Bodyboard Sesións de Bodyboard
Nude Beach - Kike Aradas
Luns, 17 Xaneiro 2011 00:00

Kike Aradas ven de publicar as fotos dunha sesión espectacular de bodyboard na Nudista estes últimos días. Este potente spot galego está a coller unha gran fama nas redes sociais pola beleza desta onda e o tamaño do seu beizo pero quedemos destacar que este spot non é recomendado pra principiantes. Neste artigo tedes oito fotos pero podes visitar o seu blog pra velas todas.

Rider non identificado

Ler máis...
 
Ártabro Liquen Concept 26/12/2010 [VIDEO]
Venres, 07 Xaneiro 2011 00:00

O blog de Nordeslizamento ven de superar as 50.000 visitas e pra celebralo acaba de publicar dous novos videos, un de bodyboard e outro de skate. Neste post podedes ver o video da sesión de BB nunha praia coruñesa con Nachito, Jadelo, Eugenio Prados e outros locais da zona.

Ler máis...
 
Book 2010: Bruno Novoa
Luns, 03 Xaneiro 2011 00:30

Comezamos o ano coas millores fotos do 2010 de Bruno Novoa, un dos fotógrafos máis activos do sur da nosa costa. Neste artigo tedes 21 imaxes de diferentes spots de fondo de rocha e area das Rías Baixas. Algúns dos riders das fotos son Christian Pérez, Coto e Eric Rebiere entre outros. As fotos son impresionantes e amosan o power da nosa costa.

Take off brutal

Ler máis...
 
Costa Lusa Bodyboard - Fotosplino
Luns, 27 Decembro 2010 00:00

Velaquí tedes un resumo do novo post de Fotosplino no seu blog dunha sesión en Portugal con Christian Pérez e Javi Arias como protagonistas principais.

Christian Pérez

Ler máis...
 
Rafa Muñiz na Nudista 100% XXL
Xoves, 23 Decembro 2010 17:29

Velaquí unha potente foto de bodyboard feita na Nudista e publicada polo rider, Rafa Muñiz, no seu Facebook. O fotógrafo é Dani Silvestre. Podedes ver máis fotos no album da tenda New Wave.

GZ Power

Ler máis...
 
Prado BBK 2 [VIDEO]
Luns, 20 Decembro 2010 00:00

Novo video do colectivo Prado BBK con boas imaxes de bodyboarding en diferentes spots da nosa costa. Neste video aparecen varios riders do colectivo como Pablo, Fito, Dudi e outros máis. Un bo video pra comezar esta semana.

Ler máis...
 
Boa sesión de BB no Porto de Bares
Venres, 17 Decembro 2010 00:40

Visitando o blog de Antón Bruquetas atopamos unhas imaxes moi potentes dun grupo de franceses collendo unha onda moi potente no Porto de Bares a mediados de Novembro. Aquí tedes 3 fotos da sesión pero recomendámosvos visitar o blog pra ver todas as fotos.

Ruddy

Ler máis...
 
Costa Oeste Bodyboard [VIDEO
Venres, 17 Decembro 2010 00:00

Velaquí un novo video de bodyboard dende a nosa costa oeste. Máis de 3 minutos de bodyboard galego nun video feito por The CYK Productions.

Ler máis...
 
Secuencia brutal de Javi Blanco!
Xoves, 09 Decembro 2010 18:27

Velaquí tedes parte da nova secuencia de Javi Blanco nun dos slabs máis potentes da nosa costa grazas a Fotosplino. Como podedes ver nas imaxes o rider e a onda desafían as leis da gravidade e a física. Toda unha secuencia que vos vai deixar coa boca aberta!


Javi Blanco

Ler máis...
 
A Mariña - Pablo López
Luns, 06 Decembro 2010 00:08

Velaquí tedes algunhas fermosas instantáneas da Mariña feitas por Pablo López e que ben se merecen a nosa atención. Todo un luxo de fotos de ondas, surf e bodyboard que amosan a calidade do traballo do noso colaborador.

GZ Power!

Ler máis...
 
Coto & Cristian no Basurero
Luns, 29 Novembro 2010 00:09

Velaquí novas fotos dende o blog de Fotosplino e con Coto e Cristian como protagonistas nunha onda potente e perigosa perto de Cabo Silleiro. Esta onda é unha esquerda potente que non rompe pequena e que está afastada da costa. Como podedes ver nas fotos o tamaño andaba polos dous metros.

Coto remontando

Ler máis...
 
Barrañan e os Arroaces
Venres, 19 Novembro 2010 00:00

Dende o blog de Surf Costa da Morte recollemos estas fermosas imaxes de surf con arroaces na praia de Barrañan. Moitos de vós coñedes a experiencia de estar na auga con estes mamíferos mariños que gustan de brincar diantes dos surfeiros. Eu lémbrome dun baño en Castro de Baroña onde os arroaces estiveron uns 10 minutos xogando e surfando connosco. Unha das máis fermosas experiencias da miña vida.

Ler máis...
 
Potente Sesión na Ladeira
Venres, 05 Novembro 2010 07:00

Grazas a Susana Fumega " Fumi" temos unhas boas fotos dun spot moi protexido e ben querido polos riders da nosa costa. Non é habitual ver fotos desta praia con ondas tan grandes e por iso aproveitamos pra publicar estas fotos publicadas por Susuna no seu Facebook.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 10 de 13

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: