Bodyboard Campionatos 2ª Proba do Circuito Galego Open de Bodyboard - Valcobo - 24 e 25 Marzo
2ª Proba do Circuito Galego Open de Bodyboard - Valcobo - 24 e 25 Marzo
Luns, 19 Marzo 2012 00:03

Ábrese o prazo de inscrición para a 2ª Proba Open de Bodyboard que vai ter lugar na praia de Valcobo a fin de semana dos días 24 e 25 de Marzo. O vencedor do evento gañará unha viaxe patrocinada por Ryanair e tamén haberán moitos premios e material para os catro primeiros clasificados.

VALCOBO SURF

CAMPIONATO: 2ª Proba Open Circuito Galego Bodyboard.
ORGANIZA: FGS coa colaboración de New Wave.
COLABORA: Coca-cola, Concello de Arteixo, Onda, 3Sesenta, TSP e Ryanair.
DATA: 24/25 de Marzo
LUGAR: Praia de Valcobo.
CATEGORÍAS: Open masculino e Open femenino.  
HORA: Confirmación de inscricións polo técnico do clube o sábado de 08:30  a 09:00 horas na praia. E ás 09:30 horas aproximadamente comezo da competición.

MODALIDADE: BODYBOARD.

PREMIOS: bodyboards, neoprenos, inventos, entre outros moitos premios para os 4 primeiros clasificados.

E para o primeiro clasificado habera unha viaxe patrocinado por Ryanair ¡!!

PREZO: 25€

PAGO DAS INSCRIPCIÓNS:

Ingreso na conta de Caixa Galicia: 2080-0567-04-3040003179  antes do Xoves  22 de Marzo as 13:00 horas.

Lembrade que o xoves  as 13:00 horas  é o último día para facela inscripción e o pago mediante ingreso ou transferencia bancaria ademáis da autorización paterna (en caso de ser menor de idade) e o formulario de dereitos de imaxe firmados. O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, nin facer o pago do mesmo.

INSCRIPCIÓNS:

Debedes enviar o xustificante de pago, o formulario de dereitos de imaxe e a autorización paterna por fax o número: 981 72 01 18 e un e-mail ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ) á Federación Galega de Surf cós seguintes datos:

1º) Clube
2º) nome competidor
3º) dni
4º) modalidade
5º) categoría
6º) nº de licenza
7º) nome do técnico (se fose o caso).
8º) teléfono de contacto.

PECHE DAS INSCRIPCIÓNS: Xoves 22 de Marzo as 13:00 horas.

+ info en: www.fgsurf.org

 
4 Votes
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: