Luns, 17 Maio 2010 07:00 |
Sordos Surf Waves - O deseñador Marco De Santi fixo unha táboa de rescate “TITUS” como prancha de surf para os socorristas ou salvavidas que saquen aos bañistas, esta prancha de surf con motor electrico ten catro aceleradores (dous diante e dous atrás), e dúas correas para atar á victima con mais seguridade e non necesita remos para chegar á praia. E o mellor vexas as fotos con detalles. 
|
Ler máis...
|
Luns, 17 Maio 2010 06:00 |
Hoxe publicamos unha información publicada no blog de Bodyboard Galego sobre a altura das ondas nas Rías Baixas dende xaneiro do 2006 ata decembro do 2009. Esta análise está feita cos datos das boias en alta mar e da os resultados do promedio semanal de altura, o promedio mensual de altura, comparando ano a ano e o promedio mensual de altura agregando os catro anos do estudo. 
|
Ler máis...
|
Venres, 07 Maio 2010 07:37 |
Jesús Busto - O descubrimento de Campelo contado por Carlos Bremón e Jorge Imbert. Fotografa de Willy Uribe: Jorge Imbert entubándose no seu primeiro baño en Campelo. 1987. 
|
Ler máis...
|
Sábado, 01 Maio 2010 01:00 |
Eiquí tedes o xeito de transformar unha onda mala nunha excelente esquerda. Isto foi posíbel grazasa a colaboración entre o Goberno da India e a empresa ASR Ltd. A onda foi rematada en febreiro de 2010. Alén do surf un dos obxetivos desta onda e reducir a erosión producida polas ondas na pequena vila de Kovalam. O reef tamén serve como habitat pra diferentes especies mariñas.
|
Ler máis...
|
Mércores, 28 Abril 2010 01:00 |
Neste video tedes uns exercicios de balance e equilibrio grabado por Kako Garcia e os seus alumnos. En brevés publicará exercicios pra facer ben o floater.
|
Ler máis...
|
Sábado, 10 Abril 2010 01:00 |
Despois de 2 meses de probas con este interesante candado surfeiro Surf Lock, publicamos esta nova pra darvos a coñecer as nosas impresións sobre este trebello. O candado é cómodo de levar, de abrir, de colocar e de fechar. Unha vez aparco o miña furgo o primeiro que fago e sacar as chaves do contacto e collo o candado. Vou pra parte dianteira e xa coloco o candado debaixo da defensa, no lugar que ten a furgo pra engancha-lo guindastre. 
|
Ler máis...
|
Martes, 16 Marzo 2010 01:00 |
CostaSurf.com - Apresentado un novo concurso de "pilotos" de series web organizado por Nikodemo.tv, a Web Series Festival, e grazas a esa colaboración poderás gañar un premio de 3000€ si a túa obra resulta premiada máis 1000€ en material, todo iso como dotación do recien creado Premio Quiksilver que galardón ao mellor episodio de temática relacionada co board riding (surf, snow, skate).
|
Ler máis...
|
Luns, 15 Marzo 2010 01:00 |

Recibimos a noticia dun obradoiro de shape impartido por Daniel Puga "SEFÓN" en Lanzarote. Estes cursos de shape son de nivel básico, o curso vai dirixido a todas aquelas persoas que estean interesados en aprender a facer pranchas de surf. O curso é de 25 horas, 4 persoas por grupo e todo o material está incluido...
|
Ler máis...
|
Mércores, 10 Marzo 2010 01:00 |
Impartido por Willy Uribe, este obradoiro de fotografía de surf nace sen espírito académico algún e coa premisa de aprender e compartir experiencias dun modo entretido.
Non será un curso para aprender sobre tratamento de imaxe e complicados procesos RAW, senón un espazo práctico onde se compartirán máis de 25 anos de experiencia na fotografía de surf. O Obradoiro ten unha duración de 4 días e custa 300 euros e o número de alumnos de cada obradoiro será de dúas persoas. |
Ler máis...
|
Mércores, 03 Marzo 2010 01:00 |
Apresentámosvos neste artigo o candado máis surfeiro, chámase SurfLock e evita ter que agochar as chaves na roda ou debaixo dunha rocha ó carón do noso carro. Este é o primeiro test de material feito na web e imos publicar dous artigos sobre este interesante trebello. Este é o primeiro artigo de presentación e publicaremos outro máis ao remate do test dentro de oito semanas comentando a nosa expericiencia. |
Ler máis...
|
Venres, 19 Febreiro 2010 01:00 |
Desde la Croa - Un día na casa, revolvendo nuns caixóns, atopei unha foto que automaticamente fixo que me viñesen á cabeza mogollón de recordos e sensacións. A foto era do mítico “O Camallón”, no Orzán, A Coruña. 
|
Ler máis...
|
Domingo, 03 Xaneiro 2010 01:00 |
Desde a Croa - O estendido da parafina sobre a prancha, ademais do seu claro carácter práctico, supón un dos rituais propios do mundo do surf. Este ritual, previo á entrada á auga, e coa vista posta na rompiente, adoita prolongarse máis e máis en función do grandes que sexan as ondas. O movemento rítmico do brazo deslizando a pastilla de parafina, a concentración dese momento, convértese no prólogo á entrada noutro mundo. O do mar e as súas ondas. 
|
Ler máis...
|
Mércores, 14 Outubro 2009 01:00 |
Meteogalicia.es ven de renovar a súa web de info metereolóxica e subir novas funcionalidades para facela máis interactiva. Agora podes editar a info da portada e personalizala segundo o lugar onde vivas. En SurfGZ xa incorporamos a previsión do tempo, a imaxe do satélite e a previsión de ondas na portada para que sempre esteas informado do que vai vir.

Preme nesta ligazón ou na imaxe para visitar MeteoGalicia.es
|
Venres, 02 Outubro 2009 09:41 |
No blog de OgrobeSurfing atopamos esta fermosa estampa da praia da Lanzada nos anos 60/70. Natureza virxe e praias salvaxes que moitos de nós non puidemos coñecer. Se tedes fotos antigas de praias galegas, enviademas e serán publicadas na web. 
Foto: Daniel Domínguez Iglesias e a foi sacada a mediados dos 70
|
Domingo, 27 Setembro 2009 16:51 |
Desde la Croa - Habendo outras praias mellor comunicadas e máis populares, sen dúbida máis dun preguntouse algunha vez, por que organizar unha proba do circuíto mundial en Pantín?.

O impulso orixinario naceu fai 22 anos, cando o surf, xa enraizado como deporte en Galiza era unha pequena criatura en crecemento. En 1987 non existía ningún clube, ningunha tenda e menos un campionato relacionado co noso deporte. Foi así como, coa idea de cubrir este baleiro, nacían case ao unísono o Océano Surf Clube, a tenda Aquasurf e o Pantín Classic, este último cun reto: organizar un evento que se puidese equiparar ao que por aquel entón xa existía en Francia, California, Australia ou Hawai. Ondas non nos faltaban.
|
Ler máis...
|
|