2ª Mostra de Cine de surf da praia de Pantín |
Mércores, 29 Xullo 2015 14:10 | |||
O vindeiro sábado, 15 de agosto, celebrarase no auditorio da Casa da Cultura do Concello de Valdoviño a 2ª Mostra de cine de surf da praia de Pantín, organizada pola asociación ADC Xisto Praia de Pantín. A mostra contará este ano coa participación de tres traballos, locais, nacionais e internacionais. Dentro do primeiro apartado local poderase ver o traballo realizado por Samuel Northcoast, no que presentará unha recopilación dos mellores momentos vividos polo director ao longo deste ano, facendo un percorrido por diferentes lugares e ondas da nosa xeografía. "La primera ola", traballo documental sobre o nacemento do surf en España poderá verse dentro do apartado de traballos nacionais, o seu director, Pedro Temboury, acompañará aos asistentes durante a proxección e participará nunha pequena charla-coloquio na que intercambiará as impresións sobre o seu traballo cos asistentes. Por último, no apartado internacional, a película "The Fisherman's son" de Chris Malloy (o fillo do pescador) será a protagonista; un documental sobre o amor ao mar e importancia das accións individuais na súa conservación, unha historia narrada a través da vida de Ramón Navarro, o seu protagonista. Debido ao limite no aforo no auditorio, será preciso solicitar a invitación para asistir ao evento, dita invitación poderá ser solicitada a través do correo electrónico da asociación ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ) e serán entregadas por rigurosa orde de petición. A invitación será necesaria para acceder ao auditorio. Tedes + info en: https://www.facebook.com/adcsl.praiadepantin?fref=ts {fcomments}
|
Novidades:
- Dreamy Longboard Surfing Galicia
- Convocada a 1ª Proba da Liga Galega de Bodyboard en Barrañán/Valcobo
- Campionato 30 Aniversario Arealonga Surf - 25 de Xuño
- Eric Rebiere: Sunset surf Ferrol
- Surfeando nas Catedrais con Carrecedo
- Surf e Tapas no Orzán
- Convocado o I Log Jam Festival en Bastiagueiro
- Surfing con Marcos Heinrich
- Os mellores momentos do Cabreiroa Junior Pro Ferrol