Cultura Historia do Surf
Historia do Surf en Galicia
Patos 1977 [VIDEO]
Xoves, 20 Novembro 2014 09:06

Vídeo histórico dunha sesion na praia de Patos en 1977 publicada esta semana por Desdelacroa, un blog xestionado por Jesús Busto, o mellor historiador do surf galego da nosa terra e que pasa moito tempo buscando fotos e protagonistas dos primeiros surfeiros das nosas praias.

Ler máis...
 
Cronicas de Monteferro: a Zariguella e o surf [VIDEO]
Luns, 19 Maio 2014 00:22

Novo documento histórico do surf nas Rías Baixas grazas a Novalbos TV coas imaxes dunha sesión de surf en Patos en 1994 e na que podedes ver a primeira vez que foi surfeada a Zariguella, unha dereita que rompe antes do Pico e que por aqueles tempos ningún surfeiro montaba. 

Ler máis...
 
A Primeira Onda do Surf Galego [VIDEO]
Xoves, 27 Marzo 2014 09:44

Velaquí tedes un documental de media hora de duración sobre os comezos do surf en Galicia grazas a Novalbos TV. Está mítica tenda viguesa de surf leva na brecha xa 25 anos e é un testigo do crecemento do noso xeito de vida as tres últimas décadas. No vídeo aparecen surfeiros míticos como Carlos Bremón, Rufo Tizón, Tito, Vicente Irisarri, Mini, Pedro Novalbos, Gony Zubizarreta, Cristina Irisarri e o fotógrafo Vari Caramés.

Ler máis...
 
Historia do Surfing Galego: Fotos dos anos 70
Martes, 03 Setembro 2013 00:00

Velaquí tedes o novo traballo de Jesús Busto recopilando imaxes e datos sobre as orixes do surf en Galiza. Desta vez mostra o arquivo fotógráfico da familia Pita e dos irmáns Montenegro, que foron os pioneiros do surf na Praia de Patos e no sur da nosa costa. O arquivo está composto por un cento de imaxes de mediados dos anos setenta e principioso dos oitenta.

Ler máis...
 
Historia do Surf Galego: Doniños a finais dos 90 [VIDEO]
Luns, 04 Marzo 2013 00:00

Velaquí tedes un novo vídeo de arquivo con imaxes da praia de Doniños a finais dos anos 90 con Pablo Romero "Occy" e outros riders locais. Máis de oito minutos de historia do surf galego en Ferrolterra. Vídeo de Mitxel Produzioak.

Ler máis...
 
Crónicas de Monteferro 1994 [VIDEO]
Luns, 25 Febreiro 2013 00:00

Velaquí vai un vídeo con imaxes de 1994 gravadas na praia de Patos e na esquerda de Monteferro e subido por Novalbos Surf Shop. No vídeo aparecen míticos riders da Ría de Vigo como Gus Piñón, Luís Gayoso, Ángel Pozas, Marcos 'el negro', Rafa Rey, Carlos Gonzáles e o famoso shaper galego Kike Frus que xa eran veteranos do mundo surfeiro daquela. Tamén aparece Ullman, un novato naqueles tempos, mais agora con 20 anos de surf no seu lombo, surfando as súas primeiras ondas e wipeouts.

Ler máis...
 
Un pouco de historia: ano 2002 [VIDEO]
Venres, 01 Febreiro 2013 00:46

Corría o ano 2002, Gony acababa de proclamarse campión de mundo de surf junior en Australia e realizábase este capítulo piloto de serie documental para RTVG. Realizado por Sebastián Coto, nel podemos ver a Gony Zubizarreta, José Invernón, Esther López e Piti entre outros, explicando os detalles de deportes como o Surf, Skate e Augas Bravas.
Ler máis...
 
O Pico de Patos 1982 [VIDEO]
Martes, 03 Xullo 2012 00:00

Excelente vídeo histórico da familia Irisarri no ano 1982 no Pico de Patos. Esta familia foi a precursora do surf nas Rías Baixas e tamén na costa de Ferrolterra onde outra parte da familia reside e que agora Jesús Busto recolleu nunha longa entrevista que en breves sairá á luz. Como sempre ficamos abraiados polo traballo de Jesús que non para na súa laboura de colleitar información sobre as orixes do noso surf.

Ler máis...
 
Historia do Surf Galego: O primer 'surfer' galego
Luns, 14 Maio 2012 00:00

Velaquí tedes unha fermosa historia sobre o primeiro surfeiro galego que tivo unha refencia na revista americana Surfing nos anos 80. Jesús Busto recupera este texto do 2007 de arquivo no seu disco duro e publicou unha reportaxe máxica que mostra os comezos do surf en Galicia e as primeiras referencias internacionais en revistas de prestixio.

Ler máis...
 
Historia do Surf Galego: As primeiras Surfshops
Luns, 16 Abril 2012 00:00

Non queremos deixar pasar este interesante artigo de Jesús Busto publicado no seu blog no cal podedes ler a historia das primeiras tendas de surf en Galiza que abriron a finais dos anos oitenta e principios dos noventa.

Tendas de surf míticas desaparecidas como Aquasurf, Kowabunga, Yuyuba, Okena ou Novalbos, a única tenda que permanece aberta na actualidade.

Ler máis...
 
Finais do Campionato de Patos 1990 [VIDEO]
Venres, 27 Xaneiro 2012 00:00

Aquí tedes a terceira entrega do primeiro campionato de surf Trofeo Concello de Nigrán organizado na praia de Patos por Frus e Novalbos.Neste vídeo tedes as semis e as finais con moitos míticos riders galegos daquelas datas. A voz de Carlos Riera soa pola megafonía e é unha parte importante neste documento histórico do surf galaico.


Ler máis...
 
Iº Trofeo Concello de Nigrán de Surf 1990 [VIDEO]
Xoves, 15 Decembro 2011 00:00

Novalbos - Decembro de 1990, despois de varios adiamentos por fin Pemán confirma que entra forte marusía e así poder levar a cabo o "I Campionato de Surf Trofeo Concello de Nigrán" na praia de Patos organizado polas inesquecibles táboas Frus e os seus creadores Kike Frus e Pedro Pinies e Pedro da tenda de surf Novalbos. Non se concibía un campionato que non fóra no Pico de Monteferro, no medio de Patos non se surfeaba e Prado considerabámola de pouca calidade como para facer o primeiro campionato de surf, por iso tiveron que esperar case un mes ata que por fin entraron boas ondas no Pico.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>

Páxina 2 de 4

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: