Cultura Arte & Fotografia 1º Concurso de Fotografía Surfeira de Galicia
1º Concurso de Fotografía Surfeira de Galicia
Domingo, 02 Febreiro 2014 21:32

Durante todo o mes de Febreiro xa nos podedes enviar as vosas mellores fotos do ano pasado e participar no 1º Concurso de Fotografía Surfeira de Galicia convocado por SurfGz.com e coa colaboración de Surfmarket.org e The Surfeiros Piratas e mailo apoio da FGSurf.org. Este concurso está limitado a 30 participantes e conta coas seguintes categorías e premios:

  • Categoría "Mellor Foto Surf" premiada con 100€ cheque regalo Surfmarket + sudadeira TSP.
  • Categoría "Mellor Foto Onda XXL" premiada con 90€ cheque regalo Surfmarket + sudadeira TSP.
  • Categoría "Mellor Foto Bodyboard" premiada con 75€ cheque regalo Surfmarket + sudadeira TSP.
  • Categoría "Mellor Foto Foto Longboard" premiada con 75€ cheque regalo Surfmarket  + sudadeira TSP.
  • Categoría "Mellor Foto Onda Solitaria" premiada con 60€ cheque regalo Surfmarket + sudadeira TSP.

O prazo de recepción de fotos xa está aberto e podedes enviar os vosos traballos durante todo o mes. O número de fotógrafos está limitado a 30 participantes e será por orde de inscripción. Pra participar tedes que enviar as vosas fotos con alta calidade por email a "info(arroba)surfgz.com". Non é obrigatorio participar en todas as categorías. No email enviade o voso nome e un número de teléfono de contacto.

Importante: podedes enviar 1 foto por categoría e sen marcas de auga.

O xurado do concurso está composto por importantes e destacados personaxes da cultura surfera:

Haberá un sorteo dunha sudadeira TSP entre todos os que compartades o "Album de Fotos" que publicaremos o día 1 de Marzo e deixedes un comentario. Durante todo o mes de Marzo o xurado valorará os traballos recibidos e o día 1 de Abril publicaremos o nome dos gañadores.

Estades invitados a participar!

{fcomments}

 
9 Votes
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: