Bodyboard Sesións de Bodyboard
Potente Sesión na Ladeira
Venres, 05 Novembro 2010 07:00

Grazas a Susana Fumega " Fumi" temos unhas boas fotos dun spot moi protexido e ben querido polos riders da nosa costa. Non é habitual ver fotos desta praia con ondas tan grandes e por iso aproveitamos pra publicar estas fotos publicadas por Susuna no seu Facebook.

Ler máis...
 
A Cala, Prado e Loser [VIDEO]
Martes, 19 Outubro 2010 09:00

Velaquí tedes o novo video de Juan Luis Zubizarreta gravado na praia de Prado a na Cala no Concello de Nigrán. Este spot de marea baixa é sempre unha boa opción na Ría de Vigo cando as condicións son adecuadas. Tamén aparece no video o seu cadelo Loser.


Ler máis...
 
Secuencia de Christian Pérez na Salvaxe
Luns, 18 Outubro 2010 01:29

Velaquí tedes unha fermosa secuencia de Christian Pérez na Salvaxe e publicada hai uns días no Blog de Fotosplino. Esta secuencia é unha mistura perfecta entre unha das nosas mellores ondas e un dos nosos mellores riders. Christian Pérez foi o subcampión do Surfusiom 2009 e sempre está a un nivel moi alto na auga. 100% Bodyboard.

Ler máis...
 
Sesións libres no Surfusiom 2010 [VIDEO]
Luns, 18 Outubro 2010 00:18

A xente de Liquen Concepts publicaron un video de case 6 minutos de duración con moitas imaxes de diferentes sesións de baños libres durante a celebración do Surfusiom 2010 en Ferrolterra.


Ler máis...
 
A costa de Ferrolterra [VIDEO]
Mércores, 11 Agosto 2010 01:00

Mitxel produkzioak regresou de novo por Galiza este verán do 2010 e como sempre fixo un par de videos impresionantes de surf e bodyboard en augas de Ferrolterra.

Ler máis...
 
Pura Perfección by Peibol
Mércores, 11 Agosto 2010 00:00

Secuencia perfecta dun tubazo de Peibol captada pola cámara de Pablo Romero "Occy" nunha das mellores praias de Ferrolterra. Tedes a secuencia enteira no blog de Occy.

Ler máis...
 
Secret Spot Ferroltera [VIDEO]
Martes, 27 Xullo 2010 11:39

Mitxel produkzioak ven de publicar este fermoso e potente video de bodyboard dun "secret spot" en Ferrolterra, 100% bodyboard! Despois da súa viaxe deste ano Mitxel quedou moi contento coa xente e as ondas.

Ler máis...
 
Fotos do Surfari Galego de Arrikituki
Luns, 19 Xullo 2010 00:02

A semana pasada Arrikituki, un dos máis activos blogueiros e bodyboarders do cantábrico, estivo de surfari na nosa costa e despois de varios días collendo ondas marchou moi contento. Neste artigo tedes un resumo das mellores fotos publicadas na súa web.

Ler máis...
 
Nordeslizamento publica o seu primeiro video!
Xoves, 15 Xullo 2010 05:58

Velaquí tedes o primeiro video publicado por Pabolinho en Nordeslizamento. O video ten varias partes: bodyboard en ondas pequenas, fermosas paisaxes galegas, imaxes da Xuntanza do Surf de Pantín, un pequeno show de Gala Pereda e outras pequenas historias da tribo de Ferrolterra. Esperamos que Pabolinho continue con esta laboura e teñamos cedo novos videos.

Ler máis...
 
Novas fotos no Faro - Bruno Novoa
Mércores, 30 Xuño 2010 00:00

Velaquí tedes unhas espectaculares fotos feitas por Bruno Novoa no Faro de Lariño. Como podedes ver nesta foto a onda remata rompendo sobre a area e os rider xogándose a pel na última sección da onda.

Ler máis...
 
Shorebreak Matador - Occy
Martes, 29 Xuño 2010 00:00

Quen mire estas fotos vai entender moi ben porque somos un paraíso do surf, estamos a finais de xuño e temos a sorte de ter ondas en algúns recunchos da nosa costa e podemos publicar estas fotazas de Occy nun spot practicamente de bodyboard. Puras bombas e tubos redondos que algúns riders de Ferrolterra souberon disfrutar.

Ler máis...
 
Sesións de Bodyboard - Eugenio Prados
Martes, 22 Xuño 2010 00:00

Hoxe publicamos unha escolma das fotos de bodyboard (algunhas fotos son de arquivo) publicadas no mes de xuño por Eugenio Prados no seu blog. Estas fotos amosan a calidade do BB de Ferrolterra e a potencia das súas ondas. Xente como Yiyi Obenza, os irmáns García, Iván Castelo e outros xa son lendas da nosa costa e grazas a Eugenio Prados podemos disfrutar destas fotazas!

Xan Pazos en Doniños

Ler máis...
 
Extrem Galician Bodyboarding [VIDEO]
Venres, 28 Maio 2010 00:00

Potente video de bodyboard do colectivo Prado BBK en diferentes spots do sur da costa galega. Os riders do video son Fefa, Christian Pérez, Muelles, Monko, Patrick Vilán e algún máis que non sabemos o nome. A primeira onda do video é un dos slabs galegos por excelencia, unha onda "only bodyboard". O video é de Chopoloo.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 Seguinte > Final >>

Páxina 11 de 13


Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: