Cultura
Xa temos o longueirón amañado grazas a Iron Mountain!
Martes, 28 Maio 2013 19:31

Quero aproveitar este post pra lle dar as grazas a Román Díez, shaper de Iron Mountain, pola rapidez e o gran traballo de reparación feito no novo longueirón que partín no seu cuarto baño nunha das últimas grandes sesións no Pico de Patos. Foi mala sorte partir un long o derradeiro día potente da tempada pero xa está solucionado. Moitas grazas mestre!!

Ler máis...
 
SurfMarket.org lanza un novo Directorio de Ondas
Domingo, 05 Maio 2013 12:29

Surfmarket.org ven de lanzar un Directorio de Ondas que sirva como Guía de Ondas e Praias onde facer surf. Despois de varios meses de traballo en colaboración con varios blogueiros, escolas e fotógrafos da nosa costa como José Morandeira, Jesús Busto, Fotosplino, Oti Fernández, Yago Chamorro, Benito Oliveira, Julián Fotosurf, Prado Surf Escola, Iron Mountain, Kike Aradas e Pantín Surf Camp xa contamos con 46 spots de surf en Galicia.

Ler máis...
 
Curso de Oceanografía Nivel 2 en San Ciprián
Martes, 30 Abril 2013 19:29

Se estades interesados en mellorar os vosos coñecementos sobre o mare podedes asistir a este novo 'Curso de oceanografía aplicado ao surf' organizado polo Limosa Surf Clube en San Ciprián o vindeiro 11 de Maio na Casa da Cultura. Podedes apuntarvos en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou no 687286419.

Ler máis...
 
Surfmarket.org estrea nova imaxe web!
Luns, 15 Abril 2013 00:00

Surfmarket.org ven de renovar completamente a imaxe da súa web cun novo logo e unha web + moderna e adaptada aos teléfonos e tablets. Esta web galega de material de surf novo e de segunda man xa superou os 1.000 usuarios rexistrados na súa web e os 1.000 anuncios publicados. Nas Redes Sociais non para de crecer superando os 2.000 followers no Twitter e o milleiro de seareiros no Facebook. Tamén están a facer un bo traballo no Pinterest ofrecendo un exemplo a seguir neste nova rede social moi de moda nos Estados Unidos.

surf segunda mano

Ler máis...
 
Curso de Oceanografía impartido por Tony Butt en San Ciprián
Domingo, 17 Marzo 2013 19:32

O vindeiro día 20 de Abril podedes asistir como alumnos do Curso de Oceanografía impartido por Tony Butt en San Ciprián  e organizado polo Limosa Surf Clube. Prazas Limitadas. + info en: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou no teléfono 687286419.

tony buttt

Podes deixar o teu comentario en:

{fcomment}

 
Historia do Surf Galego: Doniños a finais dos 90 [VIDEO]
Luns, 04 Marzo 2013 00:00

Velaquí tedes un novo vídeo de arquivo con imaxes da praia de Doniños a finais dos anos 90 con Pablo Romero "Occy" e outros riders locais. Máis de oito minutos de historia do surf galego en Ferrolterra. Vídeo de Mitxel Produzioak.

Ler máis...
 
Crónicas de Monteferro 1994 [VIDEO]
Luns, 25 Febreiro 2013 00:00

Velaquí vai un vídeo con imaxes de 1994 gravadas na praia de Patos e na esquerda de Monteferro e subido por Novalbos Surf Shop. No vídeo aparecen míticos riders da Ría de Vigo como Gus Piñón, Luís Gayoso, Ángel Pozas, Marcos 'el negro', Rafa Rey, Carlos Gonzáles e o famoso shaper galego Kike Frus que xa eran veteranos do mundo surfeiro daquela. Tamén aparece Ullman, un novato naqueles tempos, mais agora con 20 anos de surf no seu lombo, surfando as súas primeiras ondas e wipeouts.

Ler máis...
 
