Xoves, 06 Agosto 2009 17:36 |

Desde a Croa - A finais dos anos 50, o francés Georges Hennebutte desenvolve o que en francés se denominou a “chevillére”, que aos poucos meses da súa aparición pasou a denominarse “fil á patte” (amarre). Inicialmente esta innovación non foi aceptada polos surfeiros máis puristas que querían que o surf seguise sendo fiel ás súas orixes, coas mínimas interferencias. Durante moitos anos foi utilizado unicamente polo sobriño de Georges Hennebutte, Claude Durcudoy.
|
Ler máis...
|
Martes, 05 Maio 2009 16:02 |
DesdelaCroa - No ano 1959 o millonario peruano Carlos Dogny funda o Waikiki Surf Club en Lima, Perú. O 4 de outubro de 1959 sae del a idea de crear o primeiro club de surf en Europa, o Waikiki de Biarritz. En Galicia o primeiro club de surf créase en novembro de 1.987. Vicente Irisarri, Carlos Bremón, Gonzalo Varro, Carmen Aguilar e Fernando Montalvo, foron entre outros, os que decidiron polo en marcha. Nacía o Océano Surf Club.
|
Ler máis...
|
Martes, 14 Abril 2009 10:13 |
Felix Cueto, 1963.
Jesús Busto - Antes de 1967 en Galicia xa xogabamos coas ondas. O deslizamiento xa se practicaba nas nosas costas antes da aparición do surf. Pódese dicir que case desde o principio dos tempos os pescadores utilizaron as ondas para entrar en porto os días de temporal. Non é iso surfear? Máis tarde, xa a principios do século XX, os bañistas apuntáronse a nadar nas ondas. Aparecían tamén neses anos os primeiros dispositivos para mellorar o deslizamiento corporal. Despois chegarían as táboas. |
Ler máis...
|
Xoves, 19 Marzo 2009 11:45 |
Eiquí tedes outro video do campionato do mundo de hai 10 anos na praia de Pantín.
|
Ler máis...
|
Venres, 13 Marzo 2009 21:10 |
Atopamos este video no Youtube dunha sesión en Valdoviño e Campelo no ano 1998 e non está nada mal. Boas ondas e boa música. Disfrutadeo!
|
Ler máis...
|
Mércores, 28 Xaneiro 2009 13:33 |
Seica o surf en alaia, antigo xeito hawaiiano de surfear está regresando ás costas de Australia e California. Neste vídeo publicado ai uns días mírase ben a dificultade de surfear con este tipo de prancha.
|
Ler máis...
|
Martes, 04 Novembro 2008 18:23 |
Willy Uribe - En 1990, cando a revista Marejada Surf aínda tiña algo de pulso, solicitei a Carlos Bremón, pioneiro do surf galego, que escribise un texto sobre os seus comezos no surf. Eu sabía que ese texto sería unha descrición da orixe do surf en Galicia, e así foi. Pero o caso é que o texto de Carlos, escrito con elegancia e a máquina nuns folios xa un pouco amarelos, pasou ao meu arquivo... e alí estivo até hoxe mesmo. Transcribo o texto de Carlos tal e como el escribiuno. Creo que é unha pequena xoia da historia do noso surf. Fará xa dezanove anos no próximo verán, cando un asturiano estudante de Náutica, Félix Cueto, trouxo por primeira vez unha táboa a Galicia, á Coruña. Eu, que por aquel entón traballaba nun banco, tiña un compañeiro que empezou a falarme do entusiasmado que estaba cun novo deporte chamado surf. Díxome que coñecía a unha persoa que vivira en Venezuela e que se trouxo de alí unha táboa de surf, que entón repousaba na escuridade dun garaxe. Podemos pedirlla e probar. ¿Que che parece? A circunstancia de que eu fose un bo nadador creo que foi a decisión para elixirme como compañeiro de viaxe. |
Ler máis...
|
Mércores, 10 Setembro 2008 16:19 |
No ano 1778, o capitán Cook e os seus barcos, o HMS Discovery e o Resolution, fixeron a primeira visita rexistrada de europeos ás illas de Hawaii. Eles detiveronse na illa máis occidental no seu camiño dende Tahiti cara a costa oeste de Norte América.
Despois de fracasar no seu intento de atopar unha canle que comunicase o pacífico norte e o atlántico, Cook levou os seus barcos ao arquipélago das Hawaii e parou na illa máis grande. alí, na bahía Kealakekua, o capitan Cook atopou a morte cando tentou secuestrar ao xefe local pra forzar a devolución dun barco roubado. |
Ler máis...
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>
|
Páxina 4 de 4 |