Cultura Arte & Fotografia
1º Concurso de Fotografía Surfeira de Galicia
Domingo, 02 Febreiro 2014 21:32

Durante todo o mes de Febreiro xa nos podedes enviar as vosas mellores fotos do ano pasado e participar no 1º Concurso de Fotografía Surfeira de Galicia convocado por SurfGz.com e coa colaboración de Surfmarket.org e The Surfeiros Piratas e mailo apoio da FGSurf.org. Este concurso está limitado a 30 participantes e conta coas seguintes categorías e premios:

  • Categoría "Mellor Foto Surf" premiada con 100€ cheque regalo Surfmarket + sudadeira TSP.
  • Categoría "Mellor Foto Onda XXL" premiada con 90€ cheque regalo Surfmarket + sudadeira TSP.
  • Categoría "Mellor Foto Bodyboard" premiada con 75€ cheque regalo Surfmarket + sudadeira TSP.
  • Categoría "Mellor Foto Foto Longboard" premiada con 75€ cheque regalo Surfmarket  + sudadeira TSP.
  • Categoría "Mellor Foto Onda Solitaria" premiada con 60€ cheque regalo Surfmarket + sudadeira TSP.
Ler máis...
 
Salitre Material Fotosensible
Venres, 13 Setembro 2013 10:36

Non queremos deixar pasar esta nova sen publicar sobre a expo, Salitre Material Fotosensible, feita nas praias de Ferrolterra organizada por Pablo López e que mostra o potencial da nosa costa e fotógrafos con moi poucos recursos e conseguindo unha boa difusión, xa que o obxetivo da fotografía é achegar as imaxes á xente.

Ler máis...
 
Xa te podes inscribir no Surfilm Festibal 2013
Venres, 22 Febreiro 2013 00:00

Xa está aberto o prazo de inscripción de Surfilmfestibal 2013 que vai ter lugar en Donostia o vindeiro mes de Xuño. Despois de 11 anos de Festibal queren apoiar aos novos talentos e achegar ao público os novos traballos sobre o mundo do surf. O prazo para enviar aas películas finaliza o 1 de Abril 2013. Formatos: Largometraxes (+40 min.), medio metraxes (hasta 40 min.), curtos, webisodes, virales. Todos os formatos son válidos mentras sexa unha historia potente, e sea un estreo.

Ler máis...
 
Smile - Perfect Holiday
Mércores, 10 Outubro 2012 10:54

Velaquí tedes 'Smile - Perfect Holiday' un fantástico vídeo de animación surfeiro que non deixa a ninguén indiferente. Toda unha obra de arte que mistura surf e animación gravada segundo a segundo. Espero que vos guste tanto como a min.

Ler máis...
 
Bego Fouz presenta Aquaterrae en Coruña
Martes, 06 Setembro 2011 00:00

Hoxe aproveitamos pra presentarvos AquaTerrae, unha exposición de fotografía de Begoña Fouz, que podedes visitar dende primeiro de mes atá finais no Bar Maricastaña na cidade da Coruña. Bego Fouz presenta as súas mellores fotos de ondas e paisaxes galegas. Non podedes faltar!

Ler máis...
 
Web Series Festival - Concurso de Videos
Martes, 16 Marzo 2010 01:00

CostaSurf.com - Apresentado un novo concurso de "pilotos" de series web organizado por Nikodemo.tv, a Web Series Festival, e grazas a esa colaboración poderás gañar un premio de 3000€ si a túa obra resulta premiada máis 1000€€ en material, todo iso como dotación do recien creado Premio Quiksilver que galardón ao mellor episodio de temática relacionada co board riding (surf, snow, skate).

Ler máis...
 
Obradoiro de Fotografía por Willy Uribe
Mércores, 10 Marzo 2010 01:00

 Impartido por Willy Uribe, este obradoiro de fotografía de surf nace sen espírito académico algún e coa premisa de aprender e compartir experiencias dun modo entretido.

