Bodyboard Sesións de Bodyboard
Un pouco de rocha... - Fotosplino
Luns, 04 Abril 2011 00:20

Novas fotos de Fotosplino nunha sesión primaveral con fondos de rocha e riders de primeira liña nun spot moi potente das Rías Baixas. Ondas de máis dun metro con tubos profundos e rápidos fixeron que os riders disfrutasen dunha sesión memorable como podedes ver nas fotos.

Ricardo Faustino

Ler máis...
 
Tubazo de Brais!
Mércores, 30 Marzo 2011 16:59

Dende BlogBoarding chega esta impresionante secuencia de Brais nun tubo perfecto e cristalino que parece sacada en Indo pero é 100% galega. Sergy Gómez afotou esta fermosa secuencia en Ferrolterra que podedes ver enteira no seu blog.

Brais no tubo

Ler máis...
 
Ondas de Inverno [VIDEO]
Martes, 22 Marzo 2011 00:00

Velaquí tedes un video fermoso con dúas sesións de bodyboard e surf en dous diferentes spots da nosa costa. Case 9 minutos de surf que faran deste luns un día un pouco máis agradable.

Ler máis...
 
3ª Promo winter session 2011 [VIDEO]
Martes, 15 Marzo 2011 00:00

Xa está na rede o terceiro video promocional do Winter Session 2011 de Liquen Concepts. Potentes imaxes das derradeiras sesións do pasado mes de Febreiro que fan desta promo outra razón de máis pra ver este video que vai saír proximamente...

Ler máis...
 
A Esquerda [VIDEO]
Domingo, 13 Marzo 2011 21:33

Novo video de Jesús Busto gravado en Doniños do 27 de Febreiro ao 11 de Marzo. 100% Bodyboard. Música: Death in Vegas - Asya

Ler máis...
 
O Basureiro - Fotosplino
Luns, 28 Febreiro 2011 00:06

Novas fotos deste espectacular spot do sur da nosa costa onde os mellores riders poden disfrutar de tubos e grandes baixadas. Este spot funciona de diferente xeito dependendo da marea segundo comenta Fotosplino no seu bog. Abaixo tedes a Christian Pérez nunha boa onda coa marea alta.

Christian Pérez

Ler máis...
 
BB Brutal - Occy
Luns, 21 Febreiro 2011 00:00

Velaquí tedes un resumo do post publicado por Occy no seu blog coas fotos dunha boa sesión de bodyboard no norte da nosa costa. Unha sesión con ondas grandes, series gordas e moito vento que amosan o potencial das nosas ondas estes derradeiros días de inverno.

As Ondas

Ler máis...
 
O venres... Pablo López
Mércores, 16 Febreiro 2011 00:00

Aquí tedes unha nova entraga de fotos de Pablo López. Estas fotos foron feitas o primeiro venres de Febreiro pola mañán antes de meterse na auga. Todo un luxo de instantáneas.

Unha dereita perdida

Ler máis...
 
Liquen Concepts Promo Winter Session 2011 [VIDEO]
Venres, 11 Febreiro 2011 00:00

A xente de Liquen Concept acaba de publicar o seu promo do video coas mellores imaxes do inverno. Velaquí tedes este video con secuencias radicais e wipeouts tremendos na Tóxica e outras ondas do norte da costa galega. O video será presentado na Primavera e seguro que dará moito que falar.

Ler máis...
 
Artabro Disaster Spots Inverno 2011 [VIDEO]
Luns, 07 Febreiro 2011 00:00

Novo video de Liquen Concepts no que podedes ver unha enorme esquerda con un tubo moi potente que rompe na Costa Ártabra e sen xente. Todo un desafío pra quen se queira arriscar..

Ler máis...
 
The Last Session 31/12/2010 [VIDEO]
Venres, 28 Xaneiro 2011 00:00

Esta foi a sesión do derradeiro día do 2010 nunha das praias máis espectaculares pra facer bodyboard da nosa costa. O video é de Carraxe Waves Produccións. Música: Cora Novoa, The Secret Garden (Oscar Lopez Remix)

Ler máis...
 
Be water my friend - A Nudista 15/1/2011 [VIDEO]
Luns, 24 Xaneiro 2011 00:00

Impresionante video de Carraxe Waves Produccións da sesión na Nudista o pasado día 15. Bombas brutais de máis dun metro que rompen sobre un fondo de area moi escaso. Estas ondas soamente son aptas pra riders ben experimentados. Disfrutade do video!

Ler máis...
 
Novas fotos de Marcos Amor- 100% BB
Venres, 21 Xaneiro 2011 00:00

Velaquí tedes catro novas fotos publicadas por Marcos Amor no foro de Zona Bodyboard dunha sesión espectacular nunha praia galega 100% bodyboard. Despois de moito tempo sen publicar fotos, Marcos Amor ten novo material que vai ir publicando proximamente.

Tubazo

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 9 de 13

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: