Martes, 26 Febreiro 2013 19:12 |
Novo vídeo de José Morandeira con moitos riders na auga, Chapas, Fefa, Ulla, Luciano, Miguel e outros nunha tarde de domingo catando a forza que transmite o Faro de Lariño... ondas potentes con bastante xente na auga e co suficiente pra ver 360ºs, ARS, rolos, revers, saltadas, inverts, tubos e wipeouts. Música: LO FI FNK - City |
Ler máis...
|
Luns, 18 Febreiro 2013 00:00 |
Novo vídeo do colectivo Prado BBK con Javi, Chisco, Nico, Rober, Casado e Peibol, desfasando na súa praia local e tamén con marea baixa na Cala o pasado mes de xaneiro. Cámaras: Javier Peligro e Pocholo. Editado por Pocholo. |
Ler máis...
|
Luns, 11 Febreiro 2013 00:00 |
Novo vídeo de bodyboard galego gravado en diferentes spots das Rías Baixas e Costa da Morte con Ruben Alves, Moncho Díaz, Javi Blanco e Xisco como protagonistas. Moitos tubos e aéreos recollidos coas novas cámaras GoPro que fan subir a calidade dos novos traballos de Fotosplino e do colectivo Prado BBK. |
Ler máis...
|
Mércores, 16 Xaneiro 2013 15:37 |
Novo vídeo do colectivo de bodyboard das Rías Baixas Prado BBK con imaxes de Cristian Pérez, Peibol, Javi, Moncho e Ruben. Vídeo de Fotosplino. |
Ler máis...
|
Martes, 08 Xaneiro 2013 18:53 |
3 Ondas para tres sesións de Bodyboard con Cristián Pérez e José Vazquez "Fefa" como protagonistas da nova entrega de Ángel Fotosplino na que tamén aparece os locais de praia da Arda. A primeira sesión no Norte de Portugal, a segunda na cala de Prado con marea baixa e series potentes que poden facer bastante dano e unha terceira sesión na praia máxica de Lariño.
|
Ler máis...
|
|
Martes, 27 Novembro 2012 00:00 |
Non queriamos deixar rematar o mes sen publicar este terceiro vídeo de Karpe NorthCoast cunha fermosa sesión de bodyboard en Ferrolterra con algúns míticos riders desa costa como son Esteban Hermida, Kako García e Kuko Martín. GRavado por Remi Veupakdire.
|
Ler máis...
|
Luns, 29 Outubro 2012 01:09 |
Impresionante vídeo de dous riders, Patrick Vlán e Yeray nunha das dereitas máis fermosas da nosa costa. Gravado por Humberto Tomaz Silva.
|
Ler máis...
|
Xoves, 11 Outubro 2012 14:53 |
Xa está na Rede o primeiro vídeo gravado dende a auga por Liquen Concepts e Karpe Northcoast. Boas imaxes de riders de bodyboard na costa de Ferrolterra grazas ao traballo de Pabolinho e Samuel Simo.
|
Ler máis...
|
Mércores, 12 Setembro 2012 00:00 |
Novo vídeo do colectivo galego Prado BBK con moi boas imaxes de 'A Salvaxe' e o 'Faro'. Dúas ondas espectaculares que son perfectas para facer tubos en bodyboard. Riders: cristian, Javi, Peligro, Rubén, Toni, Rebo e Pocholo. Vídeo gravado por Ángel Fotosplino.
|
Ler máis...
|
Luns, 23 Xullo 2012 00:00 |
O colectivo galego de bodyboarders Prado BBK presenta un novo vídeo na súa onda preferida e con potentes imaxes de tubos e baixadas salvaxes.
|
Ler máis...
|
Domingo, 01 Xullo 2012 22:57 |
Velaquí tedes o novo traballo publicado en Karpe North Coast con imaxes do inverno pasado e un grupo de riders franceses que mostraron a súa calidade nas mellores ondas da costa norte galega. |
Ler máis...
|
Mércores, 30 Maio 2012 17:00 |
Pequeno curto de 44 segundos feito por Liquen Concepts cunha fermosa onda e tubo nunha praia de Ferrolterra estes días que xa parece que chegou o verán.. Pura beleza!
|
Ler máis...
|
Luns, 14 Maio 2012 00:06 |
Novo post no Blog de Bruno Novoa con grandes riders do bodyboard en Galicia como Fran Aguilar, David Grandal, Pedro Montero, Andrés Manso e Carlos Calvo nunha sesión salvaxe na costa galega. Foto: Baixadón de Andrés Manso.

|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 6 de 13 |