Non será un curso para aprender sobre tratamento de imaxe e complicados procesos RAW, senón un espazo práctico onde se compartirán máis de 25 anos de experiencia na fotografía de surf.

O Obradoiro ten unha duración de 4 días e custa 300 euros e o número de alumnos de cada obradoiro será de dúas persoas.

Ler máis...
 
Desde la Croa estrea sección de fotografía
Xoves, 16 Xullo 2009 16:33

Dende o blog de Jesús Busto "Desde la Croa" chega esta boa nova do comezo dunha nova etapa no blog. Agora coa súa nova cámara Canon G10 vai publicar fotos dos baños e das sesións que acontezan por Ferrolterra. Eiquí tedes unha mostra do seu primeiro traballo.

Ler máis...
 
Clark Little: Afotando o imposible!
Luns, 22 Xuño 2009 19:40

Eiquí tedes unha pequena homenaxe ao traballo excepcional feito por Clark Little, o famoso fotógrafo californiano que pasa o tempo xogándose a vida na auga do North Shore Hawaiiano pra facer fotos imposibles xusto cando as ondas van romper na beira.

Nos últimos cinco anos este afotador do surf conseguiu un gran recoñecemento a nivel mundial con aparicións en programas televisivos de primeira audiencia no USA e tamén fixo exposicións en grandes museos como Smithsonian Museum, Alden B. Dow Museum, Science Museum de Virginia, The Four Seasons e The Ritz-Carlton Resorts, e publicou fotos en revistas como o National Geographic, New York Times, LIFE, Nikon World, Paris Match, Outdoor Japan, Sierra, Geo, Nature’s Best Photography, Rangefinder, Surfer’s Journal entre outros.

Ler máis...
 
Aberto o Concurso de Curtos de Surf: SURFILM FESTIBAL 2009
Venres, 06 Marzo 2009 18:25

Xa podes correr a pillar a túa cámara de vídeo, agarra as túas vellas gravacións de surfaris, de paellas familiares, das comunións da túa curmá pequena, fragmentos de falsos docus de Felix Rodríguez de la Fuente, e con todo isto equitación e envíanos o teu súper curto!!

Sabemos que hai un gran director dentro de ti, mil ideas roldan a túa cabeza móntache o teu vídeo de surf e faiche famoso!! O ano pasado -a primeira edición- foi todo un éxito e alegrounos saber que existe unha pequena escena local, con ganas de facer cousas e un público que quere ver as súas ondas na gran pantalla. Sabemos que a xente está xa maquinando as súas propostas para o festi deste ano e cremos que o nivel vai ser aínda mellor; despois de todo din que en época de crise é cando xorden as mellores ideas.

Ler máis...
 
Recuperar a cor da nosa costa
Mércores, 28 Xaneiro 2009 13:16

Pintar as casas dunha vila marítima con cores rechamantes. Azul, vermello, amarelo, verde... Nun tempo no que o concepto de feísmo está a introducirse con forza no imaxinario galego, a proposta pode semellar estraña. No entanto, o proxecto, creado polo artista César Lombera, está en vías de se facer realidade. Os veciños de Cabo de Cruz, en Boiro, xa acolleron positivamente esta proposta que recupera a policromía tradicional da nosa costa.

Ler máis...
 
Surf & Arte en Ferrol - Entrevista con Juanca
Martes, 02 Decembro 2008 15:17

Juan Carlos Dominguez é un pintor canario que leva xa 12 anos vivindo na comarca de Ferrolterra onde surfea e pinta o mar galego. El naceu nas Palmas de Gran Canaria fai uns 30 anos. Comeza o seu andadura pictorica aos 9 anos de idade animado pola escola Lujan Perez. Durante a súa infancia pinta por lecer e cada vez engánchase máis a pintar, chegando a ser case unha necesidade a partir da súa mocidade.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>

Páxina 2 de 2

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: