Xoves, 12 Xullo 2018 16:23 |

Estes días a auga das Rías Baixas e costa norte de Portugal acadou temperaturas máximas que mesmo superan os 20ºC polo que xa podes surfear en 3x2 tranquilamente. A zona da Mariña lucense tamén conta con boas temperaturas no mar e auga morna de 17ºC. |
Ler máis...
|
Xoves, 31 Agosto 2017 19:08 |

A cuarta edición do Festival Internacional Mar de Mares celebrarase na Coruña entre os días 19 e 24 de setembro de 2017 cun completo programa de actividades que se prolongará durante o tempo que as súas exposicións permanezan abertas, ata o 19 de novembro. O festival é un evento multidisciplinar, unha celebración en torno ao mar que ten como obxectivo sensibilizar e inspirar á comunidade na protección dos océanos. Máis de 20 actividades para todos os públicos ao redor da conservación dos mares e a súa importancia nas nosas vidas: exposicións, obradoiros, proxeccións, encontros, concertos, storytellings, visitas intermareais e o xa tradicional Mercado do Mar, que terá lugar os días 23 e 24 de setembro.
|
Ler máis...
|
Luns, 14 Agosto 2017 12:31 |
Xa podes colaborar na campaña de apoio ao proxecto "La Ola Perfecta", un comic dixital de 12 páxinas e a toda cor, froito da colaboración entre Surf And Clean e Surf&Comics. Os objetixos do proxecto son:
- Axudar a dar a coñecer o problema que xeran os nosos residuos no mar
- Transmitir cultura de surf
- Incentivar á comunidade surfeira a colaborar activamente na defensa do mar.
Surf And Clean é unha asociación sen ánimo de lucro que loita por un mar sen lixo. Surf&Comics é un proxecto artístico liderado por Maxi González. Cómics e ilustraciones sobre surf.
|
Ler máis...
|
Martes, 28 Febreiro 2017 10:40 |

Hoxe recibimos un novo golpe de mar con ondas de 5 a 7 metros na costa galega con periodo alto de 18 segundos pola mañá e baixando a 16 segundos pola tarde. Vento forte do Oeste con refachos superiores aos 40 km/h. Preamar ás 17:00 aproximadamente. Tede coidado se saídes a procurar ondas. |
Ler máis...
|
Xoves, 02 Febreiro 2017 09:05 |

Hoxe imos recibir pola tarde o maior golpe de mar no que vai de ano con ondas de ata 11 metros na costa Atlántica e ata 7 metros na Mariña Lucense. Os ventos van acadar rachas que superan os 100Km/h con fortes chuvias e precipitacións. Se pensades ir a surfear tedes coidado nos desprazamentos en coche por mor do mal estado das estradas e tamén. |
Ler máis...
|
Martes, 31 Xaneiro 2017 09:01 |

Por fin recibimos o primeiro temporal do Inverno con previsións de ondas de 8 e 9 metros para o xoves e venres con ventos fortes do sur. Como podedes ver nestas imaxes o mar non vai parar de subir ata a fin de semana e imos poder surfear nos spots máis resgardados da nosa costa. Debaixo tedes unha explicación do que vai acontencer grazas a Meteovigo.
|
Ler máis...
|
Luns, 11 Abril 2016 21:34 |

Na actualidade a Surfrider Foundation conta con máis de 10.500 membros por toda Europa que fan posíbel o seu traballo grazas as súas doazóns e aportacións económicas. Grazas a todas estas persoas existe un forte movemento de protesta que traballa pola saúde das costas e a protección do medioambiente e das ondas. Tristemente en Galiza non existe un grupo organizado que colabore con eles mais existen clubes e persoas que si colaboran en accións puntuais como limpezas de praias. |
Ler máis...
|
Xoves, 20 Agosto 2015 21:10 |
Non nos podemos queixar deste Agosto xa que estamos a piques de recibir o terceiro golpe de mar do mes e parece que o máis curto e potente con picos de ondas de ata tres metros na costa o Domingo ao mediodía. Vento forte do sul polo que tedes que buscar unha boa praia que funcione con esas condicións. O luns todavía poderemos aproveitar algo a primeira hora. 
|
Ler máis...
|
Martes, 17 Marzo 2015 08:02 |
Comezan as limpezas de praia das Iniciativas Oeánicas 2015 coa chamada pra limpar a praia de Arda no norte de Portugal e organizada pola Moving Up & Friends a realizar no dia 21 de Marzo a partires das 15:00 horas. Estamos xuntos, por unha praia limpa!
|
Ler máis...
|
Luns, 29 Setembro 2014 00:00 |
Este ano estamos a ter na costa galega a auga máis quente das últimas décadas superando nas Rías Baixas os 21ºC grados e polo tanto ideal pra surfear con bañador e licra.

Esquema circulatorio da corrente do Golfo. |
Ler máis...
|
Luns, 15 Setembro 2014 00:00 |

Esta semana arranca na cidade da Coruña o Festival Marea Alta, un encontro artístico, educativo e lúdico de celebración e preservación do mar, que vai celebrar a súa primeira edición. Marea Alta é un encontro internacional arredor do mundo mariño que quere celebrar a importancia dos océanos como fonte de riqueza e recurso natural imprescindíbel. Ademais, procura concienciar a institucións, empresas e cidadanía da necesidade da preservación do ecosistema mariño para garantir a súa sostibilidade. O Festival Marea Alta é un evento internacional e multidisciplinar que resalta a relevancia dos océanos na nosa vida cotiá e no que diversos creadores e expertos nos amosarán os últimos avances e creacións en campos tan apaixonantes como a pesca sostíbel, o fotoxornalismo, a gastronomía, a reciclaxe mariña, etc. Neste evento podedes visitar exposicións, obradoiros, proxeccións, encontros con artistas, científicos e representantes do sector industrial, debates, charlas e contacontos mercado, e actividades gastronómicas relacionadas coa contorna mariña. |
Ler máis...
|
Martes, 30 Abril 2013 19:29 |
Se estades interesados en mellorar os vosos coñecementos sobre o mare podedes asistir a este novo 'Curso de oceanografía aplicado ao surf' organizado polo Limosa Surf Clube en San Ciprián o vindeiro 11 de Maio na Casa da Cultura. Podedes apuntarvos en
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
ou no 687286419. |
Ler máis...
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>
|
Páxina 1 de 3 |