Velaquí tedes unha nova sesión de surf e bodyboard na praia de Lariño con tubos e xiros espectaculares de algúns dos mellores riders das Rías Baixas como Chapas, Calo, Fefa, Cristian Pérez, Rober, Milo Castelo, Marcos Heinrich, Big, Moracha e outros máis. O vídeo foi gravado e editado por Jose A. Morandeira.
Dende o blog de José Morandeira recollemos este vídeo dunha sesión na praia de Río Sieira o pasado día 12 de Outubro. Riders: Samu, Rober, Calo, Nico, Oscar, Peri, Carlos Viñas, Milo Castelo e outros locais da zona.
Velaquí tedes o vídeo resumo das mellores ondas e sesións deste verán de riders como: Andrés Rodríguez, Alex Zas, Yonger, Mon, Diego Díaz e Antón Cobas,en diferentes spots como Razo, Malpica, Ancoradoiro, Lariño e algún outro máis.. Este vídeo foi gravado entre os meses de Xuño e Setembro e foi un traballo do equipo formado por Gustavo Figueira, Diego Díaz e Antón Cobas.
Velaquí tedes unha sesión de inverno na Machacona, un dos capítulos máis potentes do Winter Sessions 2011 de Liquen Concepts, con tubos profundos e fortes wipe outs. Na auga estiveron riders con moita experiencia como or irmáns García, Andrés Santalla, José, Braise outros locais da zona nunha Machacona dun metro e medio potente. Todo un espectáculo!
Velaquí tedes un potente vídeo de BB na Tóxica gravado por Alex Temprano e editado por Carraxe Waves. No vídeo aparecen os riders do Nude Surf Clube: Zeus, Paste e Pabuko pero tamén riders ferroláns como Yiyi Obenza facendo DK.
Novo vídeo do colectivo galego de bodyboard Prado BBK con imaxes potentes de diferentes sesións na costa galega. Unha manchea de tubos de dereita. Vídeo: Javi Prado.
Nova sesión perfecta nas augas da nosa costa cos mellores riders da Ría de Vigo e Baiona nun spot moi perigoso que soamente é pato pra riders expertos. Fotos: Ángel Fotosplino.
Arson é unha nova revista de bodyboard feita dende Euskadi por Unaitz Unanue que acaba de lanzar o seu primeiro número en Issuu. Na revista tedes sesións espectaculares de bodyboard no Cantábrico e fotos da nosa costa feitas por Bruno Nóvoa, Fotosplino, José Dopico, Marcos Amor e algún outro máis. Se vedes algunha foto vosa podedes contactar con eles en:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo