Body Campionatos Resultados Copa Galicia de Bodyboard 2017
Resultados Copa Galicia de Bodyboard 2017
Luns, 16 Outubro 2017 14:37

Copa Galicia Bodyboard

O pasado sábado 14 de Outubro, organizado pola Federación Galega de Surf,  celebrouse na ferrolá praia de Doniños a segunda edición da Copa Galicia de Bodyboard nunha xornada na que o sol, as ondas e o bo ambiente foron os protagonistas. Ondas potentes e condicións duras nalgúns momentos da xornada, fixeron esforzarse a todos os competidores para demostrar o seu nivel e alcanzar as fases finais.

Copa Galicia Bodyboard

Nas categorías junior, o galego Bruno Martín demostrou o seu gran estado de forma conseguindo a vitoria en Sub 16 por diante dos tamén galegos Álvaro Ramos, Iago Bértalo e Luís Tausin e tamén en Sub 18 por diante dos ferroláns Nano Couto, Javier Fidalgo e Ismael Bustabad. Na categoría de Dropknee saltou a sorpresa coa vitoria do local Sergio Menendez na súa primeira participación nunha proba oficial. Tras el, os galegos Iago Díaz, Yiyi Obenza e Jose Manuel Rivera.

Iago Díaz fixo o propio na categoría Open, realizando unha final moi sólida na que conseguiu sumar un total de 13,50 puntos, impóndose así aos tamén galegos Braís González (11,66 ptos) e Nacho García (6,83 ptos) e ao andaluz Jesús Suarez (6,50 ptos).

Despois desta segunda proba, o Circuíto Nacional de Bodyboard Open 2017 desprazarase a Tenerife en novembro para disputar a proba organizada polo Club Punta Branca na que se repartirán 1400 puntos moi valiosos para a clasificación xeral.

 
1 Vote

0 Comentarios

Engadir comentario


Completa o puzzle pra saber que non es un spammer
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: