Bodyboard Campionatos Campeonato Open BG Magazine 31-01 APRAZADO
Campeonato Open BG Magazine 31-01 APRAZADO
Venres, 30 Outubro 2009 13:28

BGmagazine.es - Tras esperar con impaciencia polas predicións para a nova data que vos anunciabamos recentemente, hoxe podémosvos confirmar que debido a que as condicións non serán favorables para a realización dun bo campionato, non nos queda mais opción que aprazar a proba.


Os ventos non favorables e os recentes temporais que seguramente puideron minguar a calidade da onda, fan que decidamos aprazar o campionato, xa que como desde un principio dixemos, desde BG Magazine queremos garantir un campionato onde os riders gocen e compitan en condicións óptimas.

Durante estes días irémosvos informando o cambio de data e todas as novidades.

Artigo orixinal: http://www.bgmagazine.es/?p=858

 
4 Votes


Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: