Cultura Arte & Fotografia Presentada a II Mostra de Cine de Surf da Praia de Pantín
Presentada a II Mostra de Cine de Surf da Praia de Pantín
Venres, 08 Maio 2015 15:18

Adc Xisto Praia de Pantín - Tralo éxito acadado na pasada edición 2014, vémonos motivados e, en certo modo, “obrigados” a realizar esta II Mostra de Cine de Surf da Praia de Pantín. O pasado ano adicamos as xornadas a desfrutar cos traballos de diferentes directores locais, nacionais e internacionais. As películas de Samuel NorthCoast amosando a actualidade do noso surf, e o seu documental sobre os principais fotógrafos de surf que desenvolven o seu traballo en Galicia, foi un dos grandes éxitos desta primeira mostra.

Tamén tivemos a oportunidade de ver importantes estreos, como o traballo de Andreas Jaritz “The Old, the Young and the Sea” que foi proxectada en Pantín a semana anterior a ser estreada no Festival de Cine de Surf de Santa Mónica, en California. Cos irmáns Joaquín e Julian Azulay (Gauchos del Mar) visitamos a costa pacífica de América e as marabillosas paisaxes de A Patagonia; e con Igor Bellido fomos de viaxe ata as lonxanas costas de Xapón, Filipinas e Taiwan. Jesús Busto presentounos o seu traballo sobre a II edición do campionato “Onda Longa”, e que dicir de Kepa Acero e “Gallo” que deixaron aos asitentes cos ollos abertos, pasmados polas experiencias personais e viaxes destes dous surfers eúskaros.

Nesta ocasión adicaremos dúas xornadas á Mostra. A cita será os días: venres 7 e sábado 8 de Agosto. O primeiro dos días, o venres 7, queremos adicalo ás producións galegas. Para isto, invitámosvos a todos os que queirades participar, a que nos enviedes os vosos traballos. Con eles faremos una selección cos catro millores e que serán proxectados ese día no Auditorio da Casa da Cultura do Concello de Valdoviño, que este ano será a sede da Mostra. Estes catro traballos participarán da fase final na categoría de Mellor Produción Galega Audiovisual de Surf. A temática do traballo é libre, sempre e cando o contido estea relacionado co eido do surf. Agradécese a elaboración dos traballos en galego aínda que, esta non será unha norma excluínte. A data límite para a presentación dos traballos será o día domingo 5 de Xullo. Estes poderán ser enviados antes desa data, polo medio que consideredes máis axeitado. Para calquera dúbida, pregunta, proposta, queixa ou demais, podedes enviarnos un correo á dirección Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . A xornada do día sábado 8, estará adicada aos traballos de fóra de Galicia e á categoría internacional. No noso facebook poderedes estar ao tanto dos títulos seleccionados.

Animádevos a participar e a compartir con todos nós estas xornadas na II Mostra de Cine de Surf da Praia de Pantín. Charlas, concertos e outras actividades completarán as xornadas.

Saúde e boas ondas para todos!!

+ info e contacto en:

https://www.facebook.com/adcsl.praiadepantin?fref=ts

{fcomments}

 
6 Votes
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: