Cultura Arte & Fotografia Clark Little: Afotando o imposible!
Clark Little: Afotando o imposible!
Luns, 22 Xuño 2009 19:40

Eiquí tedes unha pequena homenaxe ao traballo excepcional feito por Clark Little, o famoso fotógrafo californiano que pasa o tempo xogándose a vida na auga do North Shore Hawaiiano pra facer fotos imposibles xusto cando as ondas van romper na beira.

Nos últimos cinco anos este afotador do surf conseguiu un gran recoñecemento a nivel mundial con aparicións en programas televisivos de primeira audiencia no USA e tamén fixo exposicións en grandes museos como Smithsonian Museum, Alden B. Dow Museum, Science Museum de Virginia, The Four Seasons e The Ritz-Carlton Resorts, e publicou fotos en revistas como o National Geographic, New York Times, LIFE, Nikon World, Paris Match, Outdoor Japan, Sierra, Geo, Nature’s Best Photography, Rangefinder, Surfer’s Journal entre outros.

Tedes máis info sobre o traballo de Clark Little na súa web:

www.clarklittlephotography.com



 
4 Votes
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: