Bodyboard Sesións de Bodyboard
Pequena sesión de bodyboard na Pedra do Sal [VIDEO]
Luns, 15 Febreiro 2016 17:29

Novo video de Héctor Gómez e os seus amigos no mítico spot de Pedra do Sal en Baldaio disfrutando de sol e pequenas ondas sen vento.

Ler máis...
 
Small waves great friends - Héctor Gómez [VIDEO]
Luns, 08 Febreiro 2016 09:44

Comezamos a semana con este fermoso vídeo gravado por Héctor Gómez na praia de Razo na compaña dos seus amigos dende a auga. Boas ondas e boa luz pra unha sesion con ondas dun metriño e pouco vento. Razo calidade!

Ler máis...
 
Sesión nas Rías Baixas - Snakeyephoto
Luns, 01 Febreiro 2016 00:00

Comezamos a semana coas fotos feitas por Hilario Miranda 'Snakeyephoto' este mes nun spot moi resgardado das Rias Baixas. Hilario Mirando é un fotógrafo do Morrazo que vai formar parte do noso equipo de colaboradores e con moita presenza nas redes sociais como Instagram e Facebook.


Ler máis...
 
Home Session II - Fotosplino [VIDEO]
Sábado, 02 Xaneiro 2016 12:02

Novo vídeo de bodyboard de Cristian Pérez na súa onda preferida das Rías Baixas e algunhas outras ondas habituais deste rider no Norte de Portugal. Gravado e editado por Ángel Fotosplino.

Ler máis...
 
Galiza, o país das maravillas [VIDEO]
Martes, 15 Decembro 2015 09:50

Vídeo de bodyboard feito por un rider francés que visitou este Outuno a nosa costa e puido disfrutar dunha sesión moi potente en soidade. Imaxes fermosas que demostran que todavía quedan moitos picos baleiros e de calidade na costa galega esperando polo seu rider.

Ler máis...
 
Prado Friends - Fotosplino [VIDEO]
Xoves, 05 Novembro 2015 09:44


Prado Friends é o novo vídeo do colectivo galego Prado BBK con imaxes de varias sesións recentes nos seus spots preferidos das Rías Baixas e tamén na catedral do bodyboard galego na Costa da Morte. Riders: Cristian perez, Nicolas Carpio, Ruben Alves, Jose Vazquez, Ramon Diaz e David Mosquera.

Ler máis...
 
Sesión solitaria de Cristian Pérez - ADFoto
Venres, 30 Outubro 2015 09:44

Velaquí tedes algunhas fotos de Cristian Pérez nunha potente sesión no seu slab preferido das Rias Baixas grazas ao traballo de cámara de ADFoto que non para de sorprender grazas a súa nova carcasa acuática. De novo Cristian mostra porque é un dos bodyboarders máis completos da nosa costa e un dos millores riders europeos

Ler máis...
 
Sesión de verán - Patos Surf [VIDEO]
Xoves, 10 Setembro 2015 09:01

Sesión de verán na costa de Oia gravada e editada por Keko Vilán de Patos Surf con algunhas pequenas bombas que rompen sobre o escaso fondo de rocha. Un lugar perfecto para o bodyboard.

Ler máis...
 
Summer 2015 Little edition [VIDEO]
Mércores, 02 Setembro 2015 09:58

Pequeno adianto do novo traballo de Gabriel Pacheco con imaxes de sesións de bodyboard e un pouco de surf este verán pola costa galega. Amigos, sol, festa, acampadas e moita praia.

Ler máis...
 
Días Salvaxes na Costa - Fotosplino
Mércores, 05 Agosto 2015 09:08

Ángel Fotosplino xa está de novo pola Costa despois da última viaxe polo Oriente e como sempre volve a súa onda preferida na compaña dos seus amigos pra facer instantáneas tan fermosas como esta de Coto nun tubo cristalino. Outra cara deste slab mutante que tamén rompe días de metro cando as condicións son adecuadas. Foto inferior: Cristian Pérez.

Ler máis...
 
Sesión de Verán na Costa [VIDEO]
Martes, 28 Xullo 2015 08:43

Resumo dunha boa sesión veraniega nun dos slabs mutantes máis potentes das Rías Baixas na compaña de Jose Casiñas, Carlos Megino, Carlos Romero a.k.a Litos, Pablo González, Pablo Domínguez e Edgar Casal. Vídeo de Rafa Escate.

Ler máis...
 
Home - Cristian Pérez & Fotosplino [VIDEO]
Domingo, 26 Xullo 2015 21:49

Espectacular novo vídeo de bodyboard de Cristian Pérez nun dos nosos spots favoritos das Rías Baixas e tamén tedes algunhas ondas en outras praias deste mítico rider que inspira as novas xeracións. Vídeo: Ángel Fotosplino.

Ler máis...
 
Sesión de bodyboard nas Rías Baixas - Fotosplino
Venres, 19 Xuño 2015 13:32

Velaquí tedes algunhas imaxes captadas por Angel Fotosplino esta semana nun dos slabs máis potentes das Rías Baixas con varios locais na auga. Unha onda 100% bodyboard onde poucos riders con pranchas tentan baixar algunha onda.. Rider foto inferior: Francisco Javier Lemos Rodriguez.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 3 de 13

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: