Os comezos no mundo do surf |
Martes, 18 Marzo 2014 13:03 | |
Que debemos facer antes de comezar co surf?O primeiro que debo saber é que o surf é un deporte aeróbico. Que quere dicir isto? Nunca vou pasar de 180 pulsacións por minuto. Por isto o que me interesa para practicar surf é ter unha boa capacidade cardiovascular. O que teño que facer son prácticas deportivas que me van facer ter unha boa capacidade cardio-respiratoria, que se vai traducir nunha boa resistencia na auga. Estes deportes son a carreira continua, a bicicleta e a natación, esta ultima moi importante porque se asemella a práctica do surf. Con todos estes deportes pódome axudar dun pulsómetro para que me indique as pulsacións nas que me debo manter (nunca mais de 180). Que outros deporte podo practicar?Outros deportes que se poden practicar son aqueles que sexan parecidos ó surf. Temos deportes como o skate, os longboard de skate, o snowboard, os freeboards,… Teño que centrarme nalgún grupo muscular?No caso do surf debemos ter un bo tren superior sen esquecernos do tren inferior. Acordádevos que as manobras fanse coas pernas e que na táboa un esta de pe. E no caso do bodyboard deberémonos centrar no tren inferior. Hai que estar moi musculados?Ao traballar os músculos de forma aeróbica nunca ides desenrolar volume. Tamén tede en conta que ides practicar un deporte no que vos ides mover moito e tedes que ter axilidade que non vos vai unha musculatura voluminosa. Pero non vos preocupedes porque ensinarémosvos a potenciar a musculatura sen sacar volume nos seguintes artigos. Artigo escrito por Rubén - Fisioterapeuta de SurfGZ.com {fcomments}
|
Novidades:
- Fechado por Obras!
- Dreamy Longboard Surfing Galicia
- Convocada a 1ª Proba da Liga Galega de Bodyboard en Barrañán/Valcobo
- Campionato 30 Aniversario Arealonga Surf - 25 de Xuño
- Eric Rebiere: Sunset surf Ferrol
- Surfeando nas Catedrais con Carrecedo
- Surf e Tapas no Orzán
- Convocado o I Log Jam Festival en Bastiagueiro
- Surfing con Marcos Heinrich