Barrañan 1975 ou iso creo - Jesús Busto [VIDEO] |
Venres, 22 Abril 2016 08:40 | |||
Jesús Busto - Poida que este sexa un deses casos. Estou case seguro que as imaxes foron gravadas na praia de Barrañán (seguro que algún local identifica o lugar con total seguridade). Polo menos é o que me gustaría, xa que de ser así, e dado que as mesmas son dun campionato, case con toda probabilidade corresponderíanse co I Campionato Galego de Surf celebrado nesa praia no 19 de outubro de 1975. As condicións que ven no vídeo parecen confirmalo, xa que as crónicas da época falan dun día con ceo despexado, vento suave do noroeste e unha lixeira ondada de fondo con predominio das esquerdas, tal e como aparece nas imaxes. Entre os surfeiros identifico con facilidade a Carlos Bremón, que foi o gañador, seguido de David Veciño, Luís Pena e Fernando Adarraga. Tamén a Rufino en labores de organización. Artigo completo en: http://desdelacroa.blogspot.com.es/2016/04/videos-barranan-1975-o-eso-creo.html {fcomments}
|