Luns, 27 Abril 2020 18:37 |
Fermoso documental do Océano Surf Museo que recolle a historia e as orixes do surf galego dende os seus comezos. Está composto de varios capítulos con diferentes historias moi interesantes.
|
Ler máis...
|
Venres, 14 Xuño 2019 08:39 |

Mais outra nova webcama na nosa costa grazas a Caión Surf House e Camaramar! |
Ler máis...
|
Luns, 13 Maio 2019 08:36 |
Velaquí tedes unha interesante reportaxe feita por Surfing.es ao equipo de Meteogalicia no que explican como e porque aparecen as ondas no mar. |
Luns, 06 Maio 2019 18:58 |

Desde hoxe xa podedes ver o estado do mare na costa de Baldaio grazas á nova webcam de camaramar e ao restaurante Pedra do Sal.
|
Ler máis...
|
Mércores, 03 Abril 2019 19:22 |

A marca galega de surf Ula Ola ven de presentar unha nova tecnoloxía 100% galega de fabricación de quillas de surf con materiais orgánicos e quixemos falar con Pablo Blanco pra coñermos máis sobre este interesante proxecto de I+D no mundo do surf. A continuación tedes a historia destas novas quillas.
Cando analizamos a industria do surf cun ollo crítico atopamos unha serie de feitos que dende fai tempo parecen inamovibles. A elección de materiais para fabricar quillas parece ser un deles. Deixando de lado versións de baixa calidade feitas con plásticos inxectados, o material rei das quillas é o chamado G10 e as súas variantes.
O G10 é como se denomina a un composto de resina poliester/epoxi + fibra de vidro. Este material ofrece cualidades bastante boas de flexibilidade e durabilidade, é sinxelo de mecanizar e lixar, á vez que ten inconvintes evidentes que coñece todo aquel que o teña traballado. Por exemplo, as partículas resultantes do lixado do vidro nas quillas é áltamente canceríxeno se é respirado polos traballadores. O proceso de endurecemento da resina de poliéster non é menos preocupante, xa que se emiten vapores difícilmente filtrables polas máscaras que usamos. Unha exposición prolongada resulta fatal, aínda máis en talleres pequenos nos que carecemos das condicions óptimas de ventilación e aspiración. 
|
Ler máis...
|
Xoves, 28 Marzo 2019 10:25 |
Vídeo dunha sesión de surf con quilla Foil e prancha con motor na praia de Santa Cristina. Este prototipo fabricado con fibra de carbono ten unha autonomía de 50 min e fixo un percorrido de 15,31km.
|
Luns, 18 Marzo 2019 10:11 |
Velaquí tedes unha interesante reportaxe sobre o traballo do Océano Surf Museo no Concello de Valdoviño e os seus obxetivos explicado polos principais protagonistas.
|
Xoves, 21 Febreiro 2019 09:06 |

Libros del Océano nace como a rama editorial do Océano Surf Club. Unha pequena editorial inspirada pola nosa paixón polo mar que busca sacar á luz proxectos editoriais de autores, fotógrafos, deseñadores… que teñen con nós unha relación especial co mar.
|
Ler máis...
|
Luns, 27 Agosto 2018 20:18 |

Xa temos a primeira serie de ceras Ula Ola para surf despois dun ano de traballo. Feitas con cera virxe de abella procedente da Comunidade de montes en mancomún do monte Raño en Irixoa. |
Ler máis...
|
Xoves, 09 Agosto 2018 09:50 |

Despois de moito traballo e moita espera xa temos online a nova web de Camaramar.com con novas melloras técnicas e un deseño adaptado a teléfonos e tablets. Novas cámaras dende varios portos galegos e tamén en praias como na zona sur de A Lanzada. |
Ler máis...
|
Xoves, 12 Xullo 2018 16:23 |

Estes días a auga das Rías Baixas e costa norte de Portugal acadou temperaturas máximas que mesmo superan os 20ºC polo que xa podes surfear en 3x2 tranquilamente. A zona da Mariña lucense tamén conta con boas temperaturas no mar e auga morna de 17ºC. |
Ler máis...
|
Mércores, 23 Maio 2018 14:20 |
Conversa e coñecementos con Jesús María Guerra da man de Waipia Surf onde podes escoitar falar a un dos mellores adestradores de surf da nosa terra. O vídeo foi realizado en Santa Cruz no medio co campionato no que particaparon Ignacio Guisasola e Pablo Montero. |
Ler máis...
|
Mércores, 31 Xaneiro 2018 20:54 |
Catro anos dende o nacemento dun obradoiro movido pola paixón do surf puramente clásico na Costa da Morte. Un vídeo intimo dendo o corazón de Cormorán Surfboards, unha marca de táboas feitas a man creada por Toni Varela, que leva xa catro anos dando servizo aos surfeiros que gustan de cousas sinxelas e ben feitas. Longa vida a este proxecto!
|
Luns, 08 Xaneiro 2018 21:04 |

Chegou o momento. Empeza a campaña de crowfunding para "Unha onda lonxana" o novo proxecto de Surf&Comics, o seu primeiro intento de facer un cómic máis longo con 12 follas. Na páxina de Verkami atoparedes toda a información sobre o proxecto, en castelán e en inglés. Se compartides a ligazón, estarémosvos moi agradecidos, pois a canta máis xente cheguemos, máis fácil será sacalo adiante. A rascarse o peto!
|
Ler máis...
|
Luns, 11 Decembro 2017 15:14 |

O Océano Surf Museo xa está aberto e podes pasar de visita pola Casa da Cultura de Valdoviño pra ver táboas de surf históricas e aprender cousas novas da historia do surf. Enderezo: rúa Centro Saúde, nº58. Horario de visitas: de luns a venres no horario habitual da Casa da Cultura: 10 a 14h. Sábados, domingos e festivos (excepto o 24 e 31 de decembro, e o 1 de xaneiro). Horario: de 12 a 14h e de 16 a 19h. Entrada gratuíta. |
Ler máis...
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 1 de 14 |