Cultura
Nova web de Zorlak Surfboards!
Luns, 23 Xaneiro 2012 00:06

Aledámonos moito de poder publicar que xa está na Rede a nova web de Zorlak Surfboards. Walter Nieto é o shaper e manager deste obradoiro de surf nas Rías Baixas e agora xa podedes ver o seu catálogo online e contactar pra lle solicitar info ou facer pedidos. SurfGZ promove o apoio aos shapers locais como xeito de potenciar o surf galego e a nosa propia industria. Non merques pranchas de fora se podes surfar 100% galego!

ZORLAK SURFBOARDS

Ler máis...
 
Pickle Wax supera o noso Test de Material
Xoves, 12 Xaneiro 2012 00:05

Este mes estivemos probando o Pickle Wax que recibimos e querémosvos contar que a publicidade é certa e este produto permite limpar unha prancha de surf de parafa dun xeito rápido, cómodo e doado. Leva o seu tempo e tedes que rascar primeiro o groso e logo darlle duro ó brazo pero a prancha queda como nova. Isto é perfecto pra lle facer un bo mantemento ás nosas pranchas ou antes de vendela de segunda man.

Ler máis...
 
Chusma Surfboards presenta o novo catálogo 2012!
Martes, 10 Xaneiro 2012 01:18

Aquí tedes o novo catálogo de Chusma Surfboards cos seus modelos de pranchas de surf. Bonzer, Simons, Zen, Fish, Stubbie e Longboards son os modelos presentados neste catálogo. 

Ler máis...
 
Gony usa Pickle Wax Remover!
Xoves, 22 Decembro 2011 16:10

Se non sabedes que lle regalar a un surfeiro estas navidades podedes probar a mercarlle un Pickle Wax Remover por 14 € e deixalo contento con este novo xoguete que limpa as pranchas de surf ata deixalas brillantes. Neste video de Gony podedes ver os resultados do Pickle.

Ler máis...
 
Iº Trofeo Concello de Nigrán de Surf 1990 [VIDEO]
Xoves, 15 Decembro 2011 00:00

Novalbos - Decembro de 1990, despois de varios adiamentos por fin Pemán confirma que entra forte marusía e así poder levar a cabo o "I Campionato de Surf Trofeo Concello de Nigrán" na praia de Patos organizado polas inesquecibles táboas Frus e os seus creadores Kike Frus e Pedro Pinies e Pedro da tenda de surf Novalbos. Non se concibía un campionato que non fóra no Pico de Monteferro, no medio de Patos non se surfeaba e Prado considerabámola de pouca calidade como para facer o primeiro campionato de surf, por iso tiveron que esperar case un mes ata que por fin entraron boas ondas no Pico.

Ler máis...
 
Nova imaxe de Surfmarket.org para o Nadal!
Mércores, 30 Novembro 2011 00:00

A nosa web irmá Surfmarket.org ven de estrear a nova imaxe de Nadal e novas melloras na accesibilidade da web: novos menús de Perfil e Anuncios, cambios de disposición nos módulos e outras melloras técnicas. Nestes últimos meses superou os 500 anuncios activos, 450 usuarios rexistrados e máis de 500 seguidores no Facebook. Gracias a todos e todas!!

Ler máis...
 
Como limpar unha prancha de surf en 5 minutos?
Xoves, 17 Novembro 2011 10:38

A  resposta é sinxela, empregando Pickle Remover, un novo produto revolucionario que dentro de pouco tempo vai estar no maleteiro de todos os surfeiros do mundo. Este producto é doado de usar, rápido, ecolóxico e non contén produtos químicos agresivos. Terminaron os tempos de usar o secador do pelo, augarrás ou as máquinas de auga a presión para limpar as táboas de surf.

Vídeo demostrativo do Pickle Remover

Ler máis...
 
Roto Surf Works estrea novo taller!
Luns, 17 Outubro 2011 00:05

A xente de Roto Surf Works xa está traballando de novo reparando pranchas de surf nas Rías Baixas no seu novo taller. Este ano tamén van arranxar as pranchas de foam de escolas grazas ás melloras no seu sistema de traballo. Podedes deixar o voso material pra reparar nas tendas que colaboran con eles: Waira, The Box, Novalbos ou As Surf Shop.

Ler máis...
 
