Cultura Historia do Surf
Historia do Surf en Galicia
Xa podes visitar o Océano Surf Museo en Valdoviño
Luns, 11 Decembro 2017 15:14

Museo surf Oceano

O Océano Surf Museo xa está aberto e podes pasar de visita pola Casa da Cultura de Valdoviño pra ver táboas de surf históricas e aprender cousas novas da historia do surf. Enderezo: rúa Centro Saúde, nº58. Horario de visitas: de luns a venres no horario habitual da Casa da Cultura: 10 a 14h. Sábados, domingos e festivos (excepto o 24 e 31 de decembro, e o 1 de xaneiro). Horario: de 12 a 14h e de 16 a 19h. Entrada gratuíta.

Ler máis...
 
Los Niños del Mar - Barbanza 1998
Martes, 23 Maio 2017 08:32

Presentámosvos un documento histórico con imaxes de surf e bodyboard nas praias do Barbanza a finais do século XX. Neste vídeo poderás ver en acción a moitos bodyboarders míticos daquela época que foron os primeiros da zona en coller ondas.

Ler máis...
 
Presentación do Océano Surf Museo
Luns, 08 Maio 2017 08:02

O Concello de Valdoviño levou a cabo a presentación nacional do Océano Surf Museo na feira ExpoSurf, que se celebrou esta pasada fin de semana en Avilés. Ata alí se desprazaron o alcalde de Valdoviño, Alberto González; a concelleira de Turismo, Rosana García; Vicente Irisarri, en representación do Océano Surf Club, e representantes das escolas de surf do Concello, Iván Manso (Valdo Surf School); Samuel Pantín e Marcos Pita (Pantín Surf Camp) e Estitxu Extremo e David Pardo (Alawa Surf Camp).

Ler máis...
 
14º Trofeo Concello de Nigran de Surf 2004 - Novalbos Company
Luns, 13 Febreiro 2017 09:00

Vídeo histórico do Campionato de Surf na praia de Patos no ano 2004 que rematou coa victoria do asturiano David Sastre en surf e o pontevedrés Rubén Deza en bodyboard. Neste documento gráfico publicado por Novalbos Surf Company aparecen grandes surfeiros da nosa costa como Pozas, Rubén Sanmartin, Milo Castelo, Jaji Iglesias, Jamardo, Derick Rey, Oscar Prieto, Martín Rendo, Pipo Domínguez, Nico Pérez e outros.

Ler máis...
 
Unha breve historia das piscinas de ondas [VIDEO]
Luns, 02 Maio 2016 10:33

Agora que todo o mundo está a falar da nova piscina de ondas de Kelly Slater é boa idea mostrar este vídeo cun resumo das orixes das piscinas de ondas que xa teñen moitos anos e non son algo moderno. As primeiras piscinas foron construidas nos anos 20 e 30 en Europa e a máis coñecida da época foi 'Empire Pool' feita en Londres e aberta ao público en 1934 e funcionaba mediante 4 pistóns eléctricos que empurraban a auga pra crear ondas.

Ler máis...
 
Nazaré 1968 [VIDEO]
Xoves, 28 Abril 2016 08:37

Gústanos moito publicar estes vídeos vellos de surf pra entender millor as orixes do surf en Europa xa que podemos ver como a xente do século pasado surfeaba ondas como Nazaré que hoxe é unha referencia mundial pero nos anos 60 era totalmente descoñecida.

Ler máis...
 
Barrañan 1975 ou iso creo - Jesús Busto [VIDEO]
Venres, 22 Abril 2016 08:40

Jesús Busto - Poida que este sexa un deses casos. Estou case seguro que as imaxes foron gravadas na praia de Barrañán (seguro que algún local identifica o lugar con total seguridade). Polo menos é o que me gustaría, xa que de ser así, e dado que as mesmas son dun campionato, case con toda probabilidade corresponderíanse co I Campionato Galego de Surf celebrado nesa praia no 19 de outubro de 1975.

Ler máis...
 
Doniños nos anos 70 - Desdelacroa [VIDEO]
Luns, 28 Marzo 2016 00:00

Lembro perfectamente a sensación tan vivificante que sentín remando sobre a miña táboa, sorteando as ondas pra chegar ata o pico. A frescura da agua, que nos pareceu tan grata despois do calor pasado na viaxe; as ondas tan prometedoras que avanzaban ata a beira; as crestas de auga cristalina que nos rompían enriba, iluminadas por detrás pola luz do sol poniente; todo, facía de aquela experiencia un conxunto de sensacións maravillosas que nunca se me poderán olvidar. - Carlos Bremón.

Ler máis...
 
Así empezou todo - Jesús Busto [VIDEO]
Luns, 17 Agosto 2015 00:00

Velaquí tedes o novo traballo de Jesús Busto, historiador oficial do surf galego, cunha grande recopilación de fotografías e vídeos históricos dos comezos do surf galego en praias como Doniños, Pantín, Orzán e Rías Baixas. Arquivo videográfico da familia Irisarri, familia Antón e Luis Bericua. Música - Kelpe / After Gold

Ler máis...
 
Arquivo fotográfico de Luis Bericua [VIDEO]
Luns, 13 Xullo 2015 15:37

Velaquí tedes unha xoia da historia do surf galego grazas ao traballo de Jesús Busto que recuperou neste fermoso vídeo o arquivo fotográfico de Luis Bericua, un rider asturiano, que viviu dende 1975 ata 1985 na Coruña e que foi un dos pioneiros da nosa costa.

Ler máis...
 
Willy surfeando no Orzán en 1976 [VIDEO]
Martes, 03 Febreiro 2015 00:00

Excelente documento gráfico dunha sesión de surf na baixa do Matadero na praia do Orzán en 1976 con Willy, un rider de Nova Celandia que estivo nesa época por Galicia con toda a súa familia durante varios anos. Un video de Desdelacroa.

Ler máis...
 
Patos 1977 [VIDEO]
Xoves, 20 Novembro 2014 09:06

Vídeo histórico dunha sesion na praia de Patos en 1977 publicada esta semana por Desdelacroa, un blog xestionado por Jesús Busto, o mellor historiador do surf galego da nosa terra e que pasa moito tempo buscando fotos e protagonistas dos primeiros surfeiros das nosas praias.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 4

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: