música: machinagz.com

Ler máis...
 
Eugenio Prados formará parte do equipo xuíces na vindeira proba do Mundial ISA de Bodyboard
Luns, 21 Novembro 2011 00:00

O rider e fotógrafo ferrolán Eugenio Prados ven de ser seleccionado como parte do equipo de xuíces internacionais que van participar na vindeira proba co Campeonato do Mundo de Seleccións de Bodyboard da ISA.

Esta proba vaise facer na onda canaria do Frontón na illa de Gran Canaria a partires do 30 de Novembro. Noraboa a Eugenio pola súa selección pra participar neste evento de categoría mundial!

Ler máis...
 
2ª Proba Circuito Galego de Bodyboard 2011 en Barrañán
Luns, 14 Novembro 2011 14:33

O Circuito Galego de Bodyboard 2011 vai facer a súa segunda e derradeira proba esta fin de semana na praia de Barrañán no Concello de Arteixo. Despois do éxito da primeira probas esperamos que se repitan as condicións de ondas e a calidade dos riders participantes. O límite de participantes é de 32. Prezo: 25 €. Premios para os finalistas de cada categoría.

Ler máis...
 
Circuito Galego de Bodyboard Razo 2011 [VIDEO]
Luns, 14 Novembro 2011 09:51

Xa está na rede o vídeo do campionato de Razo de Bodyboard grazas ao traballo de Carraxe Waves. 100% Puro bodyboard con música de Somos Nao. Esta proba foi dominada polo rider de Ferrol Brais González, un dos posibeis candidatos a vencer no Circuito deste ano.

Ler máis...
 
Brais González gaña a primeira proba do Circuito Galego de Bodyboard
Domingo, 13 Novembro 2011 22:10

O rider Brais González vense de proclamar o vencedor da primeira proba do Circuito Galego de Bodyboard 2011 celebrado na praia de Razo e organizado por Silfocamps. As ondas do campionato andiveron polos dous metros o vento foi perfecto, estas condicións fixeron desta proba un dos mellores campionatos de Razo nos últimos anos. Fotos: Carraxe Waves

Razo amosou a calidade dos seus fondos

Ler máis...
 
As mellores ondas do Surfusiom 2011 [VIDEO]
Luns, 10 Outubro 2011 00:00

Este é o vídeo coas mellores imaxes e ondas do Campionato de Bodyboard máis potente da nosa costa, o Surfusiom. Este vídeo é un traballo de Jansolo no que colaboran outros dous amigos e video-reporteiros de SurfGz como son Chopoloo e Jesús Busto.


Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 9 de 16

Estado do Mar a tempo real


Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia.

Levamos traballando dende 2008 e publicamos máis de 5.000 novas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: