Xoves, 15 Decembro 2011 00:00 |
Novalbos - Decembro de 1990, despois de varios adiamentos por fin Pemán confirma que entra forte marusía e así poder levar a cabo o "I Campionato de Surf Trofeo Concello de Nigrán" na praia de Patos organizado polas inesquecibles táboas Frus e os seus creadores Kike Frus e Pedro Pinies e Pedro da tenda de surf Novalbos. Non se concibía un campionato que non fóra no Pico de Monteferro, no medio de Patos non se surfeaba e Prado considerabámola de pouca calidade como para facer o primeiro campionato de surf, por iso tiveron que esperar case un mes ata que por fin entraron boas ondas no Pico.
|
Ler máis...
|
Luns, 17 Outubro 2011 00:00 |
Dende o blog de Jesús Busto copiamos e pegamos un poster dos primeiros campionatos de surf galegos celebrado na praia do Orzán en 1990 a primeiros de Outubro.Temos que destacar o traballo que fai no seu blog Desdelacroa no que podedes atopar interesantes artigos nos que fala das orixes do surf galego e os primeiros riders de Ferrolterra.

|
Ler máis...
|
Xoves, 25 Agosto 2011 00:00 |
Aquí tedes unhas imaxes da primeira revista de surf que enviou a un fotógrafo a facer unha reportaxe sufeira a Galicia. Foi en 1994 e o encargado da reportaxe, Javier Amezaga, percorreu a nosa costa afotando aos que serían os pioneiros do surf en moitos picos da nosa cosa, xente como Hugo Chas, Pedro Novalbos, Chico Torreiro, Kiko Sequeiro, Dani Souto e outros máis...

Artigo da revista de surf 3sesenta
|
Ler máis...
|
Sábado, 19 Marzo 2011 11:11 |
Que Pasa Na Costa - A cita máis antiga onde aparece escrito o nome de Costa da Morte é do 10 de xaneiro de 1908, cando a escritora inglesa Annette Meakin deixa constancia no seu diario ao arribar á Coruña que se atopa nos que os mariñeiros denominan “Coast of Death”. É a referencia máis antiga, anterior mesmo ás primeiras en castelán e en galego, das que dispón a Real Academia Galega.
Fala de Finisterre como un dos extremos do Imperio Romano, coñecido como “The End of the Earth” ou “Celtic promontory”. De naufraxios en 1907, ano de 12 sinistros, entre eles o inglés Denewill en Fisterra, o 6 de xullo. O seu erudición e coñecemento da nosa historia é asombrosa. |
Ler máis...
|
Domingo, 22 Agosto 2010 00:00 |
Jesús Busto - De entre todos os protagonistas dos inicios do surf en Galiza, un asturiano, Félix Cueto, ten a honra de ser a primeira persoa, da que se ten constancia, que surfeou nas nosas augas. E iso, cunha das primeiras pranchas fabricadas no Estado, construída por el mesmo. A súa imaxinación e xovialidade foron fundamentais non só para a xerminación do surf na nosa comunidade, senón tamén na súa consolidación, ao arrastrar co seu entusiasmo a outros na práctica deste deporte. 
Felix Cueto
|
Ler máis...
|
Luns, 19 Xullo 2010 00:00 |
A primeiros de xullo a xente de Pukas e Artsurfcamp organizaron unha mostra de pranchas de surf. Houbo pranchas vellas ata as máis modernas e tamén fixeron unha proxección de fotos e test na auga no que puideron gozar de multitude de sensacións que só provocan estas pranchas antigas.
|
Ler máis...
|
Venres, 07 Maio 2010 07:37 |
Jesús Busto - O descubrimento de Campelo contado por Carlos Bremón e Jorge Imbert. Fotografa de Willy Uribe: Jorge Imbert entubándose no seu primeiro baño en Campelo. 1987. 
|
Ler máis...
|
Venres, 19 Febreiro 2010 01:00 |
Desde la Croa - Un día na casa, revolvendo nuns caixóns, atopei unha foto que automaticamente fixo que me viñesen á cabeza mogollón de recordos e sensacións. A foto era do mítico “O Camallón”, no Orzán, A Coruña. 
|
Ler máis...
|
Domingo, 03 Xaneiro 2010 01:00 |
Desde a Croa - O estendido da parafina sobre a prancha, ademais do seu claro carácter práctico, supón un dos rituais propios do mundo do surf. Este ritual, previo á entrada á auga, e coa vista posta na rompiente, adoita prolongarse máis e máis en función do grandes que sexan as ondas. O movemento rítmico do brazo deslizando a pastilla de parafina, a concentración dese momento, convértese no prólogo á entrada noutro mundo. O do mar e as súas ondas. 
|
Ler máis...
|
Venres, 02 Outubro 2009 09:41 |
No blog de OgrobeSurfing atopamos esta fermosa estampa da praia da Lanzada nos anos 60/70. Natureza virxe e praias salvaxes que moitos de nós non puidemos coñecer. Se tedes fotos antigas de praias galegas, enviademas e serán publicadas na web. 
Foto: Daniel Domínguez Iglesias e a foi sacada a mediados dos 70
|
Domingo, 27 Setembro 2009 16:51 |
Desde la Croa - Habendo outras praias mellor comunicadas e máis populares, sen dúbida máis dun preguntouse algunha vez, por que organizar unha proba do circuíto mundial en Pantín?.

O impulso orixinario naceu fai 22 anos, cando o surf, xa enraizado como deporte en Galiza era unha pequena criatura en crecemento. En 1987 non existía ningún clube, ningunha tenda e menos un campionato relacionado co noso deporte. Foi así como, coa idea de cubrir este baleiro, nacían case ao unísono o Océano Surf Clube, a tenda Aquasurf e o Pantín Classic, este último cun reto: organizar un evento que se puidese equiparar ao que por aquel entón xa existía en Francia, California, Australia ou Hawai. Ondas non nos faltaban.
|
Ler máis...
|
Xoves, 13 Agosto 2009 01:00 |

Desde la Croa - Unha das grandes incógnitas e polémicas que seguen abertas da historia do surf, e que mesmo valeu para un artigo no periódico Los Ángeles States, é a de quen foi o responsable da invención dos traxes de neopreno. Bob Meistrell, xerente da marca Body Globe, di que o inventor foi el. O lendario Jack Ou´Neill tamén di que foi el. E por último, Hugh Bradner, un físico da universidade de Berkeley, é quen se atribúe a invención, cualificando a Bob Meistrell e Jack Ou’Neill como homes de negocios que souberon explotar comercialmente o seu invento. A verdade é que polo menos o primeiro en patentar a idea foi Jack Ou´Neill quen no ano 1971 patentou os traxes de neopreno para surf, ademais doutras pezas como un traxe de foam e a chaquetilla de surf. |
Ler máis...
|
|