Domingo, 17 Marzo 2013 19:32 |
O vindeiro día 20 de Abril podedes asistir como alumnos do Curso de Oceanografía impartido por Tony Butt en San Ciprián e organizado polo Limosa Surf Clube. Prazas Limitadas. + info en:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
ou no teléfono 687286419.

Podes deixar o teu comentario en:
{fcomment} |
Martes, 06 Novembro 2012 00:00 |
Xa podedes colaborar nesta iniciativa pra lembrar a traxedia do Prestige na Costa da Morte o vindeiro mes de Xaneiro organizada polo artista mallorquín Martin Monjo. A acción que se pretende realizar é unha escultura formada por 80 papaventos como acto de recoñecemento a todas as persoas que colaboraron na limpeza do chapapote.

|
Ler máis...
|
Xoves, 21 Xuño 2012 22:19 |

A partires do 22 de Xuño até o 13 de Xaneiro xa podedes visitar no Museo Marítimo Ría de Bilbao a primeira exposición sobre a historia do surf na costa do Cantábrico e Galicia. Unha exposición fundamental pra entender o vieiro percorrido polo surf desde as súas orixes a principios dos 60, ata a actualidade, cheo de campionatos, tubos, ondas grandes e táboas de todos os tamaños e cores. |
Ler máis...
|
Luns, 17 Maio 2010 06:00 |
Hoxe publicamos unha información publicada no blog de Bodyboard Galego sobre a altura das ondas nas Rías Baixas dende xaneiro do 2006 ata decembro do 2009. Esta análise está feita cos datos das boias en alta mar e da os resultados do promedio semanal de altura, o promedio mensual de altura, comparando ano a ano e o promedio mensual de altura agregando os catro anos do estudo. 
|
Ler máis...
|
Mércores, 14 Outubro 2009 01:00 |
Meteogalicia.es ven de renovar a súa web de info metereolóxica e subir novas funcionalidades para facela máis interactiva. Agora podes editar a info da portada e personalizala segundo o lugar onde vivas. En SurfGZ xa incorporamos a previsión do tempo, a imaxe do satélite e a previsión de ondas na portada para que sempre esteas informado do que vai vir.

Preme nesta ligazón ou na imaxe para visitar MeteoGalicia.es
|
Martes, 27 Xaneiro 2009 13:38 |

O quecemento global está a afectar gravemente á vida dos océanos. Dous estudos déronse a coñecer hoxe nos cales implican a súbaa da temperatura global e ao cambio climático asociado tanto no perigo de desaparición dos arrecifes de coral como aparición de zonas mortas no océano. Os arrecifes de coral son moi importantes xa que albergan o equivalente a unha selva tropical no océano, ou sexa rexións onde a biodiversidade está no seu tope, e hai innumerables especies animais e vexetais que dependen deles. |
Ler máis...
|
Domingo, 18 Xaneiro 2009 12:52 |
A Sociedade Galega de historia Natural presenta unha xornadas sobre o medio mariño que se van celebrar en Ferrol durante o mes de Febreiro no salón de actos do Ateneo Ferrolán. Estas xornadas presentan diferentes actos como por exemplo:
- Exposicións fotográficas. - Presentación de videos. - Conferencias sobre o estado da Ría de Ferrol e a vida mariña. Dende SurfGZ animamos a xente a pasar por estas xornadas pra coñecer mellor o estado actual da nosa costa. |
Ler máis...
|
Martes, 23 Decembro 2008 19:46 |
Eiquí tedes A Memoria do Mar un novo proxecto de dixitalización de fotografías sobre o mar e as súas xentes. A cultura marítima galega é, sen dúbida unha das máis ricas de Europa. Nela converxen tanto o saber máis tradicional, onde a pesca, o marisqueo e a cabotaxe costeira conforman os seus principais alicerces, como as vinculacións marítimas con outros pobos e as navegacións transoceánicas. |
Ler máis...
|
Martes, 25 Novembro 2008 17:06 |
 Dentro dos nomes que o ser humano lles outorga aos sitios, os que se refiren aos accidentes da costa son dos máis singulares. A importancia que para se guiar no mar e localizar os sitios onde máis pesca había fixeron que se desenvolvese unha ampla toponimia neste sentido, dándolle nome a canto elemento puidese servir de referencia. Xosé Lois Vilar publicou recentemente, desde o Instituto de Estudos Miñoraos, a obra Talasonimia da costa sur de Galicia unha obra que amosa a riqueza e a variedade das denominacións deste ámbito. Agora, o autor explícanos o proceso de recolleita e as curiosidades destas denominacións. |
Ler máis...
|
Mércores, 01 Outubro 2008 12:53 |
As ondas de calidade teñen un enorme valor social e económico que é a miúdo subestimada polos dirixentes políticos e empresarios. A industria de surf representa vendas anuais de 8 mil millóns de dólares ao ano. O que unha vez foi considerado un deporte para vagos converteuse nunha importante industria. |
Ler máis...
|
Mércores, 17 Setembro 2008 09:48 |

A IFAW fai un chamamento para unha acción internacional urxente contra o ruído nos océanos.
A actual contaminación acústica dos océanos do mundo considera unha ameaza tan seria para os animais marítimos que unha acción internacional urxente debe ser tomada para responder a esta ameaza, segundo un informe alarmante de IFAW.
O informe, Ruído do Océano ( .pdf en inglés): avísanos dun crecente ruído artificial no mar - en particular producido por barcos, radares ultrasónicos e revisións sísmicas - interfire coa comunicación dos mamíferos marítimos, dramaticamente trocando o seu comportamento e perxudicando a súa saúde e ata matando a algunhas baleas e golfiños.
|
Ler máis...
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>
|
Páxina 2 de 3 |