Cultura
Laminando con color
Martes, 25 Novembro 2008 13:33

Comezamos unha nova xeira de artigos sobre fabricación de tablas de surf cun video de laminación con color feito por Lulen dende a factoría de AHAU.

 

 
Linguaxe surfeiro de sordos
Mércores, 05 Novembro 2008 18:11

Hai moitos sordos ou aficionados ao surf que no saben a linguaxe de signos sobre surf. Atopei no blog de Sordossurfwaves.blogspot.com iste debuxo e pareceume moi interesante. O debuxo foi feito por un australiano Gasch Gaschk que é surfeiro e sordo; é aficionado a debuxar.

Nel podes mirar 3 signos diferentes segundo a práctica deportiva; surfing, bodyboard e tablón.

Ler máis...
 
Historia do Surf Galego
Martes, 04 Novembro 2008 18:23

Willy Uribe - En 1990, cando a revista Marejada Surf aínda tiña algo de pulso, solicitei a Carlos Bremón, pioneiro do surf galego, que escribise un texto sobre os seus comezos no surf. Eu sabía que ese texto sería unha descrición da orixe do surf en Galicia, e así foi. Pero o caso é que o texto de Carlos, escrito con elegancia e a máquina nuns folios xa un pouco amarelos, pasou ao meu arquivo... e alí estivo até hoxe mesmo. Transcribo o texto de Carlos tal e como el escribiuno. Creo que é unha pequena xoia da historia do noso surf.

Fará xa dezanove anos no próximo verán, cando un asturiano estudante de Náutica, Félix Cueto, trouxo por primeira vez unha táboa a Galicia, á Coruña. Eu, que por aquel entón traballaba nun banco, tiña un compañeiro que empezou a falarme do entusiasmado que estaba cun novo deporte chamado surf. Díxome que coñecía a unha persoa que vivira en Venezuela e que se trouxo de alí unha táboa de surf, que entón repousaba na escuridade dun garaxe. Podemos pedirlla e probar. ¿Que che parece? A circunstancia de que eu fose un bo nadador creo que foi a decisión para elixirme como compañeiro de viaxe.

Ler máis...
 
O surf e o ximnasio, camiños paralelos?
Sábado, 25 Outubro 2008 21:15
O principal no mundo do surf é ter unha boa forma física. E nela, o fundamental é o que se chama resistencia. A resistencia fai que poidamos ter a capacidade de estar no auga sen nos cansar.
 
Pero, ¿Que ocorre cando temos que remar para coller unha onda? Nese caso o que precisamos é de potencia. A potencia o que fai é darnos a forza precisa para facer algo nun momento dado. Por exemplo, a resistencia fainos estar na auga remando e a potencia fainos apurar a remada no momento de ir facer o take off.

Hai moita xente que soe ir a ximnasios na procura dunha boa forma física, ademais de practicar o seu deporte preferido. É un bo xeito de compaxinar o deporte e tamén podemos evitar o mais temido: as lesións. Canto mais preparados esteamos fisicamente, menos posibilidades temos de lesionarnos.
Ler máis...
 
Canto diñeiro valen as ondas? Canto custa Mundaka?
Mércores, 01 Outubro 2008 12:53
As ondas de calidade teñen un enorme valor social e económico que é a miúdo subestimada polos dirixentes políticos e empresarios. A industria de surf representa vendas anuais de 8 mil millóns de dólares ao ano. O que unha vez foi considerado un deporte para vagos converteuse nunha importante industria.

Ler máis...
 
En perigo os mamíferos mariños pola contaminación acústica dos océanos
Mércores, 17 Setembro 2008 09:48

A IFAW fai un chamamento para unha acción internacional urxente contra o ruído nos océanos.

A actual contaminación acústica dos océanos do mundo considera unha ameaza tan seria para os animais marítimos que unha acción internacional urxente debe ser tomada para responder a esta ameaza, segundo un informe alarmante de IFAW.

O informe, Ruído do Océano ( .pdf en inglés): avísanos dun crecente ruído artificial no mar - en particular producido por barcos, radares ultrasónicos e revisións sísmicas - interfire coa comunicación dos mamíferos marítimos, dramaticamente trocando o seu comportamento e perxudicando a súa saúde e ata matando a algunhas baleas e golfiños.

Ler máis...
 
As orixes do surfing
Mércores, 10 Setembro 2008 16:19

No ano 1778, o capitán Cook e os seus barcos, o HMS Discovery e o Resolution, fixeron a primeira visita rexistrada de europeos ás illas de Hawaii. Eles detiveronse na illa máis occidental no seu camiño dende Tahiti cara a costa oeste de Norte América.

Despois de fracasar no seu intento de atopar unha canle que comunicase o pacífico norte e o atlántico, Cook levou os seus barcos ao arquipélago das Hawaii e parou na illa máis grande. alí, na bahía Kealakekua, o capitan Cook atopou a morte cando tentou secuestrar ao xefe local pra forzar a devolución dun barco roubado.

Ler máis...
 
O nível do mar subirá 35 cm a mediados de século na Galiza por mor da mudanza climática
Mércores, 03 Setembro 2008 17:37
Os últimos estudos sitúan a costa galega, para o ano 2050, entre as máis afectadas pola suba do nível do mar e o aumento da enerxía da ondada debidos á mudanza climática.

Os efectos da mudanza climática na costa galega céntranse principalmente no aumento da cota de inundación que chegará a 35 cm a mediados de século (como se pode observar na imaxe) e no aumento da enerxía da ondada. Estas previsións recentes do Ministerio de Medio Ambiente amosan un panorama máis aveso cós anteriores que fixaban en 50 cm o aumento do nível do mar máis probábel na Península Ibérica para finais de século.

Ler máis...
 
Fazendo Reef Artificiais
Mércores, 27 Agosto 2008 21:47

Hoxe en día por mor da crecente presión urbanística nas nosas costas existen certas partes da costa europea onde a masificación surfeira é evidente. Na nosa Terra temos o exemplo de Patos onde un Domingo con boas ondas podémonos atopar con máis de 200 surfeiro/as na procura de ondas perfectas.

Se isto segue a medrar así nuns cantos anos a saturación producida vai dar tanto noxo que o surf perderá o seu valor máis importante, a sensación de liberdade e independencia que produce a súa práctica. Un xeito de potenciar o surfing na Galiza, e na Europa, sería a fabricación de reef artificiais en praias cunha ondaxe forte que sempre rompe en barra, tamén conhecido coma "cerrojo".

Nesta reportaxe podes aprender como montar un reef artificial, sempre que tenhas os cartos necesarios. Mais entre todos e todas poderiámolo acadar. Que tal estaría ter un Pipeline en Samil???

Ler máis...
 
Clima máis quente. Auga máis fría.
Mércores, 27 Agosto 2008 21:12
Tony Butt explica neste artigo como interactúa a corrente do Golfo nas nosas vidas e que trocos nos pode ocasionar o quecemento global da Terra.

No filme The Day After Tomorrow unha xeira de eventos catastróficos sucédense como consecuencia do quecemento global do planeta; a atmosfera arrefría nuns segundos centos de graos, aparecen enormes tormentas e fortes xeadas, o hemisferio norte parece vivir outra Era de Xeo. Todo isto por mor do arrefriamento dunha parte crucial do sistema océano-atmosfera no Atlántico Norte. Aínda que a película parece unha tolemia, a idea en que está baseada non o é tanto. Numerosos científicos climáticos están a estudar esta posibilidade. Semella que un incremento de auga doce no Atlántico Norte por mor do quecemento global pode interferir co fluxo natural da auga quente a altas latitudes, arrefriando o fluxo dun xeito considerábel.

O clima no norte de Europa é abondo máis quente ca na mesma latitude da outra beira do océano, e por iso aínda se pode surfear no inverno en Irlanda, Gales, Escocia, Inglaterra e Noruega. Por mor deste constante movemento de auga quente a través do océano, a Corrente do Golfo. Sen esta corrente moitos spots surfeiros estarían xeados todo o inverno. Con todo isto quero salientar a importancia do movemento das correntes mariñas non só polo seu efecto nas temperaturas da auga superficial senón pola súa importacia en todo o funcionamento do noso planeta.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 Seguinte > Final >>

Páxina 14 de 14

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: