Cultura
Nova moto de auga eléctrica!
Xoves, 04 Xuño 2009 11:56

Xa chegou a primeira moto acuática que funciona con batería grazas empresa americana EcoWatercraft que deseñou o proxecto de moto acuática con enerxía eléctrica máis ecolóxica e medioambiente que utiliza 100% da enerxía eléctrica para navegar sen contaminación nin ruído, nin fume ademais non necesita gasolina e dura como máximo 3 horas cunha carga completa de batería e unha velocidade maxima duns 80 por horas.

Ler máis...
 
Aire de emerxencia para surf extremo
Venres, 22 Maio 2009 13:17

Algúns surfeiros non teñen capacidade para respirar mais dun minuto debaixo da auga, xa sabedes que non somos peixes pero este dispositivo con forma de disco de aire de emerxencia de seguridade axudarache a respirar até cinco minutos, este dispositivo vai colocado no peito pegado ao neopreno como atado e non se perde cando caes ou quedas atrapado nas ondas; se non aguantas mais dun minuto de respirar debaixo da auga pois pos unha parte do dispositivo na boca con tranquilidade e a respirar até cinco minutos se non vén as ondas así sobes cara á auga e xa poderás respirar o aire sen dispositivo.

 
Ler máis...
 
22 anos do Oceano Surf Clube
Martes, 05 Maio 2009 16:02

DesdelaCroa - No ano 1959 o millonario peruano Carlos Dogny funda o Waikiki Surf Club en Lima, Perú. O 4 de outubro de 1959 sae del a idea de crear o primeiro club de surf en Europa, o Waikiki de Biarritz. En Galicia o primeiro club de surf créase en novembro de 1.987. Vicente Irisarri, Carlos Bremón, Gonzalo Varro, Carmen Aguilar e Fernando Montalvo, foron entre outros, os que decidiron polo en marcha. Nacía o Océano Surf Club.


Ler máis...
 
O comezo do surf en Galiza
Martes, 14 Abril 2009 10:13
 
Felix Cueto, 1963.

Jesús Busto - Antes de 1967 en Galicia xa xogabamos coas ondas. O deslizamiento xa se practicaba nas nosas costas antes da aparición do surf. Pódese dicir que case desde o principio dos tempos os pescadores utilizaron as ondas para entrar en porto os días de temporal. Non é iso surfear? Máis tarde, xa a principios do século XX, os bañistas apuntáronse a nadar nas ondas. Aparecían tamén neses anos os primeiros dispositivos para mellorar o deslizamiento corporal. Despois chegarían as táboas.

Ler máis...
 
Hábitos de consumo no mundo do surf
Mércores, 25 Marzo 2009 13:14

O EuroSIMA Cluster realizou durante os pasados meses de Agosto e Setembro do 2008 (en colaboración coa axencia ARCANE Institut) un estudo de tendencias de consumo de material de deporte de auga (surf/skate/snowboard) baseado nunha mostra representativa de 4.200 persoas entre 15 e 35 anos en sete países Europeos (Francia, Alemaña, Italia, Portugal, España, Suíza, e o Reino Unido).

Ler máis...
 
Un pouco de historia: Campionato de Pantín 1999
Xoves, 19 Marzo 2009 11:45

Eiquí tedes outro video do campionato do mundo de hai 10 anos na praia de Pantín.

Ler máis...
 
Valdoviño 1998
Venres, 13 Marzo 2009 21:10

Atopamos este video no Youtube dunha sesión en Valdoviño e Campelo no ano 1998 e non está nada mal. Boas ondas e boa música. Disfrutadeo!

Ler máis...
 
Aberto o Concurso de Curtos de Surf: SURFILM FESTIBAL 2009
Venres, 06 Marzo 2009 18:25

Xa podes correr a pillar a túa cámara de vídeo, agarra as túas vellas gravacións de surfaris, de paellas familiares, das comunións da túa curmá pequena, fragmentos de falsos docus de Felix Rodríguez de la Fuente, e con todo isto equitación e envíanos o teu súper curto!!

