Cultura Arte & Fotografia
Aínda estás a tempo de colaborar na campaña de "La Ola Perfecta"
Martes, 22 Agosto 2017 09:47


A Onda Perfecta, o cómic dixital personalizable froito da colaboración de Surf And Clean e Surf&Cómics chega ás últimas dúas semanas da súa campaña de Verkami. Durante estes primeiros 25 días a campaña alcanzou o 41% das achegas necesarias pero agora necesitamos a colaboración de tod@s os surfeiros, escolas, clubs, tendas e federacións de surf interesad@s para chegar ao obxectivo de 1.000 euros.

Entra en http://vkm.is/laolaperfecta e axúdanos a conseguilo.

Ler máis...
 
O Festival "Save the Waves" presente en Valdoviño este mes!
Mércores, 16 Agosto 2017 10:23


Este mes o Festival de Cinema Surf "Save The Waves" vai ter lugar no Concello de Valdoviño. O vindeiro 26 de Agosto ides poder ver unha selección dos mellores filmes de surf e natureza e o disfrute sostenible das zonas costeiras. Así é como se vive o mar! Esperámosvos o próximo sábado. Save the date!!

Velaquí tedes un vídeo con imaxes de edicións anteriores:

Ler máis...
 
Maldito Whatsapp! - Surf&Comics
Venres, 07 Abril 2017 08:35


Nova entrega de Surf&Comics con este traballo baseado na influencia das novas tecnoloxías como a mensaxería instantánea e a masificación das ondas e a fin dos baños solitarios. Como sempre hai que tomar isto con sentido do humor e disfrutar do traballo de Maxi Gonzalez, e os debuxos de Xabier Lerougue coloreados por Carlos Rios.

Ler máis...
 
Crowded Surf - Surf&comics
Domingo, 05 Febreiro 2017 20:14

Aquí tedes CROWDED SURF, o novo traballo de SURF & CÓMICS, o primeiro dunha serie de cómics dunha soa páxina e de ton humorístico que están a preparar. Neste primeiro tratamos un tema moi de actualidade: a masificación das ondas polo cada vez maior número de surfeiros. Nesta ocasión os debuxos son de DAPZ.

Ler máis...
 
Presentado "Surfistas desconocidos" novo traballo de Surf&Comics
Martes, 15 Novembro 2016 17:09

Velaquí tedes o novo traballo de Surf&Comics titulado "Surfistas desconocidos" e adicado ao 99% dos surfers do planeta. Presentado por Maxi González, surfer e guionista de cómics. Debuxos: Xavier Lerouge e Color: Ángel RD.

Ler máis...
 
Xa podes ler o comic surfeiro "El Conjurador de Olas"
Xoves, 13 Outubro 2016 08:45

Velaquí tedes o novo comic surfeiro "El Conjurador de Olas" presentado por Maxi González, surfer e guionista de cómics. Unha curta historia de fantasía sobre un vello surfeiro capaz de invocar ondas perfectas cos seus cánticos. Debuxos: Juan Martínez Alarcón. Color: Carlos Ríso

Ler máis...
 
Xa podes visitar a nova Exposición de Fotografía de Surf e Bodyboard de José A. Morandeira
Venres, 15 Xaneiro 2016 00:01

Xa podes visitar a nova Exposición de Fotografía de Surf e Bodyboard de José A. Morandeira do 15 de Xaneiro ata o 1 de Marzo. Este venres inaugúrase ás 21:00 horas no Caldeirería26, sito na rúa da Caldeirería, 26, Baixo en Santiago de Compostela, a exposición fotográfica con imaxes de moitas das nosas praias e as súas ondas. Estades tod@s convidad@s a achegarse e botarlle un ollo. Sau2 e boas ondas!!! 

Ler máis...
 
2ª Mostra de Cine de surf da praia de Pantín
Mércores, 29 Xullo 2015 14:10

O vindeiro sábado, 15 de agosto, celebrarase no auditorio da Casa da Cultura do Concello de Valdoviño a 2ª Mostra de cine de surf da praia de Pantín, organizada pola asociación ADC Xisto Praia de Pantín. A mostra contará este ano coa participación de tres traballos, locais, nacionais e internacionais. Dentro do primeiro apartado local poderase ver o traballo realizado por Samuel Northcoast, no que presentará unha recopilación dos mellores momentos vividos polo director ao longo deste ano, facendo un percorrido por diferentes lugares e ondas da nosa xeografía.

Ler máis...
 
Cinema de Surf na Coruña o 11 de Xullo
Venres, 03 Xullo 2015 08:45


O vindeiro sábado 11 de Xullo podedes asistir á proxección na cidade da Coruña de dous interesantes documentais de surf, "A primeira onda" de Pedro Temboury, e "O fillo do pescador", a película de Chris Malloy sobre Ramón Navarro e a onda de Punta Lobos en Chile. A cita será ás 22:30 horas na cúpula do Matadero e o evento pertence ao Surfilm Festibal que este ano vai presentar estes films tamén en Mundaka, Madrid e Santander.

Ler máis...
 
Presentada a II Mostra de Cine de Surf da Praia de Pantín
Venres, 08 Maio 2015 15:18

Adc Xisto Praia de Pantín - Tralo éxito acadado na pasada edición 2014, vémonos motivados e, en certo modo, “obrigados” a realizar esta II Mostra de Cine de Surf da Praia de Pantín. O pasado ano adicamos as xornadas a desfrutar cos traballos de diferentes directores locais, nacionais e internacionais. As películas de Samuel NorthCoast amosando a actualidade do noso surf, e o seu documental sobre os principais fotógrafos de surf que desenvolven o seu traballo en Galicia, foi un dos grandes éxitos desta primeira mostra.

Tamén tivemos a oportunidade de ver importantes estreos, como o traballo de Andreas Jaritz “The Old, the Young and the Sea” que foi proxectada en Pantín a semana anterior a ser estreada no Festival de Cine de Surf de Santa Mónica, en California. Cos irmáns Joaquín e Julian Azulay (Gauchos del Mar) visitamos a costa pacífica de América e as marabillosas paisaxes de A Patagonia; e con Igor Bellido fomos de viaxe ata as lonxanas costas de Xapón, Filipinas e Taiwan. Jesús Busto presentounos o seu traballo sobre a II edición do campionato “Onda Longa”, e que dicir de Kepa Acero e “Gallo” que deixaron aos asitentes cos ollos abertos, pasmados polas experiencias personais e viaxes destes dous surfers eúskaros.

Ler máis...
 
Rematado o prazo de entrega do 1º Concurso de Fotografía Surfeira de Galicia
Luns, 03 Marzo 2014 00:00

Despois de recibir máis de 200 fotos xa damos por finalizado o prazo de entrega de fotografías dentro do 1º Concurso de Fotografía Surfeira de Galicia e agora é tempo de organizar toda-las fotos recibidas e que sexa o xurado composto por grandes profesionais do surf o encargado de valorar os vosos traballos e puntualos. O día 1 de Abril iremos dando a coñocer o nome dos gañadores da cada categoría e os traballos seleccionados.

Ler máis...
 
1º Concurso de Fotografía Surfeira de Galicia
Domingo, 02 Febreiro 2014 21:32

Durante todo o mes de Febreiro xa nos podedes enviar as vosas mellores fotos do ano pasado e participar no 1º Concurso de Fotografía Surfeira de Galicia convocado por SurfGz.com e coa colaboración de Surfmarket.org e The Surfeiros Piratas e mailo apoio da FGSurf.org. Este concurso está limitado a 30 participantes e conta coas seguintes categorías e premios:

  • Categoría "Mellor Foto Surf" premiada con 100€ cheque regalo Surfmarket + sudadeira TSP.
  • Categoría "Mellor Foto Onda XXL" premiada con 90€ cheque regalo Surfmarket + sudadeira TSP.
  • Categoría "Mellor Foto Bodyboard" premiada con 75€ cheque regalo Surfmarket + sudadeira TSP.
  • Categoría "Mellor Foto Foto Longboard" premiada con 75€ cheque regalo Surfmarket  + sudadeira TSP.
  • Categoría "Mellor Foto Onda Solitaria" premiada con 60€ cheque regalo Surfmarket + sudadeira TSP.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 2

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: