O surf e o ximnasio, camiños paralelos? |
Sábado, 25 Outubro 2008 21:15 | |||||||||||||||
![]() Pero, ¿Que ocorre cando temos que remar para coller unha onda? Nese caso o que precisamos é de potencia. A potencia o que fai é darnos a forza precisa para facer algo nun momento dado. Por exemplo, a resistencia fainos estar na auga remando e a potencia fainos apurar a remada no momento de ir facer o take off. Hai moita xente que soe ir a ximnasios na procura dunha boa forma física, ademais de practicar o seu deporte preferido. É un bo xeito de compaxinar o deporte e tamén podemos evitar o mais temido: as lesións. Canto mais preparados esteamos fisicamente, menos posibilidades temos de lesionarnos. Neste artigo o que vos vou ensinar é como tedes que traballar no ximnasio para conseguir forza-resistencia e potencia. Debemos de ter en conta que antes de todo temos que facer o que se chama traballo cardio-respiratorio, algo do que falamos no artigo anterior. E o mellor que se pode facer é compaxinar este traballo con traballo de musculación: forza-resistencia e potencia. No traballo con pesas temos que ter en conta tres conceptos: - RM (resitencia máxima): A RM é o peso máximo que podo levantar dunha soa vez cun músculo. - Series: A serie é o grupo de repeticións que vou facer nun traballo muscular. - Repeticións: As repeticións son o numero de veces que vou realizar o exercicio. Forza-resistencia O primeiro que hai que facer é comprobar a RM. Para iso vou ir colocando peso de maneira progresiva ata ver o peso máximo que son capaz de levantar dunha soa vez. O seguinte é calcular o 50-60 % desa RM. Por exemplo, se co cuadriceps son capaz de levantar 40 kg, comezarei o meu traballo de forza-resistencia cun peso de 20-24 Kg. Neste traballo o numero de series vai ser de 3-4 e o numero de repeticións será de 15-20. Potencia Despois da forza-resistencia, xa me podo meter coa potencia. Para iso volto comprobar a miña RM. O que fago agora é calcular o 75 % do peso da RM. O que imos cambiar agora é o número de series e as repeticións. Neste caso as series a facer serán 5-6 e as repeticións 10-12. En resumo temos o seguinte cadro de traballo,
Por ultimo hai que ter precaución cunha serie de cousas. Procurade compaxinar esta metodoloxía de traballo con exercicio cardio-respiartorio (piscina, bicicleta,…), alternade os grupos musculares a exercitar (un dia perna, outro dia brazos, etc.), comezade sempre con resistencia para o longo das semanas metervos en potencia e ante calquera dubida preguntádelle aos profesionais que traballen no ximnasio (monitores, fisioterapeutas, entrenadores e demais persoas). Artigo escrito por Rubén de Anta - Fisioterapeuta colexiado. {fcomments}
|