Cultura Adestramentos
A importancia dos quecementos no surf
Sábado, 09 Xaneiro 2016 14:49

Despois dunhas, penso eu, merecidas vacacións e dunha serie de formateos no ordenador, xa estou de novo con vós para falar de algo fundamental á hora de metervos no auga ou de realizar calqueira tipo de exercicio fisico: o quecemento. O quecemento vainos axudar a ter a nosa musculatura preparada para a realización de calqueira actividade fisica.

Ler máis...
 
Os comezos no mundo do surf
Martes, 18 Marzo 2014 13:03

Como en calquera outro deporte para comezar unha práctica deportiva debemos de ter unha boa forma física. O que temos que buscar antes de nos meter na auga é unha capacidade para non nos cansar mentres esteamos a surfear.

Que debemos facer antes de comezar co surf?

O primeiro que debo saber é que o surf é un deporte aeróbico. Que quere dicir isto? Nunca vou pasar de 180 pulsacións por minuto. Por isto o que me interesa para practicar surf é ter unha boa capacidade cardiovascular.

O que teño que facer son prácticas deportivas que me van facer ter unha boa capacidade cardio-respiratoria, que se vai traducir nunha boa resistencia na auga. Estes deportes son a carreira continua, a bicicleta e a natación, esta ultima moi importante porque se asemella a práctica do surf.

Con todos estes deportes pódome axudar dun pulsómetro para que me indique as pulsacións nas que me debo manter (nunca mais de 180).

Ler máis...
 
Despois de surfear... a estirar (Parte I)
Luns, 03 Marzo 2014 10:23

Ó longo do día imos adoptando posturas que nos poden povocar dor ou problemas na nosa espalda. Tamén despois de realizar unha actividade fisica, a musculatura pode permanecer nunca contracción mantida que nos vai dar molestias.

Todos estes problemas posturais diarios, máis o tempo que pasamos na auga cunha posición do corpo mantida durante un longo periodo, fai que teñamos problemas no noso corpo.Neste artigo imos falar dos estiramentos como tratamento complementario das doenzas musculares o no seu prevenilas.

Ler máis...
 
Clinic de Surf en Razo esta fin de semana!
Luns, 15 Outubro 2012 23:01

razo

Esta fin de semana podedes participar no clinic de surf no Artsurfcamp. Os obxectivos do clinic son:

  1. Desenvolver un sistema de adestramento integral considerando ao deportista desde unha perspectiva global, evitando o esquema analítico e descompensado que separase o aspecto técnico do físico e do psicolóxico
  2. Analizar as variables físicas e biomecánicas que inflúen directamente no rendemento do surfeiro, as manobras básicas e a importancia dunha boa execución biomecánica para o éxito da manobra.
  3. Identificar desequilibrios articulares e neuromusculares que limitan o rendemento deportivo podendo desencadear algún tipo de lesión.
  4. Aumentar o rendemento deportivo optimizando os adestramentos a través do desenvolvemento e control de variables psicolóxicas.

Ler máis...
 
Art Training: Mellora o teu Surfing en Razo!
Domingo, 23 Setembro 2012 18:08

A xente do Artsurfcamp acaban de presentar o seu programa Art Training centrado na mellora técnica do surfing. Art Training nace co obxectivo de cubrir un baleiro existente no ámbito do rendemento deportivo no mundo do surf. É un proxecto deportivo dirixido a todos aqueles deportistas que queiran mellorar a súa técnica deportiva, desexen iniciarse en competición ou queiran incrementar o seu rendemento deportivo en alta competición.

Ler máis...
 
VII Congreso de Ciencias do Deporte e Educación Física no Concello de Pontevedra
Martes, 22 Febreiro 2011 00:39

Un ano máis se celebrará en Pontevedra os días 5, 6 e 7 de maio o VII Congreso Nacional de Ciencias do Deporte e a Educación Física, evento organizado polo Concello de Pontevedra en co-organización co Vicerreitorado do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo e o Dpto. de Didácticas Específicas da Universidade da Coruña, en colaboración con outras institucións.

Ler máis...
 
Adestrando en seco - Kako Garcia [VIDEO]
Mércores, 28 Abril 2010 01:00

Neste video tedes uns exercicios de balance e equilibrio grabado por Kako Garcia e os seus alumnos. En brevés publicará exercicios pra facer ben o floater.

Ler máis...
 
O surf e o ximnasio, camiños paralelos?
Sábado, 25 Outubro 2008 21:15
O principal no mundo do surf é ter unha boa forma física. E nela, o fundamental é o que se chama resistencia. A resistencia fai que poidamos ter a capacidade de estar no auga sen nos cansar.
 
Pero, ¿Que ocorre cando temos que remar para coller unha onda? Nese caso o que precisamos é de potencia. A potencia o que fai é darnos a forza precisa para facer algo nun momento dado. Por exemplo, a resistencia fainos estar na auga remando e a potencia fainos apurar a remada no momento de ir facer o take off.

Hai moita xente que soe ir a ximnasios na procura dunha boa forma física, ademais de practicar o seu deporte preferido. É un bo xeito de compaxinar o deporte e tamén podemos evitar o mais temido: as lesións. Canto mais preparados esteamos fisicamente, menos posibilidades temos de lesionarnos.
Ler máis...
 

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: