Bodyboard Campionatos 1ª Proba Open Circuito Galego Bodyboard na Praia da Frouxeira - 25 de Febreiro
1ª Proba Open Circuito Galego Bodyboard na Praia da Frouxeira - 25 de Febreiro
Martes, 14 Febreiro 2012 13:47

Xa está aberto o prazo de inscripción para a 1ª Proba Open Circuito Galego Bodyboard na praia de Frouxeira en Valdoviño organizado pola Federación Galega de Surf e a Escola de Surf Pantín os días 25 e 26 de Febreiro. O evento vai ser aberto e coas modalidades de homes e mulleres. Haberá trofeos para os 4 primeiros clasificados e o custe de participar é de 25 €.

A confirmación de inscricións polo técnico do clube o sábado de 08:30  a 09:00 horas na praia. E ás 09:30 horas aproximadamente comezo da competición.

PAGO DAS INSCRIPCIÓNS:

Ingreso na conta de Caixa Galicia: 2080-0567-04-3040003179  antes do xoves 23 de Febreiro as 13:00 horas.

INSCRIPCIÓNS:

Debedes enviar o xustificante de pago, o formulario de dereitos de imaxe e a autorización paterna por fax o número: 981 72 01 18 e un e-mail ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ) á Federación Galega de Surf cós seguintes datos:

1º) Clube
2º) Nome competidor
3º) DNI
4º) Modalidade
5º) Categoría
6º) Nº de licenza
7º) Nome do técnico (se fose o caso).
8º) Teléfono de contacto.

Máis info en:

http://www.fgsurf.org/

 
2 Votes
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: