Cultura
Cinema de Surf na Coruña o 11 de Xullo
Venres, 03 Xullo 2015 08:45


O vindeiro sábado 11 de Xullo podedes asistir á proxección na cidade da Coruña de dous interesantes documentais de surf, "A primeira onda" de Pedro Temboury, e "O fillo do pescador", a película de Chris Malloy sobre Ramón Navarro e a onda de Punta Lobos en Chile. A cita será ás 22:30 horas na cúpula do Matadero e o evento pertence ao Surfilm Festibal que este ano vai presentar estes films tamén en Mundaka, Madrid e Santander.

Ler máis...
 
Presentada a II Mostra de Cine de Surf da Praia de Pantín
Venres, 08 Maio 2015 15:18

Adc Xisto Praia de Pantín - Tralo éxito acadado na pasada edición 2014, vémonos motivados e, en certo modo, “obrigados” a realizar esta II Mostra de Cine de Surf da Praia de Pantín. O pasado ano adicamos as xornadas a desfrutar cos traballos de diferentes directores locais, nacionais e internacionais. As películas de Samuel NorthCoast amosando a actualidade do noso surf, e o seu documental sobre os principais fotógrafos de surf que desenvolven o seu traballo en Galicia, foi un dos grandes éxitos desta primeira mostra.

Tamén tivemos a oportunidade de ver importantes estreos, como o traballo de Andreas Jaritz “The Old, the Young and the Sea” que foi proxectada en Pantín a semana anterior a ser estreada no Festival de Cine de Surf de Santa Mónica, en California. Cos irmáns Joaquín e Julian Azulay (Gauchos del Mar) visitamos a costa pacífica de América e as marabillosas paisaxes de A Patagonia; e con Igor Bellido fomos de viaxe ata as lonxanas costas de Xapón, Filipinas e Taiwan. Jesús Busto presentounos o seu traballo sobre a II edición do campionato “Onda Longa”, e que dicir de Kepa Acero e “Gallo” que deixaron aos asitentes cos ollos abertos, pasmados polas experiencias personais e viaxes destes dous surfers eúskaros.

Ler máis...
 
Limpeza Praia de Arda - Sábado 21 de Marzo
Martes, 17 Marzo 2015 08:02

Comezan as limpezas de praia das Iniciativas Oeánicas 2015 coa chamada pra limpar a praia de Arda no norte de Portugal e organizada pola Moving Up & Friends a realizar no dia 21 de Marzo a partires das 15:00 horas. Estamos xuntos, por unha praia limpa!

Ler máis...
 
Willy surfeando no Orzán en 1976 [VIDEO]
Martes, 03 Febreiro 2015 00:00

Excelente documento gráfico dunha sesión de surf na baixa do Matadero na praia do Orzán en 1976 con Willy, un rider de Nova Celandia que estivo nesa época por Galicia con toda a súa familia durante varios anos. Un video de Desdelacroa.

Ler máis...
 
Camaramar.com presenta a súa nova App
Martes, 02 Decembro 2014 09:40

Xa te podes descargar de balde a nova versión BETA de Camaramar de probas da súa aplicación para Android en Google Play e deste xeito estar informado das previsións na túa praia local e poder preparar millor os teus surfaris pola costa.

Camaramar é unha web xestioda polo rider de Ribeira, Manuel del Río, na que podes ver as mareas, imaxes en directo de varias praias galegas e cantábricas, as previsións para os vindeiros días e tamén info importante das diferentes praias con recomendacións pra durmir e comer.

Podes descargar a aplicación en:

https://play.google.com/store/apps/details?id=com.app.camaramar

Ler máis...
 
Patos 1977 [VIDEO]
Xoves, 20 Novembro 2014 09:06

Vídeo histórico dunha sesion na praia de Patos en 1977 publicada esta semana por Desdelacroa, un blog xestionado por Jesús Busto, o mellor historiador do surf galego da nosa terra e que pasa moito tempo buscando fotos e protagonistas dos primeiros surfeiros das nosas praias.

Ler máis...
 
Honey Surfboards estrea nova web!
Venres, 14 Novembro 2014 09:47

Honey Surfboards, marca galega de pranchas de surf, estrea a súa nova web despois de varios meses de traballo co seu catálogo de evolutivas, minimalibús, longboard, fish, retro fish e shortboards a bo prezo e con unha excelente calidade.

Pouco a pouco este proxecto vai collendo xeito e xa están a recibir os primeiros pedidos e encargos dende diferentes partes da península xa que son perfectas para xente que busque a súa primeira prancha ou un modelo con shape clásico e funcional.

Ler máis...
 
Iron Mountain Surfboards estrea a súa nova Web!
Luns, 13 Outubro 2014 08:33

Xa podedes visitar a nova web de Iron Mountain Surfboards que presenta bastantes novidades como info sobre a súa historia, unha tenda online, info do equipo e unha sección de vídeo.

No seu blog atoparás info sobre os novos modelos entregados e artigos interesantes de Román sobre o longboard e a súa cultura.

Ler máis...
 
Temos augas tropicais na costa Galega?
Luns, 29 Setembro 2014 00:00

Este ano estamos a ter na costa galega a auga máis quente das últimas décadas superando nas Rías Baixas os 21ºC grados e polo tanto ideal pra surfear con bañador e licra. Debaixo podedes ver unha imaxe a tempo real da temperatura do Océano Atlántico no que se mostra en cores o quente que está a auga na costa europea.

Ler máis...
 
Northcore presenta un colgador magnetico para neoprenos e coches!
Venres, 26 Setembro 2014 13:23

Northcore presenta un innovador colgador con imán pra colgar os neoprenos no portón traseiro do coche. O imán está recuberto de silicona negra para non dañar a carrocería do coche ou furgoneta. Unha grande idea pra facilitar o secado dos neoprenos sen estropear o coche.

Disponible en Surfmarket.org por 18€ + gastos de envío.

Ler máis...
 
Festival Marea Alta - A Coruña do 16 ao 21 de Setembro
Luns, 15 Setembro 2014 00:00

FESTIVAL MAREA ALTA

Esta semana arranca na cidade da Coruña o Festival Marea Alta, un encontro artístico, educativo e lúdico de celebración e preservación do mar, que vai celebrar a súa primeira edición. Marea Alta é un encontro internacional arredor do mundo mariño que quere celebrar a importancia dos océanos como fonte de riqueza e recurso natural imprescindíbel. Ademais, procura concienciar a institucións, empresas e cidadanía da necesidade da preservación do ecosistema mariño para garantir a súa sostibilidade.

O Festival Marea Alta é un evento internacional e multidisciplinar que resalta a relevancia dos océanos na nosa vida cotiá e no que diversos creadores e expertos nos amosarán os últimos avances e creacións en campos tan apaixonantes como a pesca sostíbel, o fotoxornalismo, a gastronomía, a reciclaxe mariña, etc. Neste evento podedes visitar exposicións, obradoiros, proxeccións, encontros con artistas, científicos e representantes do sector industrial, debates, charlas e contacontos mercado, e actividades gastronómicas relacionadas coa contorna mariña.

Ler máis...
 
Nova webcam na praia de Aguieira grazas a Camaramar.com
Luns, 18 Agosto 2014 00:00

Comezamos a semana cunha boa nova para os que facedes moitos kilómetros todos os meses xa que grazas ao traballo de Camaramar.com, o portal de previsións e surfcams máis importante da nosa costa, acaba de presentar unha nova surfcam na praia de Aguieira. Deste xeito podemos ver as condicións nun novo spot a tempo real e aforrar desprazamentos innecesarios.

Ler máis...
 
Camaramar.com presenta unha nova webcam en Foxos
Xoves, 24 Xullo 2014 09:04

Xa temos unha nova surfcam nas Rías Baixas na praia de Foxos grazas ao traballo do equipo de Camaramar.com, a mellor web de previsións e imaxes de praias a tempo real con moi boa calidade. Unha vez máis temos unha nova referencia antes de realizar os desprazamentos e gastar gasolina innecesariamente e perder o tempo.

Ler máis...
 
Camaramar.com presenta unha nova webcam en Bastiagueiro
Luns, 30 Xuño 2014 22:16

Bos días Bastiagueiro!! Dende o día de onte xa podedes desfrutar da vista en directo da mítica praia de Bastiagueiro en Oleiros grazas ao traballo de Camaramar.com, EGAsurf e RAZ. A nova surfcam está todavía en probas pero xa funciona. Grazas a esta tecnoloxía podemos estar informados sobre o estado do mar a tempo real e aforrar tempo e gasolina en desprazamentos innecesarios.

Ler máis...
 
Crab Surfboard Open Days - 23 e 24 de Maio
Luns, 19 Maio 2014 20:32

crab surfboards

Crab SurfBoards fai a súa presentación oficial nas canles dixitais inaugurando a súa nova web: www.crabsurfboards.com e as súas canles sociais no Facebook: facebook.com/crabsb e Instagram: instagram.com/crabsurfboards.

Na nova web poderás seguir toda a traxectoria da marca e ver os seus modelos, encargar a túa propia táboa custom ou coñecer toda a actualidade da marca e sesións da CrabSurfboards Crew na auga a través da súa blog. Por suposto poderás estar en contacto inmediato a través das súas canles nas redes sociais onde se fan eco de todas as súas publicacións.

Jason Flanagan shapeando

Coincidindo co lanzamento das súas canles dixitais e englobado na xira de Shaping Tour de Flanagan, tráennos a Jason en exclusiva para toda España do 22 ao 29 de Maio. Flano, estará eses días shapeando no taller de Crab Surfboards táboas para todos os afortunados que soliciten unha táboa feita polo mesmo durante eses días ou que sinxelamente se queiran pasar a ver como traballa un shaper desta categoría.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 5 de 14

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: