Open Galego de Bodyboard BG Magazine |
Venres, 18 Setembro 2009 11:48 | |||
BG Magazine - Xa queda menos e o que era un pequeno rumor tomou forma aos poucos grazas ao duro traballo dos últimos meses, por fín podémosvos presentar o cartel oficial do campionato que se realizará no faro de Lariño, a cita será o primeiro fin de semana de Outubro (3 e 4) e que será puntuable dentro do Circuíto Galego de Bodyboard grazas á colaboración da Federación Galega de Surf. O Campionato constará de proba Open puntuable para o Circuíto Galego e por tanto seguiranse as formas habituais de inscrición (ingreso en conta, fax á FGS, etc). Trofeo e Material para os 4 primeiros. Inscrición: 20 Euros.
Premio en Metálico e Material para os 4 Primeiros. Inscrición: 20 Euros, se participas en Open: 15euros. Regalarase unha Camiseta Oficial do evento aos deportistas inscrito en calquera das modalidades e sortearase algun pack de material entre os asistentes. Todo isto é posible grazas á colaboración e patrocinio de: The Box Surf Shop, Bocateo, Freya, CocaCola, Dharma Company, Rei Zentolo, Zonabodyboard.com e Raz Surf Shop. http://www.bgmagazine.es/?p=795
|
Novidades:
- Surfing con Marcos Heinrich
- Os mellores momentos do Cabreiroa Junior Pro Ferrol
- Longboard Surfing en Galicia
- Aprazada! 1ª Proba da Liga Galega de Longboard en Bastiagueiro
- Triais Cabreiroa Junior Pro Ferrol
- Galicia estrea o Rip Curl GROMSEARCH ao grande
- Tow-surfing curso II con Eric Rebiere
- 1ª Proba Liga Interescolas este 30 de abril en Patos
- Convocado o Rip Curl GromSearch en Razo