Sabemos que hai un gran director dentro de ti, mil ideas roldan a túa cabeza móntache o teu vídeo de surf e faiche famoso!! O ano pasado -a primeira edición- foi todo un éxito e alegrounos saber que existe unha pequena escena local, con ganas de facer cousas e un público que quere ver as súas ondas na gran pantalla. Sabemos que a xente está xa maquinando as súas propostas para o festi deste ano e cremos que o nivel vai ser aínda mellor; despois de todo din que en época de crise é cando xorden as mellores ideas.

Ler máis...
 
Afotando dende o ceo!
Mércores, 25 Febreiro 2009 17:56

Dende o web de Buenas Olas chega esta nova dun novo xeito de sacar fotos e videos dende o ceo sen ter que contratar un helicóptero. A fotografía aérea para surf non é nada novo, moitas das imaxes e vídeos que vemos e sesións grandes de tow-in, campionatos como Eddie Aikau, etc. fanse desde helicópteros, pero non se poden achegar moito polo consecuente perigo e molestias aos surfeiros.

Ler máis...
 
Proxecto Alaia: o surf antigo volta as praias
Mércores, 28 Xaneiro 2009 13:33

Seica o surf en alaia, antigo xeito hawaiiano de surfear está regresando ás costas de Australia e California. Neste vídeo publicado ai uns días mírase ben a dificultade de surfear con este tipo de prancha.

Ler máis...
 
Recuperar a cor da nosa costa
Mércores, 28 Xaneiro 2009 13:16

Pintar as casas dunha vila marítima con cores rechamantes. Azul, vermello, amarelo, verde... Nun tempo no que o concepto de feísmo está a introducirse con forza no imaxinario galego, a proposta pode semellar estraña. No entanto, o proxecto, creado polo artista César Lombera, está en vías de se facer realidade. Os veciños de Cabo de Cruz, en Boiro, xa acolleron positivamente esta proposta que recupera a policromía tradicional da nosa costa.

Ler máis...
 
O quecemento dos océanos creará “zonas mortas”
Martes, 27 Xaneiro 2009 13:38

image

O Quecemento Global está a afectar gravemente á vida dos océanos. Dous estudos déronse a coñecer hoxe nos cales implican a súbaa da temperatura global e ao cambio climático asociado tanto no perigo de desaparición dos arrecifes de coral como aparición de zonas mortas no océano.

Os arrecifes de coral son moi importantes xa que albergan o equivalente a unha selva tropical no océano, ou sexa rexións onde a biodiversidade está no seu tope, e hai innumerables especies animais e vexetais que dependen deles.

Ler máis...
 
Xornadas sobre o Medio Mariño en Ferrol
Domingo, 18 Xaneiro 2009 12:52

A Sociedade Galega de historia Natural presenta unha xornadas sobre o medio mariño que se van celebrar en Ferrol durante o mes de Febreiro no salón de actos do Ateneo Ferrolán. Estas xornadas presentan diferentes actos como por exemplo:

- Exposicións fotográficas.

- Presentación de videos.

- Conferencias sobre o estado da Ría de Ferrol e a vida mariña.

 Dende SurfGZ animamos a xente a pasar por estas xornadas pra coñecer mellor o estado actual da nosa costa.

Ler máis...
 
A Memoria do Mar
Martes, 23 Decembro 2008 19:46
 
Eiquí tedes A Memoria do Mar un novo proxecto de dixitalización de fotografías sobre o mar e as súas xentes.  A cultura marítima galega é, sen dúbida unha das máis ricas de Europa. Nela converxen tanto o saber máis tradicional, onde a pesca, o marisqueo e a cabotaxe costeira conforman os seus principais alicerces, como as vinculacións marítimas con outros pobos e as navegacións transoceánicas. 
Ler máis...
 
Surf & Arte en Ferrol - Entrevista con Juan Carlos Domínguez
Martes, 02 Decembro 2008 15:17

Juan Carlos Dominguez é un pintor canario que leva dende finais dos anos 90 anos vivindo na comarca de Ferrolterra onde surfea e pinta o mar galego. El naceu nas Palmas de Gran Canaria fai uns 40 anos. Comeza o seu andadura pictorica aos 9 anos de idade animado pola escola Lujan Perez. Durante a súa infancia pinta por lecer e cada vez engánchase máis a pintar, chegando a ser case unha necesidade a partir da súa mocidade.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 Seguinte > Final >>

Páxina 13 de 14


Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: