Entrevista a Cristina Fernández |
Martes, 23 Decembro 2008 13:35 | |||
![]() Cristina Fernández responde ás preguntas de SurfGz na súa primeira entrevista en internet despois do seu exitoso ano nas competicións de BB!
![]()
Como e cando comezaches no BB?Empecei o ano pasado, cos meus amigos ata que fun elixida por Kako García para o seu grupo, e empeceino a tomar en serio. E a competir??Tamén nese mesmo ano, recordo perfectamente a primeira vez, foi en Patos e quedara de 2º estaba moi nerviosa, non sabia como ía funcionar. Como é un día normal na túa vida?Un dia normal? pois levantándome as 8, entro no colexio as 8.30, salgo as 2, voume para casa, como moi rápido e voume para en Panes (cafeteria) onde ali Kako nos recolle para ir á praia, sempre solemos mirar varias praias para ver o mar e botarnos nas mellores ondas posibles. Que che parece o nivel galego de BB??Non moi bo a verdade, non hai moitas nenas neste deporte desgraciadamente. Está mellorando o BB galego??Eu teño esperanzas que para o próximo ano 2009 creza o numero de bodyboarders femininas. Agora hai máis rapazas na auga??A verdades é que non.. É difícil conseguir sponsor facendo BB??Cústame un montón conseguir sponsor de buguies e de traxes, de roupa e accesorios foime sinxelo a verdade.. Acabas de rematar 4ª no Eurojunior 2008 celebrado en Agadir. Que sentes despois deste espléndido resultado??Buf..non teño palabras. Cando cheguei ó hotel, o día que pasei á Gran final e despois de estar dende as 7 da maña surfeando, encendín o móbil e recibín unha mensaxe do meu entrenador, que eu penso que me alegrou máis, ese sms dicía o meu resultado. Nunca había competido en mais de 7 campionatos e ir coa federación a Marrocos pra min foi o mellor. Despois de ese día, chegou o seguinte a Gran final, dixéronme que tiña que entrar a primeira hora, é dicir, ás 8 da maña para min foi o peor, non puíden apenas acalentar, entrei nerviosa, con medo do tamaño, habia moita corrente e con picos definidos pero bueno xa estaba contenta de haber chegado a final polo cadro principal! Que planes tes para o 2009, viaxes, campionatos?? viaxes?Oxala.. espero conseguir un bo sponsor que me leve pero para iso si que hai que soñar.. espero ir o próximo eurojunior, e o mundial... por que non? nunca se sabe. Teño que coñecer mundo,xente.. e por que non ondas? Moitas gracias por colaborar nesta entrevista Cristina. Se queres podes escribir unhas palabras para dicir o que queiras aos nosos lectores:
![]()
|