Historia do Surf Galego - Orzán 1990
Luns, 17 Outubro 2011 00:00

Dende o blog de Jesús Busto copiamos e pegamos un poster dos primeiros campionatos de surf galegos celebrado na praia do Orzán en 1990 a primeiros de Outubro.Temos que destacar o traballo que fai no seu blog Desdelacroa no que podedes atopar interesantes artigos nos que fala das orixes do surf galego e os primeiros riders de Ferrolterra.

Ler máis...
 
Camaramar.com consolídase como unha das mellores web de previsión de ondas e vento
Luns, 19 Setembro 2011 15:24

A nova web www.camaramar.com en tan só 7 meses de vida consolidouse como unha boa ferramenta para todos os amantes do mar e non tan amantes, da costa Cantábrica e Atlántica da penísula ibérica. Primeiro traballaron en ofrecer predicións meteorolóxicas, mareas, tamaño de ondas, ventos, lúas, amenceres, atardeceres, temperatura ambiente, temperatura da auga ara 5 días e actualizandose cada 3 horas. Agora presentan un novo módulo para ver o estado das praias en tempo real, actualizandose cada 30min, onde nos ofrecen un rádar que nos indica xustamente as zonas de choiva, a humidade relativa, o vento, temperatura e o tempo.


Ler máis...
 
Bego Fouz presenta Aquaterrae en Coruña
Martes, 06 Setembro 2011 00:00

Hoxe aproveitamos pra presentarvos AquaTerrae, unha exposición de fotografía de Begoña Fouz, que podedes visitar dende primeiro de mes atá finais no Bar Maricastaña na cidade da Coruña. Bego Fouz presenta as súas mellores fotos de ondas e paisaxes galegas. Non podedes faltar!

Ler máis...
 
Stinky Tofu Surfboards abre tenda e obradoiro en Porto do Son
Luns, 05 Setembro 2011 00:00

Os riders do Barbanza están de noraboa xa que Stinky Tofu Surfboards ven de abrir o seu novo obradoiro e tenda en Xuño no Concello de Porto do Son. Alex Cancio, o shaper, publicou os seus agradecementos e bastantes fotos no seu blog que podedes visitar pra ver os últimos modelos de pranchas e coñecer o novo local de traballo.

Ler máis...
 
Os comezos das revistas de surf en GZ
Xoves, 25 Agosto 2011 00:00

Aquí tedes unhas imaxes da primeira revista de surf que enviou a un fotógrafo a facer unha reportaxe sufeira a Galicia. Foi en 1994 e o encargado da reportaxe, Javier Amezaga, percorreu a nosa costa afotando aos que serían os pioneiros do surf en moitos picos da nosa cosa, xente como Hugo Chas, Pedro Novalbos, Chico Torreiro, Kiko Sequeiro, Dani Souto e outros máis...

Artigo da revista de surf 3sesenta

Ler máis...
 
Billabong V1 - Neopreno pra Ondas Xigantes
Xoves, 11 Agosto 2011 00:00

En 2010 Shane Dorian tivo un dos piores wipeouts da súa vida e estivo a piques de morrer afogado. Depois desa dura experiencia tivo unha idea pra fabricar un neopreno que tivese un pequeno airbag que se pode encher de aire e subir ao rider ata superficie. Tedes toda a info no vídeo.

Ler máis...
 
Campaña de Apoio aos Shapers Locais!
Martes, 12 Xullo 2011 18:03

Surfmarket.org e SurfGZ.com lanzan hoxe esta campaña de apoio aos nosos shapers nestes tempos nos que as grandes marcas queren vender pranchas de fora a uns prezos altos. Mercar unha prancha de fora ten unha pegada de carbono moi elevada polo gasto en combustible no seu transporte. Asemade, os cartos do teu peto marchan pra fora a empresas que logo non invirten nas nosas praias nen nos nosos clubes. 

En Galiza temos un bo número de shapers locais que coñecen perfectamente as nosas ondas e saben como surfamos xa que nos ven na praia todos os días. Coñecen o noso peso e como colocamos as pernas cando estamos de pé na onda. Estes son os prinpicipais motivos polos que se vas comprar unha prancha nova, non dubides en contactar co teu shaper local e falar primeiro con el.

Seguro que consigues un prezo mellor e unha nova prancha máis adaptada ao teu nivel de surf.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 9 de 14

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: