A importancia dos quecementos no surf |
Sábado, 09 Xaneiro 2016 14:49 | |||
Despois dunhas, penso eu, merecidas vacacións e dunha serie de formateos no ordenador, xa estou de novo con vós para falar de algo fundamental á hora de metervos no auga ou de realizar calqueira tipo de exercicio fisico: o quecemento. O quecemento vainos axudar a ter a nosa musculatura preparada para a realización de calqueira actividade fisica. ![]() Son unha serie de exercicios básicos nos que o tempo que imos empregar é minimo e con elo imos evitar as temibles lesións ou doenzas dalgunha parte do noso corpo. Imos dividir os exercicios en dous grupos: exercicios de pé e exercicios sentados. Non debemos esquecer que istos exercicios son de quecemento muscular. Pero queda outra parte tamen esencial: o quecemento articular e físico. Exercicios de pé![]()
Da pequenos saltos mentres xiras o corpo cara un lado e cara ó outro. Bota unha perna cara diante estirando ben a que queda detrás. Dende esa posición xira a perna cara o lado da perna doblada. Repite o movemento coa outra perna.
Move os brazos en sentido contrario un de outro. Podes facer o movemento ata cegar cun brazo á orella e o outro ata a perna ou ben podes facer xiros cos dous brazos facendo unha circunferencia.
Tenta coller as dúas mans por detrás da espalda. Exercicios sentadosSenta sobre os teus xeonllos co gluteo reposando sobre os calacañais. Nesta posición xira o corpo cara dereita e esquerda.
Tumbate na area e seguidamente encóllete até abrazar as túas pernas. Senta sobre os teus xeonllos e dende ahí deixa caer o teu corpo cara atrás. Senta coas pernas abertas e as plantas dos pes pegados. Dende esa posición tira dos teus xeonllos cara a area. Senta sobre os xeonllos e o gluteo pegado ós calacañais. Vota o corpo cara diante como se foses tocar coa cara na area. Unha vez ahí toca coas mans na area e leva os brazos cara diante. Podes repeti-lo movemento levando o tronco e os brazos para un lado e para outro. Quecemento articular
Quecemento fisico
Comeza os teus exercicios polo quecemento articular, sigue co fisico e remata facendo os exercicos de pe ou sentado (neste aso non varia moito a orde). {fcomments}
|
Novidades:
- Fechado por Obras!
- Dreamy Longboard Surfing Galicia
- Convocada a 1ª Proba da Liga Galega de Bodyboard en Barrañán/Valcobo
- Campionato 30 Aniversario Arealonga Surf - 25 de Xuño
- Eric Rebiere: Sunset surf Ferrol
- Surfeando nas Catedrais con Carrecedo
- Surf e Tapas no Orzán
- Convocado o I Log Jam Festival en Bastiagueiro
- Surfing con Marcos Heinrich