Xa te podes inscribir no Surfilm Festibal 2013
Venres, 22 Febreiro 2013 00:00

Xa está aberto o prazo de inscripción de Surfilmfestibal 2013 que vai ter lugar en Donostia o vindeiro mes de Xuño. Despois de 11 anos de Festibal queren apoiar aos novos talentos e achegar ao público os novos traballos sobre o mundo do surf. O prazo para enviar aas películas finaliza o 1 de Abril 2013. Formatos: Largometraxes (+40 min.), medio metraxes (hasta 40 min.), curtos, webisodes, virales. Todos os formatos son válidos mentras sexa unha historia potente, e sea un estreo.

Ler máis...
 
Un pouco de historia: ano 2002 [VIDEO]
Venres, 01 Febreiro 2013 00:46

Corría o ano 2002, Gony acababa de proclamarse campión de mundo de surf junior en Australia e realizábase este capítulo piloto de serie documental para RTVG. Realizado por Sebastián Coto, nel podemos ver a Gony Zubizarreta, José Invernón, Esther López e Piti entre outros, explicando os detalles de deportes como o Surf, Skate e Augas Bravas.
Ler máis...
 
Glasseando con Zorlak Surfboards
Venres, 14 Decembro 2012 12:01

Novo vídeo de Zorlak Surfboards no seu obradoiro shapeando e glasseando con resinas tintadas ao estilo dos anos setenta algunhas das súas novas pranchas de surf pra este inverno. Walter Nieto emprega antigas técnicas con capas e cores pra obter un resultado espectacular.


Ler máis...
 
Testing The Maitigüini 5'0 - Iron Mountain Surfboards [VIDEO]
Mércores, 12 Decembro 2012 17:46

Novo vídeo da factoría Iron Mountain Surfboard cunha prancha moi especial 'The Maitigüini 5.0' shapeada nas Rías Baixas pero probada nas augas de Bastiagueiro polo rider Diego Rodríguez.

Ler máis...
 
HOTTIES Wetsuits: una nova marca para a Industria Galega de Surf
Martes, 27 Novembro 2012 19:22

HOTTIES WETSUITS é unha nova marca galega de neoprenos feitos cos mellores materiais e con acabados personalizables até o máis mínimo detalle. Para esta tempada Inverno 2012/13 Hotties Wetsuits ten dispoñibles os seguintes modelos: CYCLOPS 4/3 e 3/2 con peche dianteiro horizontal, OURS 4/3 e 3/2 con peche dianteiro diagonal, FRIED 5/4/3 con peche dianteiro diagonal.

Hotties Wetsuits

Ler máis...
 
Nova surfcam en Oliñas grazas a Camaramar.com
Luns, 26 Novembro 2012 00:05

Comezamos a semana cunha boa nova para os riders da Mariña que xa poden ver en directo o estado do mar en Oliñas e aforrar algo de diñeiro en desprazamentos co coche ata este areal da costa norte de Lugo. Esta nova surfcam está dispoñíbel grazas ao traballo do equipo de Camaramar.com

OLIÑAS SURF

Ler máis...
 
80 Papaventos negros pra lembrar o Prestige na Costa da Morte
Martes, 06 Novembro 2012 00:00

Xa podedes colaborar nesta iniciativa pra lembrar a traxedia do Prestige na Costa da Morte o vindeiro mes de Xaneiro organizada polo artista mallorquín Martin Monjo. A acción que se pretende realizar é unha escultura formada por 80 papaventos como acto de recoñecemento a todas as persoas que colaboraron na limpeza do chapapote.

Ler máis...
 
A FGS presenta o seu selo de calidade para os Shapers de Galicia!
Domingo, 28 Outubro 2012 18:17
Surf GaliciaA Federación Galega de surf xa ten un selo de garantia e calidade para as pranchas feitas na nosa terra. Dende xa fai alguns anos ven medrando o número de shapers en Galicia e dende a FGS queren axudar a promocionar o seu bo traballo por medio deste selo.

As marcas que entran neste selo son as seguintes:
  • Iron Mountain Surfboards
  • Zorlak Surfboards
  • Chusma surfboards
  • Charly Surfboards
  • Ohana Surfboards
  • Stinky Tofu Surfboards
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 7 de 14

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: