Bodyboard Sesións de Bodyboard
Extrem Galician Bodyboarding [VIDEO]
Venres, 28 Maio 2010 00:00

Potente video de bodyboard do colectivo Prado BBK en diferentes spots do sur da costa galega. Os riders do video son Fefa, Christian Pérez, Muelles, Monko, Patrick Vilán e algún máis que non sabemos o nome. A primeira onda do video é un dos slabs galegos por excelencia, unha onda "only bodyboard". O video é de Chopoloo.

Ler máis...
 
O día anterior - Marcos Amor
Luns, 10 Maio 2010 01:00

Marcos Amor - Neste post tedes seis fermosas postais de feitas por Marcos nun día de ondas pequerrechas e sen vento, o mar estaba glassy e a pouca luz co sol tan baixo e formando esas cores alaranxadas do sol e o verde do mar. Todo un luxo de fotozas!

Ler máis...
 
Termic Days in Sabón [VIDEO]
Mércores, 05 Maio 2010 11:00

Dende o blog de Rodry Añon chegounos este novo video de bodyboard galego feito por Diego Quintela na praia de Sabón. Os riders do video son: Fran Aguilar, Lois Flores, Kusto, Jose ''Malagueño'' e o mesmo Diego Quintela.

Ler máis...
 
The Lighthouse Bodyboarding [VIDEO]
Luns, 03 Maio 2010 01:09

Novo video de Rodry Añon hai un par de semanas no Faro de Lariño. Na primeira secuencia do video podedes apreciar en vivo a manobra feita por Cristian Pérez é que foi noticia de portada na nosa web. Cores intensas, boas ondas e boa música pra comezar esta semana.


Ler máis...
 
Prado BBk: Summer Session 2009 [VIDEO]
Xoves, 29 Abril 2010 01:00

Nós sabemos perfectamente que Galiza é unha potencia no eido do bodyboard. A onda deste video é unha das razóns pola que os nosos riders teñen moita seguridade en ondas rápidas e con tubo. Este video é dunha sesión no vran do ano pasado nun slab que rompe sobre fondo de rocha no sur da nosa costa, puro BB!

Ler máis...
 
26 segundos na Tóxica [VIDEO]
Mércores, 28 Abril 2010 01:05

Outro potente video J.L. Gómez Frieiro de bodyboard na Tóxica con moito estilo e clase que recolle en 26 segundos a forza desta onda cada día máis coñecida mundialmente.

Ler máis...
 
Prado BBK: Young people [VIDEO]
Luns, 26 Abril 2010 01:00

Hoxe apresentamos 2 potentes videos de BB grabados en diferentes spots do sur da costa galega. Fondos de area e de rocha. Os riders dos videos son: Rubén Alves, Nico Carpio, Iván Taboada, Alex Rodríguez e Fabio Fernández. Boa música e boas ondas!

Ler máis...
 
Dúas esquerdas - Ángel Fotosplino
Venres, 23 Abril 2010 01:06

Neste artigo tedes fotos de dúas sesións que Ángel Fotosplino afotou o mesmo día en dúas praias galegas a mediados do mes de abril. A primeira sesión no Faro foi "normal" pero a sorpresa chegou na segunda sesión xa que non esperaba atopar ondas tan boas.

Ler máis...
 
Ondas para adestrar Bodyboard [VIDEO]
Mércores, 14 Abril 2010 01:00

Un video do adestrador Kako García onde fai un bo resumo de diferentes ondas galegas que son ideias para o bodyboard. Segundo comenta Kako no seu blog: cando un adestrador decide adestrar a un BBoarder neste tipo de ondas ha de ter moi claro os límites do rider, a predición meteorolóxica, os coeficientes das mareas , o tempo de reacción do adestrador, hidratación do deportista, niveis de ansiedade, e algunha cousa máis que nun futuro podemos abordar.


Ler máis...
 
Máis Bobyboard! - Ángel Fotosplino
Xoves, 08 Abril 2010 01:00

Novas fotos espectaculares de Ángel Fotosplino a primeiros de abril con Moncho, Toni e Rodillos como protagonistas principais. Neste artigo soamente tedes 8 fotos pero podedes ver máis fotos no artigo orixinal. Puro bodyboard galego nunha das mellores praias galegas pra meterse tubos profundos!

Take off de Moncho

Ler máis...
 
Only Bodyboard - Ángel Fotosplino
Martes, 06 Abril 2010 01:00

Velaquí tedes unhas fotos novas de Ángel Fotosplino feitas na Salvaxe estes días. Coa primavera o mar non se está portando demasiado ben pero este spot de escaso fondo de rocha non necesita grandes maretóns pra funcionar, soamente necesitas valor e ter as cousas moi claras dentro da cabeza. Os riders das fotos son Iván, Rubén e Niko.

Ler máis...
 
Novas fotos de Cantos - Bruno Novoa
Venres, 05 Marzo 2010 01:00

Velaquí tedes as fotos de Bruno Novoa deste brutal spot que parece unha onda sinxela dende fora da auga pero que canto máis preto estás do pico máis pensas en colle-lo codo. O grosor do beizo que aparece nas tres primeiras fotos é colosal.  Esta onda rompe sobre unha laxe de granito a ras da auga e ten unha segunda sección bastante agresiva. Grazas a Bruno polas fotos!

Ler máis...
 
Bodyboard en Samil [VIDEO]
Xoves, 04 Marzo 2010 11:15

Este é o primeiro video que publicamos da praia de Samil, este extenso areal no Concello de Vigo non reune as mellores condicións para o surf e o bodyboard pero cando as condicións son boas, existe a posibilidade de pillar algunhas ondas na parte final da praia. Neste video feito por Chopoloo aparece a onda que rompe na baixa que forman unhas rochas na metade da praia.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 Seguinte > Final >>

Páxina 12 de 13

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: