VII Congreso de Ciencias do Deporte e Educación Física no Concello de Pontevedra |
Martes, 22 Febreiro 2011 00:39 | |||
Un ano máis se celebrará en Pontevedra os días 5, 6 e 7 de maio o VII Congreso Nacional de Ciencias do Deporte e a Educación Física, evento organizado polo Concello de Pontevedra en co-organización co Vicerreitorado do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo e o Dpto. de Didácticas Específicas da Universidade da Coruña, en colaboración con outras institucións.
Do mesmo xeito que en anteriores edicións, todos os participantes do evento poderán gozar de 10 conferencias plenarias, 12 cursos de especialización, premios aos mellores traballos presentados en formato comunicación/póster, obsequios para os participantes, e este ano tamén ofrecemos a posibilidade de realizar o congreso na modalidade a distancia. Web do Evento: www.congresodeporte.com
|
Novidades:
- Fechado por Obras!
- Dreamy Longboard Surfing Galicia
- Convocada a 1ª Proba da Liga Galega de Bodyboard en Barrañán/Valcobo
- Campionato 30 Aniversario Arealonga Surf - 25 de Xuño
- Eric Rebiere: Sunset surf Ferrol
- Surfeando nas Catedrais con Carrecedo
- Surf e Tapas no Orzán
- Convocado o I Log Jam Festival en Bastiagueiro
- Surfing con Marcos Heinrich