Xa podedes colaborar nesta iniciativa pra lembrar a traxedia do Prestige na Costa da Morte o vindeiro mes de Xaneiro organizada polo artista mallorquín Martin Monjo. A acción que se pretende realizar é unha escultura formada por 80 papaventos como acto de recoñecemento a todas as persoas que colaboraron na limpeza do chapapote.
A Federación Galega de surf xa ten un selo de garantia e calidade para as pranchas feitas na nosa terra. Dende xa fai alguns anos ven medrando o número de shapers en Galicia e dende a FGS queren axudar a promocionar o seu bo traballo por medio deste selo.
Xa podedes ver o resultado do testing do Tablonaco fabricado por Iron Mountain SurfBoards. Este novo longueirón ten melloras iportantes respecto ao anterior modelo Tablonaco, agora ten un concavo en forma de lágrima máis profundo, cantos máis afilados e un tail moito máis estético. O test foi realizado polo rider Yago Vaz Vicente jahgoyelsurf.blogspot.com na praia de Bastiagueiro na Coruña e gravado e editado por Carraxe Waves. Música: Mr. Little Jeans - The Suburbs.
Desenvolver un sistema de adestramento integral considerando ao deportista desde unha perspectiva global, evitando o esquema analítico e descompensado que separase o aspecto técnico do físico e do psicolóxico
Analizar as variables físicas e biomecánicas que inflúen directamente no rendemento do surfeiro, as manobras básicas e a importancia dunha boa execución biomecánica para o éxito da manobra.
Identificar desequilibrios articulares e neuromusculares que limitan o rendemento deportivo podendo desencadear algún tipo de lesión.
Aumentar o rendemento deportivo optimizando os adestramentos a través do desenvolvemento e control de variables psicolóxicas.
Velaquí tedes 'Smile - Perfect Holiday' un fantástico vídeo de animación surfeiro que non deixa a ninguén indiferente. Toda unha obra de arte que mistura surf e animación gravada segundo a segundo. Espero que vos guste tanto como a min.
A xente do Artsurfcamp acaban de presentar o seu programa Art Training centrado na mellora técnica do surfing. Art Training nace co obxectivo de cubrir un baleiro existente no ámbito do rendemento deportivo no mundo do surf. É un proxecto deportivo dirixido a todos aqueles deportistas que queiran mellorar a súa técnica deportiva, desexen iniciarse en competición ou queiran incrementar o seu rendemento deportivo en alta competición.
Esta semana temos outra nova webcam en Galicia grazas a Camaramar.com e desta vez na praia de Valdoviño cunha imaxe xeral da praia e que servirá aos surfeiros locais pra saber se paga a pena desprazarse ou ver o estado do vento e ondas a tempo real pra usalo como referencia na súa procura de ondas.
Xa temos unha nova surfcam na costa de Porto do Son grazas a Camaramar.com e o restaurante das Furnas. Agora podemos coñecer o estado do mar a tempo real nunha das praias máis constantes de Galicia. Algúns pensarán que isto é unha mala noticia mais pra nós é un avance poder publicar que xa temos a posibilidade de ver as ondas na praia das Furnas antes de gastar os nosos euros nas abusivas peaxes e tirar litros de gasoil polas estradas galegas.
Xa podedes pasar polo blog de Stinky Tofu pra ver as fotos e ler a crónica do que foi o primeiro Surfswap do Barbanza. Segundo comenta Alex Cancio o evento foi un éxito e houbo moi ambiente durante todo o día. Houbo trocos, comprar e vendas a prezos baixos e tamén pinchos varios. Dende SurfGZ queremos darlles a noraboa polo evento e animar a máis xente e surfeiros da nosa costa a realizar este tipo de eventos.
Excelente vídeo histórico da familia Irisarri no ano 1982 no Pico de Patos. Esta familia foi a precursora do surf nas Rías Baixas e tamén na costa de Ferrolterra onde outra parte da familia reside e que agora Jesús Busto recolleu nunha longa entrevista que en breves sairá á luz. Como sempre ficamos abraiados polo traballo de Jesús que non para na súa laboura de colleitar información sobre as orixes do noso surf.
A partires do 22 de Xuño até o 13 de Xaneiro xa podedes visitar no Museo Marítimo Ría de Bilbao a primeira exposición sobre a historia do surf na costa do Cantábrico e Galicia. Unha exposición fundamental pra entender o vieiro percorrido polo surf desde as súas orixes a principios dos 60, ata a actualidade, cheo de campionatos, tubos, ondas grandes e táboas de todos os tamaños e cores.
Neste novo episodio de Ojo de Pez TV tedes unha interesante entrevista a Román Diez no seu obradoiro de pranchas de surf, Iron Mountain Surfboards, onde explica o proceso enteiro de fabricación e tamén a varios dos riders do seu equipo falando sobre o seu quiver. Carlos Lourenzo, alumno de Kako García, é o peixe do episodio. Jaji entrevista ao rider andaluz Mario Aguilar. José Diéguez explica a técnica da remontada e Gony remata o episodio surfeando en Ericeira.
Velaquí tedes unha fermosa historia sobre o primeiro surfeiro galego que tivo unha refencia na revista americana Surfing nos anos 80. Jesús Busto recupera este texto do 2007 de arquivo no seu disco duro e publicou unha reportaxe máxica que mostra os comezos do surf en Galicia e as primeiras referencias internacionais en revistas de prestixio.