Cultura
Green Fix supera o noso test de material
Martes, 01 Febreiro 2011 00:00

Despois de máis de 3 meses probando a paráfina ecolóxica Green Fix querémosvos recomendar o seu emprego nas vosas pranchas. Esta parafa ten moitas vantaxes que merecen ser resaltadas como por exemplo, que non se derrite ao sol, é 100% orgánica e non contamina a praia, e o máis importante é que agarra moi ben cando estás a surfar enriba da prancha.

GREEN FIX

Ler máis...
 
Boa acollida na rede de SurfMarket.org
Xoves, 02 Decembro 2010 09:47

Máis de 90 anuncios publicados en Surfmarket.org!

A nosa web irmá SurfMarket.org leva nos seus 30 primeiros días de vida unhas 3.000 visitas, 17.000 páxinas visitadas e 91 anuncios publicados por 73 usuarios rexistrados. Estes datos amosan o grande interés da xente da praia nesta web e demostran a utilidade desta ferramenta online.

Se queres comprar ou vender artigos de 2ª man, xa podes pasar por SurfMarket.org e ir pensando que lle vas pedir ao Reis este nadal.

Ler máis...
 
Resultados do Test de Material - Sorky Protection
Martes, 23 Novembro 2010 13:00

Despois de dous meses de test de material dos protectores Sorky-Protection publicamos este artigo onde recollemos as nosas impresións sobre este fabuloso e innovador sistema.

Os Sorky-Protection protexen completamente os oídos e non permiten o paso da auga. Tamén son cómodos e fáciles de colocar e retirar grazas a súa forma.

Ler máis...
 
Presentación de Iron Mountain Surfboards en Patos
Luns, 08 Novembro 2010 00:10

Co gallo da celebración do Campionato de Promesas na praia de Patos de hai dúas semanas, o shaper Román Díez fixo a presentación da súa marca de pranchas de surf Iron Mountain Surfboards con moito éxito e interese da xente que pasou pola súa carpa. Tamén temos que destacar a fichaxe de Manu Fernández como rider do seu equipo de competición.


Ler máis...
 
Test de Material: Green Fix - Parafina Ecolóxica
Xoves, 14 Outubro 2010 19:00

O noso terceiro test de material deste ano vai analizar a nova parafina ecolóxica de Green Fix, unha parafina de gama alta 100% natural e orgánica. Esta parafa xa foi probada en diferentes partes do planeta con moi bos resultados. Nós imos facer un test dobre probando a parafa en auga das Canarias e Galiza ao mesmo tempo. Logo publicaremos un artigo con comentarios sobre este novo producto que pode axudar a manter limpas as nosas praias.

Ler máis...
 
Roto Surf Works abre blog na rede!
Xoves, 14 Outubro 2010 00:00

Os amantes das reparacións de pranchas de surf están de noraboa xa que a xente de Roto Surf Works levan publicando dende hai un par de meses no seu novo blog diferentes xeitos de amañar pranchas partidas e seriamente dañadas. Neste blog tedes diferentes secuencias fotográficas de diferentes intres no proceso de reparación.

ROTO SURF WORKS

Ler máis...
 
Sorky Protection - Test de Material
Xoves, 23 Setembro 2010 00:00

SORKY PROTECTIONSorky-Protection é un novo sistema de protección para os teus oídos feito de silicona e unha membrana que permite o paso da presión e non ter perdas de equilibrio.

Este mes de outubro imos facer o noso segundo test de material probando este novo producto surfeiro de Sorky-Protection e logo publicaremos un artigo no que vos comentaremos as nosas impresións sobre este novo sistema de protección de oídos.

Ler máis...
 
As orixes do Surf Galego: Félix Cueto
Domingo, 22 Agosto 2010 00:00

Jesús Busto - De entre todos os protagonistas dos inicios do surf en Galiza, un asturiano, Félix Cueto, ten a honra de ser a primeira persoa, da que se ten constancia, que surfeou nas nosas augas. E iso, cunha das primeiras pranchas fabricadas no Estado, construída por el mesmo. A súa imaxinación e xovialidade foron fundamentais non só para a xerminación do surf na nosa comunidade, senón tamén na súa consolidación, ao arrastrar co seu entusiasmo a outros na práctica deste deporte.

Felix Cueto

Ler máis...
 
O Museo do Surf de Pukas estivo no ArtSurfCamp [VIDEO]
Luns, 19 Xullo 2010 00:00

A primeiros de xullo a xente de Pukas e Artsurfcamp organizaron unha mostra de pranchas de surf. Houbo pranchas vellas ata as máis modernas e tamén fixeron unha proxección de fotos e test na auga no que puideron gozar de multitude de sensacións que só provocan estas pranchas antigas.

Ler máis...
 
Lubas de plástico pra coller ondas!
Venres, 21 Maio 2010 00:00


Sordos Surf Waves - Os guantes de neopreno son para mellorar a remada e facela máis potente e rápida ao coller ondas, foron moi empregados polos surfeiros da década dos 80 e agora os bodyboards seguen usándoos.

Un deseñador xapones fixo uns guantes de silicona para os dedos dende o pulgar ata o meñique, con estas lubas podes mover as mans dun xeito máis lixeiro e ter máis forza na remada.

Ler máis...
 
Nova prancha de rescate con motor eléctrico!
Luns, 17 Maio 2010 07:00

Sordos Surf Waves - O deseñador Marco De Santi fixo unha táboa de rescate “TITUS” como prancha de surf para os socorristas ou salvavidas que saquen aos bañistas, esta prancha de surf con motor electrico ten catro aceleradores (dous diante e dous atrás), e dúas correas para atar á victima con mais seguridade e non necesita remos para chegar á praia. E o mellor vexas as fotos con detalles.

Ler máis...
 
Análise das ondas nas Rías Baixas 2006-2009
Luns, 17 Maio 2010 06:00

Hoxe publicamos unha información publicada no blog de Bodyboard Galego sobre a altura das ondas nas Rías Baixas dende xaneiro do 2006 ata decembro do  2009. Esta análise está feita cos datos das boias en alta mar e da os resultados do promedio semanal de altura, o promedio mensual de altura, comparando ano a ano e o promedio mensual de altura agregando os catro anos do estudo.

Ler máis...
 
Historia do Surf: Campelo
Venres, 07 Maio 2010 07:37

Jesús Busto -  O descubrimento de Campelo contado por Carlos Bremón e Jorge Imbert. Fotografa de Willy Uribe: Jorge Imbert entubándose no seu primeiro baño en Campelo. 1987.

Ler máis...
 
Nova Onda Artificial na India
Sábado, 01 Maio 2010 01:00

Eiquí tedes o xeito de transformar unha onda mala nunha excelente esquerda. Isto foi posíbel grazasa a colaboración entre o Goberno da India e a empresa ASR  Ltd. A onda foi rematada en febreiro de 2010. Alén do surf un dos obxetivos desta onda e reducir a erosión producida polas ondas na pequena vila de Kovalam. O reef tamén serve como habitat pra diferentes especies mariñas. 

Ler máis...
 
Adestrando en seco - Kako Garcia [VIDEO]
Mércores, 28 Abril 2010 01:00

Neste video tedes uns exercicios de balance e equilibrio grabado por Kako Garcia e os seus alumnos. En brevés publicará exercicios pra facer ben o floater.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 Seguinte > Final >>

Páxina 11 de 14

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: